Orientación, Documentación

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Están convocadas as Axudas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, por parte do Goberno de España (Ministerio de Educación e Formación Profesional).

O prazo para solicitar as axudas vai do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Pódese consultar toda a información premendo no seguinte enlace: BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE

CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Entre o 19 de maio e o 30 de setembro está aberrto o prazo para solicitar beca para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

Poden consultar toda a información no seguinte enlace: BECAS DE APOIO EDUCATIVO

Dende esta outra ligazón poderán acceder ao sitio da Sede Electrónica onde cumprimentar e presentar a solicitude de beca: ACCESO AO TRÁMITE PARA SOLICITUDE DE BECA PARA NEAE.

No Departamento de Orientación do Centro poden solicitar máis información e/ou a axuda necesaria para realizar os trámites da beca.

2 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 

Na loita contra o acoso escolar todos e cada un dos membros da comunidade educativa temos parte de responsabilidade.

ACTUEMOS!!!

 

 

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso súmase e participa na campaña 

«Unha viaxe feliz pola vida»

 

  

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de beca para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

As solicitudes deben cumprimentarse na sede electrónica do Goberno de España, onde se xenerará un documento pdf que deberá ser imprimido e entregado no centro onde o alumnado solicitante vaia cursar os estudos no curso 2021-2022. Picando no seguinte enlace accederase ao sitio web no que se poderán facer os trámites:

Acceso ao trámite de presentación de becas para alumnado con NEAE.

 

No arquivo adxunto poderase descargar o documento completo de convocatoria de Becas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

Distribuir contido