ADMISIÓN ALUMNADO 2017-18
Enviado por Ángel o 13 Febreiro 2017 - 3:44pm
Enlace a aplicación “admisionalumnado” onde se poden cubrir os formularios normalizados ED550A e ED550B: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado Pódese consultar toda a información no seguinte enlace da Xunta: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_gl.html
Se desexa saber se o noso centro lle corresponde por zona prema AQUÍ O noso centro é a ZONA 11. |
Programa PROA
Enviado por Anónimo o 2 Febreiro 2017 - 6:00pm
PROGRAMA PROA En breve comenzaremos no cole co programa PROA
O programa abrangue dende mediados de febreiro a mediados de xuño, en horario de 4 a 6 da tarde os martes e os xoves. O programa pretende: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades; axudarlle na súa integración social e facilitar a continuidade na progresión da acción educativa. Este ano será un grupo composto por alumnado de 4º e 3º de ed. primaria. O centro seleccionará entre o alumnado destes cursos aos nenos e nenas que formarán o grupo definitivo. Serán o que mais o precisan entre todos os que se propoñen ou solicitan en inicio. Convocarase en breve ás familias dos alumnos e alumnas escollidas para una reunión inicial, antes de comenzar as clases, para anunciar o día de inicio, presentar o programa, coñecer ao profesor/a que atenderá ao grupo e clarificar as condicións do programa. |
DIA DA PAZ 2017
Enviado por Manuela o 1 Febreiro 2017 - 9:36pm
|
AMIGO DIEGO
Enviado por admin o 29 Xaneiro 2017 - 6:35pm
Lembramos neste Día da Paz ao noso amigo Diego Freiría, vencellado ao colexio para sempre. Con agarimo e agradecemento. |
NADAL 2016
Enviado por Manuela o 22 Decembro 2016 - 8:34pm
Queremos agradecer a todas as familias e alumn@s a participación nas actividades levadas a cabo esta semana con motivo da festividade do Nadal. Grazas ao esforzo de todos e todas, adornamos o colexio con preciosos elementos navideños, reunimos alimentos para a xente necesitada e desfrutamos dun estupendo momento de convivencia o venres pola mañán cantando panxoliñas e comendo doces navideños.
Esa mesma mañán os nenos e nenas, coma anos anteriores, recibiron a visita do Paxe Real e desfrutaron dun espectáculo de Títeres organizado pola ANPA e representada pola compañía A Xanela do Maxín. E a modo de sorpresa algúns dos alumnos e alumnas do colexio levaron a cabo unha pequena pero magnífica representación teatral.
Estas foron as panxoliñas cantadas este ano: “Te regalo una sonrisa”(castelán) “Coming down the chimney” (inglés) "Vinde galeguiños, vinde” (galego).
BO NADAL E FELIZ 2017
|
Outono en Tintureira
Enviado por Marga o 29 Novembro 2016 - 9:33pm
A CONTINUACIÓN PRESENTÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NA ESCOLA DURANTE ESTE TRIMESTRE.
O SAMAÍN
CONTOS DE MEDO
O MAGOSTO
|
BECAS e AXUDAS para apoio psicopedagóxico
Enviado por Anónimo o 29 Septembro 2016 - 1:19pm
Ampliación do prazo de presentación de solicitudes das axudas ANEAE:
Por resolución del Secretario de Estado de Educación, F.P. y Univ. de 27 de septiembre de 2016, se amplía el plazo de presentación de solicitudes de la convocatoria da ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso 2016-2017 hasta el día 6 de octubre inclusive.
|
LISTA MATERIAL 1º e 2º DE PRIMARIA
Enviado por Manuela o 7 Septembro 2016 - 1:42pm
As familias do alumnado de Primeiro e Segundo e curso de Primaria poden consultar no seguinte enlace a lista de material para o próximo curso 2016/2017. |
Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo.
Enviado por Ángel o 6 Septembro 2016 - 9:31am
para alumnos con necesidade específica de apoio educativo
Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet dende esta ligazón: Despois de cuberta a solicitude teñen que imprimila, asinala e levala ao gabinete psicopedagóxico para que a cubran e selen. Esa documentación tramitarase dende o Departamento de Orientación coa inspección educativa. O PRAZO DE RECEPCIÓN DA DOCUMENTACIÓN NO COLEXIO REMATA O DÍA 29 DE SETEMBRO. Para evitar complicacións, por favor non agarden ata o último día. |
Recollida Historiais Académicos
Enviado por Ángel o 1 Septembro 2016 - 8:19amAs familias dos alumnos/as que promocionaron a 1º da ESO o pasado curso académico 2015-16 poden pasar a recoller os Historiais Académicos durante a primeira semana de Setembro. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »