Secretaría
MODELOS DE XUSTIFICANTES E AUTORIZACIÓNS
Enviado por Manuela o 19 Septembro 2018 - 5:04pmAXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Ángel o 23 Maio 2024 - 9:40am
A consellería de Educación ven de convocar as axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-25.
Lexislación:Orde do 7 maio de 2024 (DOG 20 de maio de 2024)
Beneficiarios: - Fondo solidario de libros: Ado. que pasa a cursar 3º,4º,5º e 6º de E.P. (É imprescindible para acceder a este fondo a devolución dos libros do curso anterior no prazo correspondente: 24-27 de xuño) ( horario secretaría de 09:15 a 10:00). - Axudas para libros de texto: Alumnado de 1º e 2º de E.P. así como Alumnado NEAE. - Axudas para adquirir material escolar: Alumnado matriculado en Primaria.
Prazo de presentación: Ata o 21 de Xuño.
Como solicitar:
1. Preferiblemente de maneira Telemática:Entrando na aplicación Fondolibros e completando os diferentes apartados e presentándo a solicitude na Sede Electrónica. Unha por cada fillo. https://sede.xunta.gal/fondolibros
2. Presencial con asistencia da aplicación Fondolibros : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo. https://sede.xunta.gal/fondolibros
3. Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo en horario de secretaría (de luns a venres de 09:15 a 10:00h) O alumnado de 6º curso deberá entregar esta documentación no IES no que esté admitido para o próximo curso. O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
|
ABERTO PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA NO NOSO CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025 (IES CORUXO)
Enviado por Eva o 16 Xaneiro 2024 - 6:08pm
Reserva de Praza
Prazo: 15 xaneiro-5 febreiro
Solicitude: Anexo I (entregado ao alumnado pola titora)
Lugar de entrega: secretaría do noso centro, ÚNICAMENTE o alumnado de 6º de Primaria que vaia a cursar 1º da ESO no noso centro adscrito, IES CORUXO.
Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. Enlace.
O alumnado que vaia a cursar a ESO nun instituto distinto, solicitará a matrícula entre o 1 e o 20 marzo no centro desexado.
Máis Información: Enlace
|
XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por ElenaValle o 24 Maio 2023 - 8:48am
Publicouse no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023 a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023. A Presentación de solicitudes do alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA farase no centro escolar ou mediante a sede electrónica_Procedemento ED330B. O prazo de presentación remata o 21 de xunio de 2023.
Clicando neste pdf, podedes acceder ás instruccións: Instrucións fondolibros 2024-2025.pdf
|
LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.
Enviado por ElenaValle o 16 Maio 2023 - 4:13pm
Alumnado admitido por curso: - 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. - 1º E. Primaria: a alumna E.S.G. está pendente da decisión da comisión de escolarización, o presentar a solicitude fora de prazo. - 5ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos a documentación que tedes que traer ao centro, nesas datas.
Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web. |
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA: Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (para terapia en gabinete psicopedagóxico)
Enviado por ElenaValle o 16 Maio 2023 - 4:05pm
Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet. Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html Para cubrir a solicitude entra nesta ligazón:
Despois de cuberta a solicitude on-line, a familia ten que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos. Posteriormente a familia terá que entregar no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso). Prazo de presentación: ABERTO dende 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023 Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día.
|
LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.
Enviado por ElenaValle o 19 Abril 2023 - 11:13am
Alumnado admitido por curso: - 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. - 1º E. Primaria: a alumna E.S.G. está pendente da decisión da comisión de escolarización, o presentar a solicitude fora de prazo. - 5ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. As listaxes provisionais publicaranse o longo do mes de maio. O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos a documentación que tedes que traer ao centro, nesas datas.
Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web.
|
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024
Enviado por ElenaValle o 5 Abril 2023 - 3:39pm
Iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024.
PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA Prazo: 11 xaneiro-8 febreiro Solicitude: Anexo I Lugar de entrega: secretaría do noso centro Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia realizar 1º da ESO no curso 23-24 no noso centro adscrito, o IES Coruxo. Deberán entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado. Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. ENLACE O alumnado que estea actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automaticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.
SEGUNDA FASE: NOVA ADMISIÓN Prazo: 1-20 marzo Solicitude: Anexo II Lugar de entrega: O centro de destino Esta segunda fase vai dirixida ao: - Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo. - Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio. - Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos)
Nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión. MAIS INFORMACIÓN: |
LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO.
Enviado por ElenaValle o 8 Xullo 2022 - 4:07pm
PREMA NO ENLACE PARA VELO: -LISTAXE DEFINITIVA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DO CURSO 2022-2023 Podedes pasar a recollelos dende hoxe venres ata as 13:30h. E tamén, na vindeira semana, os días 11, 12, e 13 de xullo, en horario de 10:00h a 13:30h.
|
LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO LIBROS CURSO 2022-2023
Enviado por ElenaValle o 2 Xullo 2022 - 11:01am
PREMA NO ENLACE: -LISTAXE PROVIXIONAL ALUMNADO DE PRIMARIA ADMITIDO- CURSO 22-23 -LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO DE PRIMARIA EXCLUIDO CURSO 2022-2023 No taboleiro do centro poden consultar tamén as listaxes,e é posible consultar esta información na aplicación Fondolibros, mediante o uso da chave 365 ou con certificado dixital. O mércores 6 de xullo publicaranse as listas definitivas e poderán pasar a recoller os vales os días 11, 12 e 13 de xullo en horario de 10:00h a 13:30h. Calquera dúbida pode ser consultada a través do: - correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es - teléfono do centro: 886 120 271 |