APA

COTA DE SOCIOS DA ANPA CURSO 2016-2017

Comunicámoslle a tódolos país e nais que o prazo para pagar o recibo da ANPA (20 euros por familia), e así pasar a pertenecer a esta asociación, comenzará o 15 de septembro é rematará o día  21 de Outubro, o pago poderá realizarse das seguintes maneiras:

 

· Efectivo no local da ANPA no horario de 9:00 a 9:30h. 14:00 a 14:30 e de 15:30 a 16:15h ( a Anpa recomenda esta forma de pago para evitar os abusivos gastos de xestión bancaria)

  • 15 Xoves , 16 Vernes  e 19 Luns do mes de SEPTEMBRO.
  • 19 Mercores, 20 Xoves e 21 Vernes do mes de OUTUBRO

 

· Ingreso bancario na conta da asociación que é a seguinte:

          ABANCA ES39 2080 5270 4230 40000737

No ingreso deberá constar: O apelido  e nome do neno ou nenos, no caso de ser irmáns ( xa que só se pagará un recibo por familia).

  • Non poñan o nome dos paIs, poñan o nome do neno ou nenos.
  • A cota, que é voluntaria, é de 20 euros por familia e curso escolar.
  • É importante que garden o recibo ata a finalización do curso escolar como xustificante de pago.

Entregarase a tódolos pais que xustifiquen o pagamento da cota e entreguen a inscripción de socios da ANPA o carnet da ANPA que será imprescindible para identificarse como membro da mesma nas xuntas e nos eventos organizados para os socios.

 Os carnets enviaranse o final do mes de outubro polos nenos.

Lembrámoslles que con estes fondos, a ANPA promove a xuntanza de nadal, o entroido, a festa de fin de curso, subvenciona a excursión de fin de curso dos nenos de 6º e tamén xestiona e subvenciona parte das actividades extraescolares. Estas axudas serán só para nenos que pertenzan á ANPA.

Quedamos ó voso dispor para calquera dúbida a través de:

  •  No buzón da ANPA (xunto ao taboleiro de anuncios)
  •  No enderezo electrónico anpaosrosais@gmail.com, extraescolarosrosais@gmail.com, comisioncomedorosrosais@gmail.com
  •  Na páxina Web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamadeobarroso/taxonomy/term/14
  •  Na páxina de Facebook  ANPA OS Rosais Ourense. https://www.facebook.com/ANPA-OS-Rosais-Ourense-994896403904405/

 

 Descargar formulario no archivo adxunto.

 

 

 

INSCRIPCIÓN NA ANPA DO CURSO 2015-2016

O ANPA do Ceip Amadeo Rodríguez Barroso “Os Rosais” está aberto a todas as familias que teñan fillos estudando no Colexio. Os socios pagan unha cota ANUAL de 20€ POR FAMILIA, é dicir, que aínda que se teñan varios fillos só se paga unha cota. O financiamento principalmente, é grazas ás cotas das familias asociadas e funciona grazas á dedicación DESINTERESADA de pais e nais, polo que é moi importante a túa participación.

Podese facer  cun ingreso na conta bancaria da ANPA Ceip Amadeo Rodríguez Barroso, pondo no concepto o nome do neno e o curso que actualemte cursa:

Nº de conta bancaria en Abanca: IBAN ES39 2080 5270 4230 40000737

Que o noso sexa un gran centro educativo é labor de todos, e por iso animámosvos a participar e colaborar. ¡¡¡APÚNTATE!!!

QUE SOMOS E QUENES SOMOS?

Anpa Ceip Amadeo Rodríguez Barroso “Os Rosais”, somos unha Asociación de Nais e Pais que vela polos dereitos dos todolos nenos que estan matriculados no colexio, ofrecéndonos a participar en todo aquilo que sexa un beneficio para a boa marcha do centro e a formación dos alumnos nel.

 

O NOSO COMPROMISO

    Dedicámonos a ser os ollos de todolos pais e nais, para evitar calquera xeito de discriminación, somos imparciais e laicos. Participamos no Consello Escolar, xestionamos as actividades extraescolares , festejos, os almorzos e acollida temperá. Intentamos ser o intermediario entre as familias e o colexio.

 

DATOS INFORMATIVOS DA ANPA

CIF: G32129686

Dirección: Calle Sierra San Mamede nº8, 32005 Ourense

Nº de conta bancaria en Abanca: IBAN ES39 2080 5270 4230 40000737

 

CONTACTOS

E-mail xeral:  anpaosrosais@gmail.com

E- mail comisión do comedor: Comisioncomedorosrosais@gmail.com

Facebook: ANPA OS Rosais Ourense

 

MEMBROS DA DIRECTIVA DA ANPA 2015-2016

A actual directiva está composta por 10 membros, aprobada en asamblea xeral de socios no mes de novembro (10 de novembro 2015) e distribuída do seguinte xeito:

 

PRESIDENTA

Cristina Blanco Sousa  

          

VICEPRESIDENTE

Henrique García Rodríguez  

 

TESOUREIRA

Marta Rey  González

      

SECRETARIO

Félix Castro Vicente

            

VOCAIS

Lucía Docabo Fernández

Alba Lojo Carames

Enriqueta López Rodríguez

Claudia A. Pérez Dinamarca

Sonia Señor Pérez

Marta Ucha López

 

VOCAL CONSELLO ESCOLAR

Representante

Dolores Isabel Soto Parra

 

COMISIÓN DO COMEDOR

Lucía Docabo Fernández

Henrique García Rodríguez  

Claudia A. Pérez Dinamarca

Sonia Señor Pérez

CARTA DE PRESENTACIÓN

A nova xunta directiva da asociación de nais e pais de alumnos do colexio Ceip Amadeo Rodríguez Barroso “Os Rosais”, queremos darvos a bienvenida a este espazo Web, onde atopardes a información máis relevante de todo o que facemos e consideramos de interese, todos os que formamos parte desta xunta directiva. Este será o noso principal punto de encontro e de información.

 

Queremos ademais aproveitar este espazo para presentarnos a toda a comunidade educativa: pais, nais e persoal do centro.

 

Todas as persoas que formamos parte desta Xunta Directiva, querervos facervos chegar a ilusión coa que iniciamos este proxecto e a nosa intención de traballar co obxectivo de favorecer e mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, en constante colaboración con todos os profesores e equipo directivo do colexio, que desde o primeiro momento brindounos todo o seu apoio, algo que desde aquí queremos agradecer, porque entendemos que a educación é tarefa de todos, e soamente traballando en colaboración, poderemos conseguir os nosos obxectivos.

 

A asociación cumpre unha importante función dentro desta comunidade, apoiando ao centro naquilo que nos solicite, exercendo de ponte entre as familias, a asociación e o centro, e sempre co fin de conseguir, entre todos e todas o mellor para os nosos fillos e fillas.

 

A participación é voluntaria, e por iso desde aquí queremos animar a todas as familias a asociarvos, xa que cantas máis sexamos mellor será para as nosas familias, para a asociación e para o colexio.

 

Temos a porta aberta e queremos que todas as persoas aporten a súa opinión e as súas ideas e con ese fin puxemos en marcha un buzón de suxestións. Queremos ser unha asociación dinámica e por eles invitámosvos a participar en todas as actividades e proxectos que estamos realizando.

 

Un cordial saúdo,

 

A Xunta Directiva.

Distribuir contido