ROBÓTICA 6.0

A RITMO DE TINTUREIRA! ESTILOS MUSICAIS

REGGAE

REGGAE é un termo inglés que permite nomear a un estilo musical que se orixinou en Jamaica durante a década de 1960. O termo REGGAE é unha derivación da palabra RAGGA, abreviatura de RAGGAMUFFIN cuxo significado en inglés é harapiento, polo que o REGGAE considerouse durante moito tempo a música das clases máis pobres e humildes.

Trátase dun xénero musical que ten como principal característica a repetición constante do seu ritmo e frecuentemente toca temáticas en contra do racismo e todo tipo de discriminación, cun alto contido social e político.

Un dos grupos pioneros do REGGAE foi THE WAILERS fundado en 1963 e con integrantes célebres como PETER TOSH e BOB MARLEY considerado o REI DO REGGAE.

BOB MARLEY compositor e músico nacido en Jamaica o 6 de febreiro de 1945. Triunfou en todo o mundo, exportou un novo estilo musical, o reggae, e se converteu nunha lenda. Tiña 36 anos, once fillos, trece discos e millóns de seguidores en todo o mundo cando morreu o 11 de maio de  1981 en Miami (Estados Unidos).

AQUÍ TENDES UN VIDEO ( PREME NA IMAXE)

A MÚSICA TRADICIONAL EN GALICIA

OS ALUMN@S DE 6º DE PRIMARIA PRESENTARON UN PROXECTO DE AULA SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL EN GALICIA.

 

TAMÉN CONTAMOS PARA A OCASIÓN COA ACTUACIÓN DE ALBA, XIANA E ARTAI.

A RITMO DE TINTUREIRA! ESTILOS MUSICAIS

                                                        O FADO

O fado é a expresión musical portuguesa máis internacional. Se desconoce o momento exacto do nacemento do fado, ainda que se ten constancia que xurdiu nos barrios humildes de Lisboa hacia mediados do século XIX.

As letras do fado, profundas e desgarradoras, se cantan normalmente por unha soa persoa, acompañándose pola guitarra portuguesa de doce cordas. Os temas máis habituáis son a nostalxia, a intimidade, a tristura.

Unha das mellores intérpretes de fado foi Amalia Rodrigues, que puso voz a grandes poetas lusos como Homem de Melo e Camoens. A lo largo de su carrera musical grabó máis dun centenar de discos adicados a este xénero musical. A súa aportación á cultura popular portuguesa foi tan importante que, cando faleceu a causa dunha doenza cardíaca no ano 1999, o gobernó portugués decretou tres días de luto oficial.

Nunha das súas cancións máis célebres titulada "Todo isto é fado" canta, AMOR, CELOS, CINZA E LUME, DOR E PECADO.

TODO ISTO EXISTE, TODO ISTO É TRISTE, TODO ISTO É FADO.

 

Dende 2011 o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

AQUÍ TENDES UN VIDEO ( PREME NA IMAXE).

A RITMO DE TINTUREIRA! ACTUACIÓNS MUSICAIS.

O LUNS 30 DE ABRIL VIÑERON A VISITARNOS XURSO (PAI DE BEDASA), DIANA E AARÓN.

OS AFORTUNADOS EN ESCOITAR E DISFRUTAR DA SÚA MÚSICA FORON OS NEN@S DE ED. INFANTIL E PRIMARIA (1ºE 2º).

LETRAS GALEGAS 2.018

 

ESTE ANO A REAL ACADEMIA GALEGA ESCOLLEU COMO AUTORA HOMENAXEADA A Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ.

PARA OBTER INFORMACIÓN SOBRE A SÚA VIDA E OBRA PREME NA IMAXE.

LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018-19.

Listaxe do alumnado admitido para o curso 2018-19.

ADMITIDOS 4º Educación Infantil

ADMITIDOS 5º Educación Infantil

ADMITIDOS 2º Educación Primaria

ADMITIDOS 4º Educación Primaria

 

A formalización da matrícula faise entre o 20-29 DE XUÑO

CONTACONTOS

Os alumn@s de Infantil, primeiro e segundo de Primaria participaron  nunha sesión de contacontos na biblioteca da nosa escola.

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de Febreiro festexamos na nosa escola o día de Rosalía de Castro con música e poemas da escritora.

Preme na imaxe de Rosalía de Castro para escoitar o poema "Negra Sombra" versionado por Luz Casal e Carlos Nuñez.

 

NOTA INFORMATIVA: APLICACIÓN TOKAPP SCHOOL

Informámoslles que a partir de agora todas as notificacións e avisos do centro vanse levar a cabo a través da aplicación TokApp School.

TokApp School é unha aplicación gratuita para as familias, a cal poden descargar directamente desde a tenda de Google Play, Apple Store ou Windows Phone do seu dispositivo (móbil ou tablet).

Se teñen algún problema coa súa instalación non dubiden en porse en contacto con nós e axudarémoslle a solucionalo.

Resultado de imagen de tokapp school

Distribuir contido