A VOLTA AO COLE SOLIDARIA

"A VOLTA AO COLE" CONTRA A LEUCEMIA 

         Parabéns a tod@s pola participación e esforzo na carreira solidaria “A volta ao cole”, para transmitirlle o noso ánimo a todos os peques enferm@s de leucemia e que pronto poidan volver ao seu cole. 

          Grazas a ANPA e ao comedor do cole pola súa colaboración. 

          Moitas grazas.

          

Samaín

 

SAMAÍN 2022

 

O venres 28 de outubro o noso colexio encheuse de arañas, morcegos, bruxas, vampiros e pantasmas...!

Celebramos o Samaín, esa festa tradicional Celta que conmemora o final das colleitas e marca o final de ano. Pero tamén é a noite na que as portas ao outro mundo se abren e deixan paso ás animas... Nós xa non lle temos medo a nada porque fomos deixándolle todos os nosos temores ao comemedos e el encargouse de zampalos todos!

Aí vai unha pequena mostra , desfrutádea.

 

UNHA CHEA DE ACTIVIDADES NA NOSA SEMANA DE SAMAÍN 2022!!!

 

      

 

    Nas aulas crearemos monstros, bruxas, pantasmas             -Unha caixa máxica preto da

  e decoraremos as portas, para converter o noso colexio         biblioteca, recollerá e desfará

  nun lugar terrorífico.                                                              todos os nosos medos.

 

 

 

 

      - Familias,tedes que decorar xuntos na casa unha cabaza,ou facer un boneco de follato. Ides             traelos o colexio o día 25 de outubro. A exposición estará ata o día 28 de outubro,que teredes         que recollelas vós, ou levaranas o alumnado para casa.

 

 

 

 

     

 - Alumnado de 6º de E. Primaria preparará contos de medo, que contarán vestidos para a ocasión,o día 28 de outubro ao resto do alumnado do colexio, nas súas aulas.

     -     Nas aulas, o día 28 de outubro,                             -O día 28 tamén virán disfrazados

 degustaremosas merendas incribles                          para gozar na nosa festa ATERRADORA!

 e arrepiantes, da nosa casa.     

                                    

E NO COMEDOR... UN ESPELUZNANTE MENÚ, CUN BREVAXE ARREPIANTE!!!

 

 

ASÍ FOI O "1º CONSELLO DE COMEDOR"

O pasado 20 de setembro, no comedor do noso centro, despois do recreo, reuníronse o Equipo de cociña e un grupo de alumnso e alumnas representantes dos cursos de 3º a 6º de Educación Primaria, para participar no 1º Consello de Comedor.

A idea foi proposta pola nosa cociñeira Libia ao Equipo Directivo, coa finalidade de facer ao alumnado partícipe da elaboración dos menús que se elaboran mensualmente. Así, escoitáronse as súas preferencias, que se presentaron atendendo ás directrices que fan tan especial ao noso comedor : variado, saudable e completo. E logo, decidíronse algunhas que conforman o menú deste mes de outubro:

  • Zume de laranza natural e outro día limonada.
  • Nachos con crema de queso do cebreiro.
  • Wok de polo e verduriñas.
  • Brócoli con ovo.
  • Peixe do día.
  • Lasaña de carne.
  • Pócema máxica de cabaza.
  • Morcegos piollosos.
  • Hamburguesa de porco celta.
  • Nuggets caseiros.
  • Minestra de verduriñas con garbanzos.
  • Tortilla de patacas con ensalada.

E por suposto, axudaron a conformar o menú do menú do mes de outubro: 

 MENÚ OCT 2022.pdf

Estes foron os participantes do  1º Consello de Comedor.

A RADIO GALEGA ENTREVISTOUNOS POLO COMEDOR DO NOSO COLE.

Fai uns días a radio galega no programa "A Tarde" entrevistou algúns membros da nosa comunidade educativa partícipes na xestión e uso do comedor escolar. No seguinte enlace podedes acceder ao podcast do programa:

 PODCAST PROGRAMA "A TARDE"

Enlace á web da radio galega

COÑECE Á NOSA ANPA E AS SÚAS ACTIVIDADES E PARTICIPA!

 

 - INFORMATE NOS SEGUINTES ENLACES:

CIRCULAR SEP ANPA 2022-INFORMACIÓN SOBRE COMO SER SOCIO, ACTIVIDADES QUE ORGANIZAN,....pdf

ASAMBLEA SEP_2022.pdf

- PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA ESTE CURSO (Información para apuntarse, nos enlaces anteriores).

 

DATAS DAS REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE TODOS OS CURSOS.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS- INICIO DE CURSO

CURSO 2022-2023

 

 As reunións serán na aula correspondente a cada curso. No lado esquerdo do edificio, están as aulas de 4º de Educ. Infantil a 2º de Educ. Primaria. No lado dereito do edificio, están aulas de 3º  a 6º de Educ. Primaria. As familias do alumnado de 6º A e B, terán a reunión xuntas, na aula de 6º A.

 

MARTES, 20 DE SETEMBRO:

        3º Educ. Primaria - 16:30h.

        4º Educ. Primaria - 16:30h.

        6º A e 6ºB de Educ. Primaria - 16:30h.  

         

MARTES, 27 DE SETEMBRO:

    4º Educ. Infantil - 16:30h .

         5º Educ. Infantil - 17:00h.

         6º Educ. Infantil - 17:00h

         1º Educ. Primaria - 16:30h. 

         2º Educ. Primaria - 16:30h.

         5º Educ. Primaria - 17:30h.

Calendario escolar 2022/2023

                          C.E.I.P. A PAZ TINTUREIRA - CURSO 2023-2024

 

ACTIVIDADES LECTIVAS:

  • Comezo de curso: 11 de setembro de 2023       
  • Remate de curso: 21 de xuño de 2024.

PERÍODOS NON LECTIVOS:

  • Nadal: dende o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.
  • Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.
  • Semana Santa: dende o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2024, ambos inclusive.
  • Días non lectivos: 12 de outubro (día da Hispanidade), 1 de novembro (día de todos os santos), 6,7, 8 de decembro (ponte da constitución, 7 día do ensino), 1 de maio (día do traballador/a). Días non lectivos confirmados:   13 de outubro e 20 de maio.
  • Remate do curso: 21 de xuño de 2024.

 

Distribuir contido