A RITMO DE TINTUREIRA! ESTILOS MUSICAIS

Este ano estamos a traballar no colexio o tema da MÚSICA, baixo o lema A ritmo de Tintureira!. 

Os nosos compañeir@s de 6ºprimaria ao longo de todo o curso escolar presentarán na biblioteca do centro distintos estilos musicais. 

MÚSICA POP

 

QUE É?

O POP é un xénero musical que xurdíu do rock nos anos sesenta no Reino Unido e Estados Unidos.

A QUE DEBE O SEU NOME?

A palabra POP ven da expresión inglesa “popular music” e non era entendida como un xénero musical con características propias, senón que era entendida como o contrario á música de culto, á música clásica. O POP entendíase como ese gran grupo de música para a xente de escasa cultura musical. Co tempo o POP foi gañándose moitos seguidores, polo que xa se considera un xénero musical independente.

Derivados do POP podemos falar de subxéneros como o INDIE POP, POP COMERCIAL, POP ELECTRÓNICO, POP TRADICIONAL, POP LATINO.

CARACTERÍSTICAS

A música POP caracterízase por composicións sinxelas, cunha estructura repetitiva e estribillos simples e pegadizos. As letras a miúdo, tratan sobre o amor, a amizade, ideas románticas e sobretodo como pasalo ben.

Artistas actuais destacados da música POP entre outros, Madonna, Enrique Iglesias, Michael Jackson, Shakira, Ricky Mártin.

 

 Aquí tendes un vídeo(preme na imaxe).

 

 

 

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Comunicámoslles ás familias do alumnado que o período de vacacións de Semana Santa abranguerá desde o luns día 26 de marzo ata o luns 2 de abril, ambos inclusive.

As clases reanudaranse o martes día 3 de abril. 

VACANTES CURSO 2018-19

VACANTES CURSO 2018-19

EDUCACIÓN INFANTIL:

3 ANOS: 25

4 ANOS: 9

5 ANOS: 4

EDUCACIÓN PRIMARIA:

PRIMEIRO: 1

SEGUNDO: 23

TERCEIRO: 1

CUARTO: 1

QUINTO: 1

SEXTO: 17

ENTROIDO 2018

Para aqueles que non puidestes asistir á Festa do Entroido que celebramos este venres aquí tendes un resumo do ben que o pasamos.


Os profes do cole Tintureira queremos desexaros un divertídísimo Entroido!

    

   

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2018

Este venres, día 9 de febreiro, a partir das 12:00 da mañán, celebraremos a festa de Entroido no colexio. A partir desa hora as familias poderán acceder ao recinto escolar para participar con nós desta celebración.

O programa do día será similar a anos anteriores:

. Presentación de cada comparsa (no patio do colexio).

. Desfile das comparsas polo exterior do colexio (se o tempo o permite).

. Xuizo do Meco

. Degustación dos pratos da "Xornada Gastronómica" (13.30h) no ximnasio.



Os nenos e nenas sairán ás 14.15 como nunha xornada lectiva normal, os pais e nais deberán recoller aos seus fillos a esa hora.

 

MOI IMPORTANTE:

A familia do alumnado que ese día excepcionalmente non vaia facer uso do servizo de comedor ou do transporte, deberá comunicalo á dirección do centro antes do venres.

Non se poderá levar ás 14.15 a ningún neno/a usuario de comedor se non houbo unha notificación previa a ese día.

Aproveitamos tamén para informamos de que os días 12, 13 e 14 de febreiro non haberá clase, de acordo ao establecido pola Consellería no calendario escolar.

NOVO LIBRO DIXITAL "Imagine"

Con motivo do Día da Paz o alumnado de Sexto de Primaria publicou un libro baseado na canción de John Lennon "Imagine".

Trátase dun libro bilingüe (inglés-galego) que, en formato dixital e tamén físico, estará dispoñible para todos na Biblioteca de Centro.

 

Esperamos que disfrutedes moito coa súa lectura e visionado!

O MECO MANDA, O MECO ORDENA...

O Entroido anda cerca e o señor Meco xa anda a dala lata, polo que xa sabedes, non esquezades facer caso as súas ordes.

DÍA DA PAZ 2018

Así celebramos o Día da Paz no cole Tintureira!

  MANIFESTO POLA PAZ DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Enlace ao texto

 

 

NOVO ENLACE PAGO TELEMÁTICO COMEDOR


Lembrámoslles que o Servizo de Comedor pode ser aboado telemáticamente a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda sen necesidade de achegarse ata unha entidade financieira. 

Unha vez cubertos todos os apartados a aplicación xerará un arquivo pdf que debe ser entregado no centro, impreso ou a través do correo electrónico do centro: ceip.apaz@edu.xunta.es

ENLACE  á Oficina Virtual da Axencia Tributaria

 

Datos necesarios para cubrir o formulario:

Consellería: 07-CULTURA, EDUCACIÓN E ORD UNIVERSITARIA

Delegación: 40-PONTEVEDRA

Servizo: 01-SECRETARÍA

Taxa: 352800-COMEDORES ESCOALRES

Obxecto de pago:

COMEDOR ESCOLAR CEIP A PAZ-TINTUREIRA

MES: .......   Nº DÍAS: .........

 NOME DO ALUMNO: ..................

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2018

Con motivo da próxima celebración do día da Paz, imos aprender unha canción do grupo musical Mamá Cabra titulada "Baile da Paz". 

Aquí tendes un vídeo para practicala.

 

Tamén desde a clase de inglés queremos sumarnos a esta celebración interpretando a canción "Light a Candle for Peace"

 

Distribuir contido