DÍA DA PAZ 2023

Este luns, día 30 de xaneiro, celebramos o Día mundial da Paz e da Non Violencia. Como de costume, fixémolo todos xuntos cantando  e reivindicando a Paz no mundo a través dun fermoso manifesto que leron os nenos e nenas de sexto. Este ano a canción elixida foi “Viva a xente!”

Previamente decoramos as paredes do colexio con dous murais  creados coa palabra PAZ escrita en varios idiomas e texturas.

Ademais, os nenos e nenas visitaron a Biblioteca do centro onde puideron acceder aos libros e contos expostos no recanto dedicado á Paz, e cuxa lectura complementouse con diversas actividades realizadas nas aulas.

 

 

 

Este ano os encargados de dar lectura ao manifesto foron: Efrén, Gabriel, Noelia, Gael, Xoel e Aarón. Parabéns rapaces!

 

XA TEMOS DATAS PARA AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

 

 

As familias que esteades interesadas en visitar e coñecer o noso centro, de cara a matriculación para o novo curso 2023-2024, podedes facelo nas xornadas de portas abertas, que serán nas seguintes datas:

            MÉRCORES 8 DE FEBREIRO de 16:00h. a 17:00h.

            MARTES 14 DE FEBREIRO de 16:00h a 18:00h

Agradecemos que nos chamedes por teléfono para confirmar a visita, coa finalidade de organizar a visita para atendervos mellor, ao número de persoas que desexedes vir. 

Tamén, vos invitamos a coñecer o funcionamento do noso centro a través dos diferentes apartados desta web, onde podedes acadar información sobre as nosas instalacións, servizos que ofrecemos e algunhas actividades que desenvolvemos. Así mesmo, deixamos a dirección dalgún dos nosos blogues de interese, onde podedes ver máis actividades que desenvolvemos co noso alumnado: 

- Blogue da biblioteca:

  http://meigatintureira.blog 

- Blogue de Dinamización da Lingua Galega

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapaz/?q=taxonomy/term/78

 

O prazo de entrega das solicitudes de admisión, será do 1 ao 20 de marzo. Poderase recoller a documentación necesaria para iniciar o proceso, na secretaría do centro. Ou facelo por vía telemática, a través da aplicación "admisionalumnado" da sede electrónica da Xunta.

 

Nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión, por se houbera algunha modificación.

MAIS INFORMACIÓN:  

 

www.edu.xunta.gal

 

Nadal 2022

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE TARXETAS SOLIDARIAS

 O alumnado de E.Infantil, 1º, 2º e 3º de E.Primaria participaron nun obradoiro de tarxetas solidarias para os nenos e nenas da aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro e para os maiores do Centro Residencial de Coruxo. Ambos quedaron moi agradecidos con esta iniciativa, e así nolo quixo transmitir a aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro a través da seguinte publicación, "Un contiño de Nadal".

 

 Máis información sobre esta actividade no blogue da Meiga Tintureira e no blogue da Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro. 

ARTIGO NO BLOGUE DA MEIGA TINTUREIRA

ARTIGO NO BLOGUE HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

ASÍ VAI SER A NOSA FESTA DE NADAL!!!

"GRAN FESTA DE NADAL"

XOVES 22 DE DECEMBRO

COA COLABORACIÓN DA ANPA

 

- TEATRO CODIA E MOILO CON "O APALPADOR E O SEU AXUDANTE"

(contratado pola ANPA)

De 10:00h. a 11:00h. o alumnado de Infantil a 2º de E.P. noa biblioteca do centro, e o alumnado de 3º a 6º no pavillón.

- VISITA DO PAXE REAL

De 11:00h. a 12:00h. o paxe Real visitará ao alumnado do centro para recoller as cartas e obsequiarlles cun pequeno agasallo.

- CAMPANADAS FIN DE ANO

Ás 13:00h. en infantil farase con 12 gusanitos e en primaria coas 12 uvas, que xa nos terá preparada a nosa ANPA.

- PANXOLIÑAS NAVIDEÑAS

Co alumnado de 3º E 4º de E.P. a panxoliña das "Campás" e con todo o alumnado de primaria cunhas panxoliñas en inglés.

 

 

ANIMÁDEVOS Á FESTA DO NADAL DA NOSA ANPA!!!

UN CONSELLO DE COMEDOR DIFERENTE!!!

Ante a imposibilidade de cadrar datas para o "III Consello de comedor", para preparar o menú de decembro, celebróuse un extraordinario á hora de comer.

  • Fíxose unha ronda por todas as mesas. 
  • Explicóuselle por que é importante non consumir amorodos nesta época do ano, polo impacto que supón traer a froita dende o outro lado do Atlántico.
  • Paseouse o calendario de verduras e froitas de tempada.

E coma sempre... tomouse nota dos antoxos dos nosos usuarios e usuarias de comedor:

  • Tenreira da Serra do Suído
  • Porco celta.
  • Canelóns.
  • Tacos.
  • Arandos.
  • Brócoli.
  • Xoubiñas
  • E chocolate con churros para despedir o ano.

E ademáis... zamburiñas, langostinos e navallas, que deixarémolas para o 22 se a sorte nos acompaña. SON XENIAIS!!!

MAGOSTO 2022

 

O venres 11 de Novembro tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto como se viña facendo fai uns anos no monte de San Miguel de Oia. 

Os alumn@s de terceiro ata sexto de Primaria subiron camiñando con moito ánimo e coa sorte de gozar dun día espectacular. Os nen@s de infantil, primeiro e segundo subiron en autobús. No monte xuntámonos tod@s; cantamos, xogamos, compartimos e comemos castañas asadas! GRAZAS a Ángel e a Pepe que non dubidou en vir botarnos unha man. 

Foi un día marabilloso de compartir risas, xogos, cancións e tempo sen presas.

Inauguración da Biblioteca

 A semana pasada recibimos a esperadísima carta da Meiga Tintureira. Nela convidábanos á inauguración oficial da Biblioteca para este curso 2022/2023. Alí vimos un vídeo onde nos presentaba o proxecto no que imos participar todo o colexio, este ano "Érase unha vez... a historia de ler". Como cada ano, o profe Luís que é moi amigo da Meiga Tintureira, axudou a facer este precioso vídeo. MOTAS GRAZAS PROFE!

 E tamén visitamos un novo recanto da Biblioteca con recursos e contos sobre o proxecto, que vai ir enchéndose ao longo do curso.

CANTO IMOS APRENDER!

Distribuir contido