GOLF na escola

Os nosos alumnos e alumnas de 5º de E.P. disfrutaron hoxe dunha clase de golf, dentro do programa XOGADE, nas instalacións do Real Montealegre Club de Golf

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

Aberto o prazo para solicitar:

-Fondo Solidario de Libros de texto: 3º e 4º de EP

-Axudas Libros de texto: 1º e 2º de E.P., Educación Especial, e Necesidades educativas especiais.

-Axudas Material escolar.

PRAZOS: Presentación de Solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

PUBLICACIÓN FONDO LIBROS:

Lista provisional: 25 de xuño

Lista definitiva: 28 de xuño

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

-Anexo I e II

-Copia do Libro de Familia ou documentación  equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio, deberan achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución  da custodia do /da menor.

PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia: SEDE ELECTRONICA

-Tamén se poden presentar de xeito presencial a documentacion correspondente na Secretaria do Centro (CEIP A PONTE). TF: 988783092

Toda esta información pode atoparse en: FONDO LIBROS

DOCUMENTACIÓN A DESCARGAR:

-Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto: AQUI

-Impreso de solicitude (anexos I e II): AQUI

TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar esta data no colexio tivemos esta seman dúas sesións de teatro para todo o colexio:

-O martes 14 de amio a compañía "Run Run Teatro" representou unha obra sobre a figura de Luísa Villalta co fin de achegar a homenaxeada polas Letras Galegas ao alumnado do noso colexio.

-O xoves tivemos o pracer de contar de novo no cole con Anxo Moure, escritor e contacontos, que estivo o xoves 16 coa sua "Fabrica Calzados Mosquera" para reivindicar "un xeito respetuoso e silandeiro de camiñar pola terra nai." (fai click na imaxe)

CORRELINGUA

O alumnado de 6º de EP participaron na edición 24 do Correlingua que se desenvolveu esta mañá na Praza Maior e no Auditorio Municipal de Ourense.

Esta é unha actividade que ten como finalidade concienciar ao alumnado e profesorado dos colexios galegos na defensa da nosa lingua.

O lema deste ano é: "Dende aquí até acolá; GALEGO XA!"

Houbo xogos populares na Praza Maior é un concurso de pancartas donde.... (preme na imaxe e escoita)...

Día Mundial contra o Acoso Escolar

O día 2 de maio celebrouse o Día Mundial contra o Acoso Escolar. O centro sumouse a este día e cubrimos a nosa entrada con  lazos azuis, simbolo deste día.

Galiciencia 2024

O alumnado de 6º de EP acudio onte aos talleres en charlas de Galiciencia 2024. Se premedes na imaxe poderes ver máis fotos de esta xornada.

Xornada de Educación Física en Castrelo de Miño

Xornada en Castrelo de Miño de piragüismo dragóns para o alumnado de 6º de E.P.

GRAZAS

O CEIP A PONTE quere dar as GRAZAS ás familias por colaborar na actividade do Mercadillo Solidario: un alimento por un libro.

A actividade foi un ÉXITO e dende Cáritas da Parroquia da Ponte, dannos as grazas  pola iniciativa levada a cabo.

Hoxe fixemos entrega dos alimentos recaudados.

Distribuir contido