BENVIDOS AO NOSO SAMAÍN!!

E comezamos este curso escolar dándolle, coma sempre, a benvida ao noso especialísimo Samaín.

Acompañádenos neste percorrido, e o pasaredes de medo vendo o ambente terrorífico do cole. Agardamos que vos goste!!

 

 

Mirade...mirade a decoración do patio cuberto!

 

 

 

 

A que é chulísimo?? Pois aínda temos máis...Guiño

 

Os alumnos e alumnas de Infantil prepararon unha deliciosa merenda terrorífica!

 

 

 

Os rapaces/as de sexto curso de Primaria, contáronnos a todo o cole unhas historias coas que se nos puxeron os pelos de punta!Vergoña

 

 O conto de Infantil..."Qué hai detrás da porta?"

 

O conto para os nenos e nenas de primeiro curso de Primaria: "A miña profe é un monstro"

 

 

O de segundo de Primaria "Hai un pesadelo no meu armario"

 

 

O de terceiro curso: "Lobo feroz"

 

 

O conto de cuarto: "A bruxa regañadentes"

 

E o de quinto: "O noso Samaín"

 

 

Fíxose despóis unha proxección dos contos polas distintas aulas. Velaquí tedes a Infantil cinco anos. Gustoulles moitísimo o conto!! Guiño

 

 

E como broche final do noso Samaín, elaboramos un terrorífico vídeo de cabazas decoradas polas familias para unha festa tan especial. Desfrutádeo moitísimo e ata o próximo ano!!