Secretaría

FONDOLIBROS ADXUDICACIÓN PROVISIONAL

Adxudicación provisional dos libros de texto de FONDOLIBROS

Alumnado de 3º de Primaria: Ver Lista Provisional

*É posible que haxa libros para todo o alumnado de 3º, recomendamos non facer compra de ningún destes libros ata setembro.

Alumnado de 4º de Primaria: Todos reciben os libros

Alumnado de 5º de Primaria: Ver Lista Provisional

Alumnado de 6º de Primaria: Todos reciben os libros

Alumnado excluído: Ver Lista Provisional

No taboleiro do centro poden consultar tamén as listas de axudas de libros de texto para 1º e 2º, e as dos vales de material para todos os cursos de primaria. Tamén é posible consultar esta información na aplicación Fondolibros, mediante o uso da chave 365 ou con certificado dixital.

O luns día 5 de xullo publicaranse as listas definitivas e poderán pasar a recoller os vales os días 7,8 e 9 de xullo en horario de 10 a 14h.

Calquera dúbida pode ser consultada a través do:

- correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

- teléfono do centro: 886 120 271

Lista de Libros de Texto 2020-21

Publicamos a lista de libros do próximo curso 2021-22.

Todas as familias do centro deberán permanecer atentas ó ABALAR e a páxina web do centro, xa que a través destes medios serán informados nas primeiras semanas de xullo das posibles adxudicacións de vales e libros de texto, polo que ata ese momento non fagan ningunha compra destes libros.

Lista de libros de 4º de EI

Lista de libros de 5º de EI

Lista de libros de 6º de EI

Lista de libros de 1º de primaria

Lista de libros de 2º de primaria

Lista de libros de 3º de primaria

Lista de libros de 4º de primaria

Lista de libros de 5º de primaria

Lista de libros de 6º de primaria

ANUNCIO ADMISIÓN VOLUNTARIOS COMEDOR CURSO 21-22

Anúnciase a apertura do prazo de admisión dos membros da comunidade educativa do CEIP A PAZ, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2021-2022.

As nais, pais, titores legais e acolledores familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en dirección.

 

 

Adxunto 

 

FORMALIZACION MATRÍCULA NOVOS ALUMNOS CURSO 2021-2022

PRAZO: do 20 ao 30 de xuño.

 

Documentación a entregar:

 

- Documento de formalización de matrícula. ENLACE

 

- Anexo para o centro. ENLACE

 

- Autorización Imaxe alumno ENLACE

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

Informe médico sanitario do pediatra en caso de intolerancias, alerxias ou enfemidades significativas.

 

- Seis fotos co nome e apelidos escritos na parte de atrás.( Ed. infantil 3 anos)

 

                     

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2.021-2.022.

                                                       

Está aberto o prazo desde o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive).

 Poderase solicitar:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Documentación necesaria:

Anexo I e anexo II.

- Fotocopia do libro de familia ( deben figurar todos os membros computables).

- Sentenza xudicial e/o convenio regulador ( se é o caso).

- Certificado acreditativo do grao de discapacidade ( se é o caso).

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/2021.

 Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II 

 Máis información:

  • ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)  (Enlace aquí)

 

  • Manuel de usuario para os cidadáns: enlace.

Axudas comedor, libros e material escolar do Concello de Vigo


O Concello de Vigo convoca as axudas do comedor escolar para alumnado de Educación Infantil e Primaria,  e para a adquisición de libros e material de E. Infantil.

Debido a que o noso centro xa disfruta da concesión das becas  da Xunta de Galicia de comedor (para infantil e primaria), o alumnado  deste centro non poderá acceder as axudas municipais para o concepto de comedor.

O alumnado de Educación  Infantil si poderá solicitar as axudas de libros e material do Concello. Dentro do concepto de material de E. Infantil inclúese: mandilón, material funxible...

  • PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES : Do 10 de xuño ao 7 de xullo .
  • As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa, que se poderá solicitar a partir do luns 07 de xuño, a través dos teléfonos: 010 ou 986 810 260 ou na  Páxina web: www.vigo.org . 

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Novo servizo de mensaxería Abalarmobil

 Comunicámoslles que a partir do día 1 de marzo o noso centro educativo vai pasar a utilizar unha nova ferramenta para os comunicados entre o centro e a familia. A aplicación actual TOKAPP estará en funcionamento ata ese mesmo día, a partir desa data pasará a estar inoperativa.

As familias poderán descargar nos seus dispositivos electrónicos, móbiles ou tablets,  a aplicación que Consellería de Educación ten actualmente a disposición de toda a comunidade educativa ABALARMOBIL.

 

A descarga desta aplicación farase desde Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou desde Google Play Store (se o sistema operativo é Android)

 

A aplicación ABALARMOBIL permitirá ás familias:

Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

Consultar as cualificacións do alumno/a.

Consultar os datos do centro e do alumno/a.

Consultar as faltas de asistencia.

 

Manual para as familias

 

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

   
   

Este ano, debido a situación especial dada pola pandemia, o centro non vai levar a cabo as Xornadas de Portas Abertas que se veñen celebrando en anos anteriores.

Invitamos ás familias interesadas a que visualicen a seguinte presentación onde se dan a coñecer aspectos importantes relacionados co ámbito organizativo e pedagóxico do noso centro.

Así mesmo, lembrámoslles que poden poñerse en contacto co nós a través dos seguintes medios:

Teléfono: 886 120 271

Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

 

Por último informarlles que o período de matrícula para o alumnado novo abranguerá desde o 1 ata o 22 de marzo, a documentación a presentar será a seguinte:

. Anexo II: modelo ED550B

. Fotocopia do DNI ou do libro de familia.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

 

 

Distribuir contido