BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS SOLICITUDES DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS

Dende o Departamento de Orientación querémosvos informar que aquelas familias que desexen solicitar unha Beca para cubrir os gastos da atención aos seus fillos en centros externos ao Colexio deberán cubrir a solicitude a que se accede a través da ligazón:

 

ENLACE AO SERVIZO ONLINE

Unha vez dados de alta deberán cubrir os datos familiares e profesionais que se soliciten e levalo ao Centro Privado onde queren que o alumno/a sexa atendido durante o curso. Este centro a vez cubrirá parte da documentación.

 

Unha vez feitos estos pasos deberá remitirse toda a documentación xunto cos informes médicos e DNI de todos os membros da unidade familiar ao Departamento de Orientación para a súa xestión.

 

O prazo remata o día 27 de setembro polo que rogamos non deixen estas xestión para o último día entendendo ademáis que o departamento de orientación atende  os días 3, 5 e 7 de setembro e durante as seguintes semanas os mércores dende as 12:30 ata as 14:30, e xoves e venres de 9:15 a14:15.

LISTAS DEFINITIVAS BENEFICIARIOS FONDO DE LIBROS 18-19

Publicamos as listaxes definitivas dos alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria beneficiarios do Fondo de Libros para o curso 2018/2019.

 LISTAXE ADMITIDOS FONDOLIBROS

 Os libros de texto serán entregados aos alumnos/as polo titor/a unha vez iniciado o curso escolar.

Lembrámoslles que as persoas que teñan algún vale sen recoller deberán pasar na primeira semana de setembro a recollelo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017/2018

Despedimos o curso 2017/2018 cos vídeos do festival de fin de curso.

Os nenos e nenas interpretaron coreografías coas cancións máis votadas polas familias, e o resultado foi un festival moi marchoso e emotivo, xa que, unha vez máis, e con moita mágoa, tivemos que despedir a unha nova promoción de 6º curso.

 

INFANTL 3 ANOS

 

INFANTIL 4 ANOS

 

INFANTIL 5 ANOS

 

 

GRADUACIÓN INFANTIL 5 ANOS

1º CURSO

 

2º CURSO

 

3º CURSO

 

4º CURSO

 

5º CURSO A

 

5º CURSO B

 

6º CURSO

 

6º GRADUACIÓN

 

O CLAUSTRO DO CEIP A PAZ-TINTUREIRA

DESEXÁVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS!

VÉMONOS DE NOVO O 12  DE SETEMBRO!

LISTAS DE LIBROS 2018/2019

 

Presentamos a lista de libros para o  curso académico 2018-2019. 

Prema no enlace correspondente.

 

LISTA LIBROS ED INFANTIL

LISTA LIBROS ED PRIMARIA

O RECHOUCHÍO Nº 16

Rematado o curso escolar 17-18 presentamos a nosa revista escolar "O RECHOUCHÍO", promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa participación de todos os cursos do colexio.

Xa vai polo nº16 e nesta ocasión convértese nunha revista musical.

Podedes ver as cancións premendo en cada un dos títulos que aparecen no índice debaixo da imaxe.

 

 

 

ÍNDICE;

                  

           

 

1. "A SAIA DA CAROLINA"( ED. INFANTIL 3 ANOS).

2. "NA BEIRA DO MAR"( ED. INFANTIL 4 ANOS).

3. "SEMENTAR SEMENTAREI"( ED. INFANTIL 5 ANOS).

4. "A RIANXEIRA"( 1º ED. PRIMARIA).

5. "O SACRISTÁN DE COIMBRA"( 2º ED.PRIMARIA).

6. "CORPIÑO XEITOSO"(3º ED.PRIMARIA).

7. "O TREN"( 4º ED. PRIMARIA).

8. "O GATO METIDO NUN SACO"( 5º ED. PRIMARIA).

9. "XOTA DA ERMIDA"(6º ED. PRIMARIA).

10."IMAGINE"(AULA DE INGLÉS).

11. "SEXTO DESPÍDESE". 

REUNIÓN FAMILIAS INFANTIL 3 ANOS

 

Convócase ás familias do alumnado de 3 anos do próximo curso 2018-2019 a unha reunión coa titora dos seus fillos e fillas na seguinte data e horario:

 

MÉRCORES 27 XUÑO ÁS 13 HORAS

 

ESTILOS MUSICAIS

 

 

 

A Meiga Tintureira quere compartir con vós unha escolma  dos estilos musicais a partir do S. XX

 

ENLACE

INVESTIGAMOS SOBRE A AUGA NA AULA DE 5 ANOS

Aquí unha mostra do noso proxecto de traballo realizado por tod@s uns expert@s na materia:

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2018

 

Dentro da semana da Celebración das Letras Galegas, o xoves día 10 tivemos unha xornada moi especial, desfrutamos sobre todo da música e do baile que lle adicamos a homenaxeada deste ano Mª Victoria Moreno. Non vos perdades unha mostra do día nos seguintes vídeos.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO

Os vindeiros días 23 e 24 de maio (mércores e xoves), terán lugar nos centros educativos galegos as probas de avaliación individualizada dirixidas ao alumnado de 3º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística e competencia matemática.

 

Máis información no DOG do 26 de abril de 2018onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.

Distribuir contido