ANUNCIO ADMISIÓN VOLUNTARIOS COMEDOR

Anúnciase a apertura do prazo de admisión dos membros da comunidade educativa do CEIP A PAZ, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2019-2020.

As nais, pais, titores legais e acolledores familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019-2020, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en dirección.

O prazo para presentar solicitudes permenecerá inicialmente aberto ata o día 11 de Setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o día 21 de Decembro de 2019.

Durante o curso escolar 2019-2020 somentes se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 ENLACE

 

AdxuntoTamaño
20190624114453.pdf56.98 KB