Concerto Día da Paz 2016 con Paco Nogueiras

Co gallo do Día da Paz teremos con nos a Paco Nogueiras que, xunto a outras cancions, interpretara connosco a canción Apertas que voan.

Se queredes escoitar a canción do Día da Paz deste ano premede eiquí

Visita do Autor Joan Manuel Gisbert

O próximo luns, día 18, teremos con nós o Autor Joan Manuel Gisbert que ven a falar dos seus libros.

Podedes ver as imaxes deste encontro na sección Encontros con aut@r da Bibliopontiña. (preme eiquí para ver as fotos)

Menús

Actualización dos menús de novembro e decembro. (ver tamén sección comedor)

Magosto 2015

O martes día 10 de novembro celebramos no patio de infantil e primaria o magosto.

(preme nesta imaxe para ver un pequeno video da nosa festa)

Samain 2015

No colexio celebramos o Samain e podes ver clickando na imaxe os traballos que adornaban os corredores do colexio.

 

COMEDOR 2020-2021

 

ACTUALIZARASE PROXIMAMENTE A INFORMACIÓN RELATIVA AO COMEDOR

 

COMEDOR ESCOLAR  DEPENDENTE DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL.

O centro conta cun servizo de COMEDOR ESCOLAR de xestión indirecta dependente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación.

Ten concedidas 177 prazas para uso do alumnado.

A  capacidade do comedor é de 116 usuarios, razón pola cal o alumnado come en dúas quendas según o número que ocupe como resultado da baremación inicial, pero os 177 usuarios, sexa cal sexa a quenda na que comen, pertencen ao comedor da Consellería xestionado pola dirección do Centro.

O coste do servizo calcúlase en función da Renda e pode ser gratuito, 1 euro, 2,5 euros ou 4,50 euros.

Os menús de cada mes serán publicados nesta páxina e nas entradas do comedor.

Para calquera aclaración dirixirse á dirección do centro.

COMEDOR DA ANPA

Para o alumnado que non obtivese ningunha das 177 prazas  ou que precise un servizo esporádico ou discontínuo, ofértase o COMEDOR DA ANPA, que coincide en espazo e servizo coa segunda quenda do comedor da Consellería, coa diferencia de que o servizo é de pago en todos os casos (4,50 euros).

Para facer uso do comedor da ANPA débese contactar coa directiva da mesma a través do seu correo electrónico:

anpaceipaponte@gmail.com

O encargado é Javier.

EMPRESA DE CATERING

Continúa, durante o curso 2019-2020, a empresa "Restaurante Sala Grandín", con sede en A Estrada.

ENCARGADA DO COMEDOR

ESPERANZA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido