Organigrama, Consello escolar, Profesorado

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, está en marcha o procedemento para a celebración

de eleccións de membros do Consello Escolar do Centro. Nos seguintes enlaces pode consultarse a información e documentación referente ao mencionado proceso.

1.- Resolución pola que se establece o calendario electoral.

2.- Calendario electoral.

3.- Modelo presentación de candidaturas (sector pais/nais).

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE DO PRESENTE CURSO 2019-2020

A consecuencia do estado de alarma declarado para facer fronte á pandemia do COVID19, e de acordo coas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o profesorado do centro tivo que adaptar as programacións didácticas no que corresponde ao terceiro trimestre do presente curso académico. Tales adaptacións recollen a parte do curriculo escolar (contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe) que en cada área e en cada curso ou ciclo se van traballar durante este trimestre, xa sexa a través de actividades de repaso, de reforzo, de recuperación ou de ampliación. Tamén contemplan aqueles contidos concretos das programacións iniciais propostas para todo o curso que, de ser o caso, non van poder ser abordados e que quedan adiados para o primeiro trimestre do próximo ano escolar.

As adaptacións das programacións didácticas para este último trimestre do curso poden ser consultadas nos arquivos que se adxuntan.

25 de novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, sábado, celébrase coma tódolos anos O Dia contra a Violencia de Xénero. Dende o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso queremos chamar a atención sobre esta lacra que nos golpea cada ano con demasiada frecuencia e poñer o noso granciño de area para que este tipo de violencia desapareza dunha vez. Na educación (nas familias e nas escolas) está gran parte da solución.

Picando na seguinte imaxe podemos ver a historia de tres irmás (as tres Bolboretas), a conmemoración de cuia morte supón a orixe do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. A historia está contada por unha alumna do CEIP Montemogos de Bueu.

 

 

Na aula virtual do noso centro aparece un cartafol con múltiples recursos para poder traballar nas aulas a igualdade de xénero e combater así a violencia de xénero.

Distribuir contido