Gañadores Concurso Literario de Inverno 2020

   

Como o prometido é deuda, os gañadores e gañadoras do concurso literario de inverno do curso pasado, cancelado debido á pandemia, foron estes días merecidamente agasallados.

 

Na sección "En Galego!" podedes atopar máis información . ENLACE

 

MAGOSTO 2020

 

O 13 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS "O MAGOSTO" NO COLEXIO. ESTE ANO, DEBIDO A SITUACIÓN QUE ESTAMOS A VIVIR FOI DIFERENTE, PERO NON FALTARON NIN A ILUSIÓN NIN AS CASTAÑAS.

PREME NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS INSTANTÁNEAS DA NOSA CELEBRACIÓN

           

SAMAÍN 2020

 

 

ESTE ANO NON FALTARON OS NOSOS TRADICIONAIS "CONTOS DE MEDO", AS CABAZAS, AS MERENDAS TERRORÍFICAS E A DECORACIÓN NO COLE PARA CELEBRAR DUN XEITO ESPECIAL "O SAMAÍN".

PREME NA IMAXE PARA VER AS NOSAS ACTIVIDADES TERRORÍFICAS:

 

 

Aula Virtual do Ceip A Paz-Tintureira

Comunicámoslles que a Aula Virtual (AV) do noso centro xa está operativa e pasará a ser utilizada nos diferentes cursos de Educación Primaria segundo as seguintes indicacións.

Na AV o profesorado do centro publicará información, recursos e tarefas dirixidas ao seu alumnado.

O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria fará uso desta AV en todas as súas materias, o alumnado de 1º e 2º nas materias que lle sexan notificadas. O alumnado de infantil non fará uso da AV.

A AV utilizarase fundamentalmente no caso do peche do centro ou do peche dalgunha das súas aulas, situación que nos obrigaría a levar a cabo un ensino a distancia.  Independientemente desta situación, con certa frecuencia,  o profesorado poderá pedir ao seu alumnado que visite a AV e faga nela algunha tarefa, na procura de que este se familiarice coa súa contorna ou ben para que realice diferentes actividades de tipo dixital.

Para o acceso á AV as familias deberán dispor de conexión a internet e dun dispositivo electrónico, preferiblemente ordenador ou tablet, se non dispoñen de ningún dispositivo comuníquenllo á titora do seu fillo ou filla.

Durante os próximos días as titoras dos seus fill@s faranlles entrega dun usuario e contrasinal para poder acceder a esta AV, é  posible que a primeira vez que entren se vexan obrigados a cambiar este contrasinal, é moi importante que anoten nun lugar seguro este nome de usuario e contrasinal xa que recuperalo sería de grande dificultade.

No seguinte vídeo presentamos un breve resumo sobre o funcionamento da AV do Ceip A Paz.

ESTAMOS DE ANIVERSARIO!

Este ano 2020 estamos de aniversario, "50 anos", e a Comunidade Educativa do Ceip A Paz-Tintureira será recoñecida recibindo o galardón de "Vigués Distinguido".

Parabéns a toda a Comunidade Educativa por este recoñecemento á labor desenvolvida nestes 50 anos.

 

 

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2.020-21

Estimadas familias:

Segundo a orde da Consellería, este curso comezará escalonadamente do seguinte xeito:

  • XOVES 10 DE SETEMBRO: 4 anos, 1º ,2º e 3º de Primaria.
  • VENRES 11 DE SETEMBRO: 5 anos, 4º, 5º e 6º de Primaria.

O alumnado que se incorpora en 3 ANOS seguirá o horario do PERÍODO DE ADAPTACIÓN que se lles entregou no mes de xullo.

Diferentes aspectos da organización relacionados cos horarios e servizos (transporte e comedor) serán matizados ó longo destes días.

Antes de que o alumnado acuda ao colexio, as familias terán que imprimir e traer asinada a DECLARACIÓN RESPONSABLE á que podedes acceder pinchando no enlace. Este documento, no caso de separación xudicial dos proxenitores, deberá vir asinado por ambos, ou ben facer entrega dunha declaración individual por parte de cada un dos pais.

A declaración responsable será entregada aos titores a través do alumno/a o primeiro día lectivo de cada curso.

A enquisa de autoevaluación clínica da COVID-19 non ten que ser entregada no centro. 

Enlace declaración responsable

Enlace enquisa de autoevaluación clínica

 

LISTAS DEFINITIVAS FONDOLIBROS 20-21

Adxuntamos a LISTA DEFINITIVA DO FONDOLIBROS por curso.

Debido a lei de protección de datos debedes localizar aos  vosos fill@s pola inicial dos apelidos e nome, estas listaxes están ordeadas alfabeticamente por apelidos. Nestas listas aparecen especificados os libros das materias que lle foron concedidos a cada alumn@ . Se lle foron concedidos 6 libros non terán que mercar ningún agás o caderno de Lingua Inglesa.

LISTAS DEFINITIVAS 3º CURSO

LISTAS DEFINITIVAS 4º CURSO

LISTAS DEFINITIVAS 5º CURSO

LISTAS DEFINITIVAS 6º CURSO

Para calquera dúbida poden porse en contacto co centro a través do correo electrónico.

ceip.apaz@edu.xunta.es

INFORMACIÓN FONDO DE LIBROS E VALES

 LIBROS DE TEXTO DE 3º A 6º DE PRIMARIA

Publicamos as LISTAS PROVISIONAIS do alumnado beneficiario das axudas do Fondo de Libros para o curso 2020/2021. Teñen un período de dous días para alegar reclamacións a esta listaxe provisional, para elo deberán poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ou por teléfono en horario de 10 a 14h.

A publicación destas listas está  dispoñible no taboleiro do centro.

 

 

Deberán ter en conta a seguinte información:

- O día 10 de xullo publicaranse as listas definitivas.

- Na listaxe provisional aparece só o número de libros que lle foron asignados a cada alumno, na listaxe definitiva aparecen especificados cales son eses libros. Se lle foron adxudicados 6 libros significa que lle foron concedidos todos, nese caso soamente deberá mercar o caderno de inglés, tal como aparece especificado na lista de libros de cada curso.

- Os libros de texto serán entregados ao alumnado beneficiario en setembro unha vez iniciadas as clases lectivas.

 

VALES PARA LIBROS (1º-2º) E MATERIAL (1º a 6º)

 

A entrega destes vales ás familias beneficiadas levarase a cabo os días 9 e 10 de xullo (xoves e venres) en horario de 10 a 14h. 

 

Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

Teléfono: 886120271

"O RECHOUCHÍO" nº 18 CURSO 2019-2020

E velaquí tedes o número 18 da nosa revista escolar         "O Rechouchío". Este é un exemplar especial e emotivo debido ás circunstancias especiais que tivemos que vivir. Atoparedes  un Editorial cargado de sentimento e de bos desexos, actividades de ANTES e de DURANTE o confinamento... todo elaborado dende unha actitude positiva e a firme crenza na capacidade de superación do ser humano. Agardamos que vos goste!! 

PREME NA IMAXE!!!

 

                 

Para lembrar

Remata o curso e toca despedir aos nosos alumnos e alumnas de 6º. Non podemos despedirnos como nos gustaría polo que vos queda este vídeo para lembrar o voso paso polo Tintureira.  O profesorado e todas as persoas que dalgunha maneira coincidiron con vos nestes anos, desexámosvos o mellor.

Distribuir contido