En galego!

DÍA DA PAZ 2021

 

Unha celebración realmente importante: o Día da Paz...Sorriso

No noso cole, os rapaces e rapazas non podían pasar isto por alto e esmeráronse en facer desta data, algo moi especial. Traballaron para elo en adornos cos que decoraron as fiestras, e este foi o resultado. Agardamos que vos goste!!

 

 

Mirade cómo traballan @s nos@s nen@s:

 

 

 

 

E o esforzo, tivo a súa recompensa Guiño:

 

 

 

 

 

Mirastes algunha vez fiestras máis bonitas??SorrisoSorprendido

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E non podiamos rematar unha xornada tan importante sen que os nenos e nenas do cole manifestasen os seus mellores desexos de paz, armonía e felicidade. Ata o próximo curso!!

 

 

 

NADAL 2020

Ola, nenos e nenas e tamén familias. Temos preparada unha selección de actividades que se fixeron en Nadal e que van facer as vosas delicias. Aquí hai de todo: adornos, postais, panxoliñas, agasallos, bailes... Estade moi atent@s:

 

1. Adornos colgantes

os colgamos no patio cuberto. ¡Mirade qué chulo quedou!

 

 

 

2. Engalanamos o cole

Mirade qué árbore de Nadal tan grande e bonita! Tamén puxemos algúns adorniños polas aulas.Guiño

 

 

3. Baile e agasallos das nais da ANPA

As nais da ANPA alegráronnos a despedida cuns agasallos consistentes en turrón e napolitanas (MmmmmCansoCanso) e tamén nos fixeron un divertido baile. Moitísimas grazas!!

 

 

5. Postais de Nadal

E por suposto, non podía faltar o noso tradicional concurso de postais de Nadal nos que participaron os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria. Imos botarlle unha ollada!!

 

 Infantil 3 e 4 anos

 

 

 

Infantil 5 anos

 

 

 

Postais 1º e 2ºde Primaria

 

 Estes rapaces/as son uns artistas!!

 

 

 E  os gañadores/as son...Sorriso

 

 Zoe, de Infantil 4 anos:

 

Iria, de Infantil 5 anos:

 

Elías, de 1º de Primaria

 

 

e Noa, de 2º de Primaria

 

 

 Gustouvos o percorrido polo Nadal do noso cole? Pois o vindeiro ano... máis!!!Sorriso

 

Gañadores Concurso Literario de Inverno 2020

   

Como o prometido é deuda, os gañadores e gañadoras do concurso literario de inverno do curso pasado, cancelado debido á pandemia, foron estes días merecidamente agasallados.

 

Na sección "En Galego!" podedes atopar máis información . ENLACE

 

GAÑADORES/AS CONCURSO LITERARIO INVERNO 2019/2020

E velaquí temos aos gañadores/as do concurso literario de inverno do curso pasado. Mirade qué contentos/as están! 

Parabéns campións, e grazas por agardar o voso agasallo ata agora!Guiño

 

 

Aroa, de 4º A

 

 

Gael e Noel, de 4ºB

 

 

 

Xeira, de 5º

 

 

 

Emma e Sergio, de 6º

 

 

 

MAGOSTO 2020

 

O 13 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS "O MAGOSTO" NO COLEXIO. ESTE ANO, DEBIDO A SITUACIÓN QUE ESTAMOS A VIVIR FOI DIFERENTE, PERO NON FALTARON NIN A ILUSIÓN NIN AS CASTAÑAS.

PREME NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS INSTANTÁNEAS DA NOSA CELEBRACIÓN

           

MAGOSTO 2020

No CEIP Tintureira celebramos a festa do Magosto ao grande. Velaquí tedes algúns dos traballos realizados polos alumnos e alumnas do cole e un vídeo dos momentos máis emotivos vividos durante a celebración. Agardamos que vos goste!!

 

 

 

 

BENVIDOS AO NOSO SAMAÍN!!

E comezamos este curso escolar dándolle, coma sempre, a benvida ao noso especialísimo Samaín.

Acompañádenos neste percorrido, e o pasaredes de medo vendo o ambente terrorífico do cole. Agardamos que vos goste!!

 

 

Mirade...mirade a decoración do patio cuberto!

 

 

 

 

A que é chulísimo?? Pois aínda temos máis...Guiño

 

Os alumnos e alumnas de Infantil prepararon unha deliciosa merenda terrorífica!

 

 

 

Os rapaces/as de sexto curso de Primaria, contáronnos a todo o cole unhas historias coas que se nos puxeron os pelos de punta!Vergoña

 

 O conto de Infantil..."Qué hai detrás da porta?"

 

O conto para os nenos e nenas de primeiro curso de Primaria: "A miña profe é un monstro"

 

 

O de segundo de Primaria "Hai un pesadelo no meu armario"

 

 

O de terceiro curso: "Lobo feroz"

 

 

O conto de cuarto: "A bruxa regañadentes"

 

E o de quinto: "O noso Samaín"

 

 

Fíxose despóis unha proxección dos contos polas distintas aulas. Velaquí tedes a Infantil cinco anos. Gustoulles moitísimo o conto!! Guiño

 

 

E como broche final do noso Samaín, elaboramos un terrorífico vídeo de cabazas decoradas polas familias para unha festa tan especial. Desfrutádeo moitísimo e ata o próximo ano!!

"O RECHOUCHÍO" nº 18 CURSO 2019-2020

E velaquí tedes o número 18 da nosa revista escolar         "O Rechouchío". Este é un exemplar especial e emotivo debido ás circunstancias especiais que tivemos que vivir. Atoparedes  un Editorial cargado de sentimento e de bos desexos, actividades de ANTES e de DURANTE o confinamento... todo elaborado dende unha actitude positiva e a firme crenza na capacidade de superación do ser humano. Agardamos que vos goste!! 

PREME NA IMAXE!!!

 

                 

GAÑADORES/AS CONCURSO LITERARIO DE INVERNO

E ao fin temos aos gañadores/as do concurso literario de inverno. Debido ás circunstancias especiais que estamos vivindo, todos os relatos que aparezan aquí, son gañadores, tendo por tanto o seu correspondente agasallo Guiño

 

PREME NA IMAXE!!!

 

          

 

Faremos a entrega dos premios o próximo curso escolar.

MIÑA TERRA GALEGA

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, preparámosvos este agasallo de amor e recoñecemento á nosa terra galega. Grazas ás imaxes que nos mandastes, creamos este estupendo e emotivo vídeo. Agardamos que vos goste!

 

Distribuir contido