3º Ciclo

Descubrindo Vigo

Ruta Coruxo- Xunqueira do Lagares

O alumnado de sexto de Primaria participou nunha actividade organizada polo Concello de Vigo, dentro do programa "Camiño a camiño", que consistiu nunha camiñata dende a escola ata a xunqueira do río Lagares. Durante o paseo tiveron a oportunidade de estudiar detidamente árbores coma o amieiro, salgueiro e o  vidueiro, así como observar no seu hábitat especies coma a garceta, a pita de auga ou o picapeixe. Foi esta unha actividade moi interesante que lles fixo descubrir a gran importancia ecolóxica deste lugar e a obriga que todo cidadán vigués ten de intentar preservalo.

Para curiosear

Días de convivencia en Allariz

O alumnado de 5º e 6º, xunto coas súas titoras, visitou a vila de Allariz. Alí, durante tres días, ademais de compartir xogos e risas, visitou os lugares máis interesantes desta vila: museos do xoguete, do coiro e do liño, un muiño, o festival de xardíns, o ecoespacio do Rexo e o santuario de Augas santas. Se queres ver imaxes da viaxe, preme na foto.

   Información sobre Allariz

Visita ao centro arqueolóxico do Areal (Salinae)

Sexto e a historia de Vigo

A visita a este xacemento adicado a produción de sal en gran escala polo método de evaporación permitiunos descubrir a importancia que tiña o Vigo romano nos primeiros séculos d.C.

A súa extraordinaria conservación axudounos a comprender moi ben  o funcionamento da industria do sal na época romana así como a coñecer a paisaxe existente na zona hai dous mil anos.

Fotos

EDUCACIÓN VIAL

VISITA AO CASTRO

Como en anos anteriores e, dentro da campaña de educación vial do Concello, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade no circuito de bicicletas do parque de O Castro.

Asesorados pola policía local, asistiron primeiro a unha actividade teórica e, despois, puxeron en práctica o aprendido. Polos seus comentarios, disfrutaron moito e aprenderon normas que descoñecían sobre a circulación en bicicleta.

Poderá obter información sobre esta campaña do Concello de Vigo, premendo na seguinte dirección:

http://es-es.facebook.com/pleducacionvialvigo

A viaxe dos alimentos

ALIMENTOS FRESCOS?


O alumnado de 5º e 6º participou nunha actividade práctica organizada pola Asociación "Amigos da Terra". Nela calcularon o percorrido en Km que realizan alguns alimentos dende o seu lugar de orixe ata os mercados.

Grazas a este cálculo, descubriron que é máis sano e tamén mellor para a saúde do planeta, o consumo de alimentos de tempada cultivados na nosa comunidade.

VIVIR EN IGUALDADE

Primeiro obradoiro de "Igualdade"

O alumnado de 6º de Primaria participou activamente no primeiro obradoiro do programa "Camiña con nós pola igualdade" organizado pola Concellería de igualdade" do Concello de Vigo.

Este obradoiro completarase con outros dous que terán lugar ao longo do curso.

Se queredes saber algo máis sobre este programa premede no logo

Visita de 5º ao Castro de Vigo

Os alumnos e alumnas de 5º curso de primaria visitamos o poboado celta do Castro de Vigo o pasado mércores 8 de novembro.

Foi unha visita moi interesante na que aprendimos moitas cousas dos nosos antepasados.

Mira esta reportaxe fotográfica:

Máis información:                 

 

VIAXAMOS A A CORUÑA

VIAXE FIN DE CURSO      A CORUÑA 2011

 Durante os días 2 e 3 de xuño, o alumnado de Terceiro Ciclo acompañado das súas titoras viaxou a A Coruña. Alí visitaron o Acuario, o Domus, a Casa das Ciencias e o Planetario. Tamén, aproveitando que o albergue estaba na localidade de Sada, fixeron un percorrido polo interior da fábrica de Sargadelos-O Castro. 

Se queres ver máis fotos preme no cadro de Lugrís.

Como vivían os nosos antepasados?

VISITA AO XACEMENTO DE O CASTRO

        Dentro do programa Vigo por dentro, o alumnado de 5º de  Primaria achegouse ao monte de O Castro para coñecer de cerca como vivían os habitantes de Vigo nos tempos nos que os romanos chamábanlle Vicus (aldea).

 
Distribuir contido