FORMALIZACION MATRICULA NOVOS ALUMNOS CURSO 2019-20
Enviado por Ángel o 14 Xuño 2019 - 2:52pm
A formalización de matrícula para os novos alumnos do vindeiro curso farase entre o 20 e o 30 de Xuño.
Documentación a entregar:
- Documento de formalización de matrícula. ENLACE
- Anexo para o centro. ENLACE
- Autorización Imaxe alumno ENLACE - Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia da cartilla de vacinacións.
- Informe médico sanitario do pediatra en caso de intolerancias, alerxias ou enfemidades significativas.
- Catro fotos co nome e apelidos escritos na parte de atrás.
|
Revista escolar "O rechouchío" nº 17.
Enviado por Marga o 7 Xuño 2019 - 8:03pm
Estreamos a edición nº 17 da revista escolar "O RECHOUCHÍO", promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa participación de todo o alumnado, profesorado e ANPA do colexio. Nesta ocasión "Botámonos ao monte". Esperamos que vos guste!!!
|
Extraterrestres en Tintureira.
Enviado por Marga o 7 Xuño 2019 - 5:27pmTeatro: "O bosque doutro lado"
Enviado por Marga o 1 Xuño 2019 - 4:54pmOs alumn@s da clase de quinto, representaron no patio cuberto do noso colexio unha adaptación teatral dun dos contos gañadores no concurso literario de inverno, titulado "O bosque do outro lado" escrito por Lara de 5º de primaria.
Foi todo un éxito!!!
AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS
Enviado por Manuela o 21 Maio 2019 - 8:57am
|
CONCURSO PASAPALABRA
Enviado por Marga o 20 Maio 2019 - 8:44pmOs nen@s de educación infantil e primaria participaron no concurso PASAPALABRA durante a semana das letras galegas.
As preguntas foron sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas.
Aquí tendes aos gañador@s co seu premio, un pin-pandereita.
CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por Manuela o 16 Maio 2019 - 3:41pm
Hoxe celebramos o día das Letras Galegas no colexio, e comezamos coa visualización na biblioteca do sorprendente vídeo que realizaron un grupo de nen@s e profes do colexio, un traballo que nos deixou a tod@s abraiados. No seguinte vídeo os momentos desta celebración, que inclúe a exposición da biografía do autor Antonio Fraguas por parte do alumnado de sexto, recitado de poemas dos nenos e nenas de educación infantil, a entrega de premios do concurso literario, o himno galego cantado por todo o colexio e este mesmo himno acompañado á frauta polos nenos e nenas de sexto.
Un día das Letras Galegas para lembrar! Parabéns para tod@s!
|
ANTONIO FRAGUAS LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por Manuela o 16 Maio 2019 - 10:26am
Co gallo do día das Letras Galegas presentamos este vídeo como a nosa particular homenaxe á figura de Antonio Fraguas, á súa vida e obra, e ao importante papel que desempeñou como divulgador da nosa cultura.
|
LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
Enviado por Manuela o 15 Maio 2019 - 12:29pm
Xa poden consultar a lista definitiva dos alumnos e alumnas admitidos para o curso 2019/ 2020 Lembren que no mes de xuño deberán formalizar a matrícula dos seus fillos/as entregando a documentación requerida na secretaría do noso centro. Mantéñanse informados na nosa web.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »