Secretaría

CONVOCATORIA DE REUNIÓNS CON NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócanse reunións de titoría para pais e nais de alumnado de 5º de educación primaria, a celebrar o próximo martes, 22 de setembro na sala multiusos do colexio:

  • Grupo de 5º A: ás 16:00 horas
  • Grupo de 5º B: ás 17:00 horas

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020-2021

Faise público para toda a comunidade educativa o

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

NO CURSO 2020-2021

 

 

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

Que tanto o persoal que traballa no centro coma o alumnado do mesmo debe realizar diariamente

INFORMACIÓN PARA FAMILIAS DE ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Pique no enlace para acceder á INFORMACIÓN PARA FAMILIAS DE ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL 

INICIO DE CLASES 2020-2021

Os próximos dias 10 e 11 de setembro terá lugar o inicio de curso para o alumnado de educación infantil e educación primaria.

O día 10, xoves,  incorporaranse ás aulas os alumnos e alumnas de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e de 5º de Infantil, así coma os de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

O día 11, venres, farano os nenos e nenas de 6º de educación infantil, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Nestes días e mentres dure a situación derivada do Covid-19, as entradas do alumnado ao recinto escolar levaranse a cabo por diferentes portas de entrada e en dous horarios diferentes, co fin de manter as distancias de seguridade e asegurar o máximo illamento entre grupos estables de alumnado, segundo se indica na seguinte táboa:

 

 

 

As saídas realizaranse tamén polas mesmas portas polas que entrou cada un dos cursos e en dous horarios diferentes:

  • 13:50: alumnado de EI e de 1º, 3º e 4º de educación primaria
  • 14:00: alumnado de 2º, 5º e 6º de educación primaria 

 

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

As familias poden recoller na Secretaría do Centro os libros de texto que lle corresponden aos seus fillos e fillas, o próximo xoves, dia 3 de setembro, atendendo ao seguinte horario:

  • 09:30: Alumnado de 3º de educación primaria
  • 10:30: Alumnado de 4º de educación primaria
  • 12:45: Alumnado de 6º de educación primaria

 Dadas as circunstancias sanitarias só poderá acudir un membro por familia, con máscara e gardando as distancias de seguridade interpersoal (1,5 metros).

Distribuir contido