Complementarias

XOGOS POPULARES

O pasado 24 de marzo recibimos a Lito, do CENTRO DE CULTURA POPULAR XAQUÍN LORENZO, que  mostrou aos nenos e nenas de 6º  de primaria o xogo popular das TABAS. Tamén explicou as similitudes entre diferentes culturas. Disfrutamos moito da súa visita e esperamos que volva pronto a ensinarnos máis xogos tradicionais,

Se queres ver máis fotos preme neste enlace á nosa galería de imaxes.

O MECO MANDA

 

Como todos os anos chegou ao noso centro o meco e as súas mandas, todos os nenos e nenas trouxeron os complementos que o meco foi marcando. Como sempre demostrouse a orixinalidade e creatividade dos nosos alumnos e alumnas.

Se queredes ver as fotos preme neste enlace á nosa galería de imaxes.

O MAGOSTO

 

O martes 10 de novembro, celebramos o magosto no noso centro. Os nenos e nenas comeron bolos preñados e moitas castañas asadas. Depois todos  disfrutamos con diferentes xogos tradicionais.

Se queredes ver as fotos preme neste enlace á nosa galería de imaxes.

EXCURSIÓN 1º PRIMARIA

O día 26 de maio os alumnos e alumnas de 1º primaria foron de excursión ao museo do Patrón en Lalín. Fixeron queixo e unha taza de barro, Pasámolo moi ben.

 

Distribuir contido