Skip to Content

Complementarias

A OMIC INVÍTANOS AO TEATRO

El día 10 de abril el grupo "Viravolta" de la compañía seisdedos nos visitó para representar la obra "Cocer e cantar" por cortesía de "OMIC" (oficina municipal de información al consumidor). Los niños y niñas de 1º de primaria y los niños y niñas de 6º de infantil lo pasaron muy bien.

Se queres ver as fotos preme neste enlace á galería de imaxes.

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos no noso centro o día da paz, entre todos fixemos un arco da vella con debuxos da paz. Os nenos e nenas de 5º cantaron unha canción e os alumnos e alumnas de 6º fixeron un manifesto pola paz. Para rematar cantamos todos xuntos unha canción.

 

 

 

 

Se queredes ver as fotos preme neste enlace a nosa galería de imaxes.

 

FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

O 20 de novembro, o alumnado de segundo de educación primaria asistiu á proxección da película "O Pequeno Mago", dirixida por Roque Cameselle. A actividade tivo lugar no Auditorio de Ourense, dentro da celebración da 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. 

 

 

 

 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN: CONCURSO DE CABAZAS

Durante a última semana de outubro celebramos no colexio "O Samaín", con exposicións de libros de medo, organizadas pola biblioteca, actividades específicas nas aulas e unha exposición de cabazas. Este ano, a exposición nutriuse de cabazas decoradas polo alumnado e as familias da etapa de educación infantil. Coma en anos anteriores, a calidade dos traballos expostos foi altísima. Noraboa a tódolos participantes.

 

 

 

Máis magosto

 

O MAGOSTO

O día 10 de novembro celebramos o magosto no noso centro.

Comimos castañas asadas e pan con chourizo, logo divertímonos cos xogos populares ( a rá, petanca, bolos, cordas, zancos, aros etc).

Pasámolo moi ben!!!!!!

Se queres ver as fotos preme neste enlace á nosa galería de imaxes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut