blogue deElenaPena
A seguir contando, a seguir escoitando. A seguir desfrutando!
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 4:43pmNesta ocasión foron dúas compañeiras de 4º as que quixeron compartir con nós as vivencias de Malala e o seu lapis máxico.
Teatro e música en vivo.
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 3:34pmOs compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fomos a unha actuación de Mamá Cabra. Co título "Eu cociño, ti cociñas?" contáronnos e cantáronnos moitas cousas divertidas con ritmos pegadizos onde a cociña e as receitas son as protagonistas. Crema de cabaza, tomates recheos, ensalada de pasta, polbo á feira, filloas, pan,... A quen non lle apetecería un menú musical da maneira?
Botámonos ao monte... nos teus zapatos
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 3:25pmO lema deste curso veunos moi ben para amosar todo o noso apoio e sensibilización no día do autismo. E tódolos días!
As 3 Rs
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 3:17pmE vai un día e aparece unha camioneta no patio do cole. E, como nos picaba a curiosidade, alá que fomos mirar.
Que sorpresón!!! Nada máis e nada menos que nos topamos con Dinoseto e Dinosetiño que decidiron vir a amosarnos como Reducir, Reutilizar e Reciclar o lixo.
e, para seguir con esto da Reciclaxe, un científico un tanto peculiar visitounos na biblioteca.
Coa axuda dos Bolechas aprendemos moitas cousas sobre a Reciclaxe de aparellos electrónicos. E trouxo agasallos para todos e todas!
O Recuncho do Amor
Enviado por ElenaPena o 26 Marzo 2019 - 1:41pmNa biblioteca preparáronnos un Recuncho do Amor onde disfrutamos con lecturas en galego e castelán que sempre tiñan algo en común. Que sería?
Pois si, todas eran historias de Amor. En prosa, en verso, cómic,...
Amor entre ratiños, mozas, mozos, pingüíns, avós, papás e mamás, ...
O caso é que o disfrutemos! O Recuncho da lectura e o Amor, por suposto!)
DÍA DAS MULLERES
Enviado por ElenaPena o 26 Marzo 2019 - 1:34pmO Día da Muller celebrámolo por todo alto cunha exposición de retratos de mulleres importantes nas nosas vidas.
Tamén baixamos á biblioteca os nenos e nenas do ciclo que viñemos ao colexio ese Día a facer unha actividade moi interesante: "As mulleres secretas"
O Recuncho da poesía
Enviado por ElenaPena o 4 Marzo 2019 - 9:04pmDesfrutando dun novo Recuncho da Biblioteca
MATRIOSCAS
Enviado por ElenaPena o 21 Febreiro 2019 - 6:13pmMira ti o que era esa boneca con outra dentro, e outra, e outra, e outra... que tiñamos na casa!!!!!