CELEBRACIÓN ENTROIDO 2019

 

Benvidos á celebración do Entroido 2019!

Unhas marabillosas árbores de conto emerxeron no patio do colexio, e fabulosos personaxes percorreron este máxico bosque animados pola música e o baile.

Foi unha festa fantástica onde non faltou coma todos os anos a visita das familias, os desfiles, o xuizo e queima do Meco, e a xa nosa tradicional xornada gastronómica.

Agradecer ás familias que nos acompañasen ese día, e en especial á ANPA do colexio toda a súa colaboración, grazas a eles a organización da festa foi perfecta.

PREGÓN DO ENTROIDO 2019

XUIZO E SENTENCIA DO MECO 2019

ALBUM DE FOTOS

NOVAS ADMISIÓN ALUMNADO

   
   

Segundo o resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os casos de empate no proceso de admisión de alumnado 2019/2020 as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "E" e "C", así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "U" e "P".

 

Con respecto ao noso centro, lembrámoslles que o punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas.

 

ANEXO II (novo, curso 2019-2020)

MÁIS INFORMACIÓN

 

ADMISIÓN ALUMNADO: SOLICITUDE PRAZA NOVO ALUMNADO

Información importante se desexan solicitar praza no noso centro para o curso 2019/2010 

Que debo entregar:

. O anexo II (Cod. ED550B) cuberto e asinado.

  Poden descargalo AQUÍ ou presentalo en liña AQUÍ

. Fotocopia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar

Onde:

. Na secretaría do centro solicitado como 1ª opción.

En horario de mañá de 09.15h a 14.15h. Preferiblemente de 09:15 a 10:05. 

Cando:

O prazo abrangue desde día 1 ata 20 de marzo (os días 4,5,6 de marzo o centro permanecerá pechado, xa que son días non lectivos)

Que debo ter en conta:

. Cada alumno/a somentes pode entregar unha única solicitude, esta debe ser entregada no centro en que pretenda ser admitido en primeiro lugar.

. A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores ou polos representantes legais.

. No caso de separación, no que a patria potestade esté atribuída, con carácter exclusiva, a un deles, e preciso presentar ademais a resolución xudicial correspondente.

. No caso de familia monoparental, esta deberá acreditarse segundo o recollido no artigo 25 da orde de 12 de marzo de 2013.

. Para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), achegarase xunto coa solicitude, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición.

. Para a valoración da renda da unidade familiar, constará a cantidade que resulte da suma das casiñas da base impoñible xeral (392) e da base impoñible do aforro (402) da/as declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas (exercicio fiscal 2017).

. O punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas.

. Para saber se o noso centro lle pertence por zona prema AQUÍ. O noso centro é a ZONA 11.

 

Normativa de aplicación:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro
Orde do 12 de marzo de 2013 
Orde do 25 de xaneiro de 2017 

QUEN SOMOS

 

 

VACANTES CURSO 2019/2020

Educación Infantil

3 anos: 25 prazas (3 reservadas para alumnado con NEE)

4 anos: 6 prazas

5 anos: 9 prazas

 

Educación Primaria

1º curso: 4 prazas (3 reservadas para alumnado con NEE)

2º curso: 2 prazas

3º curso: 19 prazas

4º curso: 3 prazas

5º curso: 0 prazas

6º curso: 1 praza

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Celebramos este día recitando poemas e tamén escoitando algúns dos poemas de Rosalía musicados.

Preme na imaxe para ver un video onde os nosos nen@s de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria recitan poemas aos seus compañeir@s:

 

 Preme na imaxe para escoitar o poema "Adiós ríos, adiós fontes" versionado por Amancio Prada:

Nas aulas de primaria tamén se recitaron poemas e recordaron a súa biografía, obras e fragmentos da súa obra.

SAÍDA Ó TEATRO: BURBULLAS DE PAPEL

O luns visitamos o teatro por primeira vez neste curso con ganas de pasalo ben!!!!

VISITA SORPRESA!!!!

Os papis de Aixa trouxeron un formigueiro na clase, estivemos a experimentar coas nosas lupas xigantes, foi alucinante!!!

 

LA CAJITA DE MI VIDA

Na aula de 3 anos disfrutamos durante o 1º trimestre das visitas de todas as familias coa actividade "A CAIXIÑA DA MIÑA VIDA". Esta é unha mostra, esperemos que vos guste!!!!

CELBRACIÓN DÍA DA PAZ 2019

Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.

Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais.

O noso mural de centro  transformouse nun “Botámonos ao Monte pola Paz” decorado cos adornos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.

No ximnasio, xa que o bo tempo non nos acompañou, os nenos e nenas de 6º curso leron un manifesto pola paz e distintos poemas e citas sobre a Paz.

MANIFESTO POLA PAZ (6º Curso)

Finalmente cantamos todos xuntos tres cancións centradas na Paz, o Amor e a Amizade.

Como as familias nesta ocasión non puidestes asistir deixámosvos este vídeo sobre a celebración do día. Esperamos que vos guste!

 

“Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo”

Malala Yousafzai (Premio Nobel  da Paz 2014)  

Distribuir contido