Taboleiro

VALES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Dende o próximo luns, 21 de setembro, as familias que solicitaron a axuda para a adquisición de material escolar, poderán recoller no centro o vale que lle foi concedido.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN: CONCURSO DE CABAZAS

Durante a última semana de outubro celebramos no colexio "O Samaín", con exposicións de libros de medo, organizadas pola biblioteca, actividades específicas nas aulas e unha exposición de cabazas. Este ano, a exposición nutriuse de cabazas decoradas polo alumnado e as familias da etapa de educación infantil. Coma en anos anteriores, a calidade dos traballos expostos foi altísima. Noraboa a tódolos participantes.

 

 

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014-15

Pódese descargar o arquivo PDF co listado dos libros premendo no seguinte enlace:

"Libros de texto curso 2014-15"

Tamén se pode consultar no taboleiro de anuncios do centro.

Distribuir contido