Actividades

RETIFICACIÓN DA DATA DO MAGOSTO EN FAMILIA 2016

Informamos dende a ANPA Os Rosais que:

Esta semana publicamos na web que faceriamos a festa do Magosto en familia o día 4 de novembro e que venres 28 e o mercores 2 poderianxe coller os tickets. 

Por problemas de organización tivemos que cambiar as datas e ainda estamos por determinar cando vai ser. No momento que sepamos con seguridade cando vai poder ser publicaremolo nesta web , no facebook e no tablón do colexio. 

Dende a ANPA Os Rosais lamentamos moito os inconvintes que houbexemos provocado. Un saudo.

 

CALENDARIO E TARIFAS DEFINITIVAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-2017

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CEIP AMADEO RODRIGUEZ BARROSO 2016-2017

 

HORARIO DEFINITIVO SETEMBRO 2016

 

ONDE

HORARIOS

LUNS

MARTES

MERCORES

XOVES

VENRES

 
 

POLIDEPORTIVO PARTE I

16:00 A 17:00

FUTBOL INFANTIL

 

FUTBOL INFANTIL

BALONCESTO INGLES

PATINAXE

 

17:00 A 18:00

FUTBOL 3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA

 

FUTBOL 3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA

BICICLETA

 

 

POLIDEPORTIVO PARTE II

16:00 A 17:00

FUTBOL 1º E 2º PRIMARIA

DEPORTE MULTIDISCIPLINAR

FUTBOL 1º E 2º PRIMARIA

 

HOCKEI

 

XIMNASIO GRANDE

16:00 A 17:00

TEATRO

RITMICA ACROBATICA

WHUSU PRIMARIA

BAILE PRIMARIA

 

 

XIMNASIO PEQUENO

16:00 A 17:00

PSICOMOTRICIDADE  INFANTIL

BAILE INFANTIL

 

WHUSU INFANTIL

 

 

COMEDOR

16:00 A 17:00

MASTER CHEF                1º, 2º E 3º PRIMARIA

 

MASTER CHEF                    4º, 5º E 6º PRIMARIA

 

 

 

SALA MULTIUSOS

16:00 A 17:00

INGLES     6º INFANTIL  1º E 2º PRIMARIA

ABACO- NUMICOM

INGLES 4º E 5º INFANTIL

ABACO- NUMICOM

 

 

AULA DE INFORMÁTICA

16:00 A 17:00

ROBÓTICA                       4º, 5º E 6º PRIMARIA 

ROBÓTICA 1º, 2º E 3º PRIMARIA (AVANZADO)

ROBÓTICA 1º, 2º E 3º PRIMARIA (INICIO)

 

 

 

AULA 1ºandar

16:00 A 17:00

DEBUXO ARTÍSTICO    4º, 5º E 6º PRIMARIA

 

DEBUXO ARTÍSTICO        1º, 2º E 3º PRIMARIA

XADREZ

 

 

 

PREZOS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA

 

NOME ACTIVIDADE

PREZO SOCIOS ANPA

PREZO NON SOCIOS

ABACO-NUMICOM

20€/MES

22€/MES

BAILE

15€/MES

17€/MES

BALONCESTO

10€/MES

12€/MES

BICICLETA

10€/MES

12€/MES

DEBUXO

12€/MES

14€/MES

DEPORTE MULTIDISCIPLINAR

12€/MES

14€/MES

FUTBOL

                       PAGO ANUAL 120€

HOCKEI

12€/MES

14€/MES

INGLES

12€/MES

14€/MES

MASTER CHEF

12€/MES

14€/MES

PATINAXE

12€/MES

14€/MES

PSICOMOTRICIDADE

12€/MES

14€/ MES

RITMICA ACROBATICA

27€/TRIMESTRE

33€/TRIMESTRE

ROBOTICA

18€/MES

20€/MES

TEATRO

12€/MES

14€/MES

WHUSU

10€/MES

12€/MES

XADREZ

10€/MES

12€/MES

 

 


OS COBROS EFECTUARANNOS OS MONITORES DE CADA UNHA DAS ACTIVIDADES SEGUNDO AS SÚAS PROPIAS ESPECIFICACIÓNS, EN MAN NA MAIOR PARTE DOS CASOS, POR TRANSFERENCIA BANCARIA, ETC.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-2017

 

Queridas familias:

Un ano máis, iniciase o proceso de reserva de praza de actividades extraescolares para o curso escolar 2016-2017.

A finais do mes de Septembro 2016,  organizaranse os grupos por actividade, as prazas se asignarán por orden de recepción da ficha de inscripción. No caso de NON chegar o número de alumnos para que teña lugar a actividade  informaráse as familias por e-mail, é publicarese nos canles de comunicación que ten a ANPA “Os Rosais” (Web, Facebook, tablón de anuncios). No caso de que hai máis nenos que o Nºmáximo por actividade, é hai para facer outro taller, mirarase si hai sitio é ora, e comunicareselle a os país, polas canles da ANPA.

As actividades extraescolares comenzan o primeiro luns do mes de Outubro e rematan o último venres do mes de Maio.

 

Para este curso 2016-2017, esta ANPA presentaráse  (son caso de que se convoquen para o ano que ben) a convocatoria das axudas as asociaciones de nais e pais de alumnas e alumnos (ANPAS) legalmente constituidas, dos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidad Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias dirixidas o alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que teñan como fin contribuir a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante o curso escolar 2016/17. Os país son os que teñen que facilitarnos os datos para poder presentar a documentación como ANPA, por iso no mes de septembro toda aquela persoa que este interesada póngase en contacto coa directiva da ANPA “Os Rosais”

 

Por favor,  mirade ben os orarios e días das actividades para asi non apuntar os nenos/as o mesmo día e a mesma ora en dúas ou máis actividades.

 

 

PERIODO RESERVA DE PRAZA: 13– 26 Septembro

Podrase entregar o formulario:

ENTREGA DE PAGARÉS E INFORMACIÓN SUBVENCIÓN COMEDORES

O DÍA 17 DE XUÑO DE 2016 FAPAOURENSE PROCEDERÁ Á ENTREGA DA SUBVENCIÓN XUNTA DE GALICIA CURSO 14/15 NO CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO, NA SALA DO COMEDOR.

TODOS OS USUARIOS QUE RECIBISEN PAGAREI O ANO PASADO, TANTO DE ACOLLIDA/ALMORZO COMO COMEDOR, RECIBIRÁN UNHA CIRCULAR E Ou PAGAREI A partir das 17:45 HORAS.

PARA REDUCIR O TEMPO DE ESPERA ENTREGARANSE NA SEGUINTE ORDE ALFABÉTICA DO APELIDO DO NENO/A:

                                            De 17:45 a 18:30 letras Á F.

                                            De 18:30 a 19:15 letras F a M.

                                            De 19:15 a 20:15 letras M a Z.

NOTA: COMPROBE SE FIGURA NA LISTAXE DO ANPA. PODESE CONSULTAR NO COMEDOR PREGUNTANDOLLE AS MONITORAS OU NA OFICINA DA ANPA O MERCORES 15, XOVES 16 É VENRES 17 NOS HORARIOS DE RECOLLIDA DE TICKETS DA FESTA DE FIN DE CURSO.

SE O TITULAR DO SERVIZO (PAI, NAI Ou TITOR/A) NON PODE ASISTIR PERSOALMENTE, DEBERÁ CUMPRIMENTAR UNHA AUTORIZACIÓN (EXCLUSIVAMENTE A QUE ENTREGA O ANPA) E ACHEGAR COPIA DOS DNI DO AUTORIZADO E AUTORIZANTE.(ficheiro adxunto)

CONCURSO DE COMEDORES

Bases Proceso para a Elección Servizo de Comedores 2016 - 2017

12/05/2016 por ANPA OS ROSAIS CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSIAIS)

Definición do proceso.

A ANPA OS ROSAIS, co CIF: G-32129686, pertence á Federación Provincial de A.P.A.s Públicas de Ourense “As Burgas” con C.I.F. G-32.009.037.

Queremos organizar a elección da empresa concesionaria do servizo de comedor e almorzos a través dunha votación entre @s nais e pais d@s nen@s usuari@s do comedor no CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSAIS)

Como asinantes do convenio de comedores coa Federación Provincial de A.P.A.s Públicas de Ourense “As Burgas”, a contratación do servizo de cátering electo para cubrir a demanda do comedor escolar do noso CEIP, a contratación do servizo realizarase finalmente desde a FAPA As Burgas.

O número de servizos a contratar no CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSIAIS), para o comedor é de 250 prazas máximo (demanda que agardamos cubrir na súa totalidade para o vindeiro curso), e para o servizo de almorzo a demanda actual de 30-50 en acollida temperá (con e sen almorzo). En caso de variación de datos renegociaríamos as condicións.

REQUISITOS que deben cumprir as empresas que se presenten ao proceso de elección. Organizado pola ANPA Os Rosais (semellantes aos esixidos pola FAPA As Burgas, no curso pasado):

 Número de Rexistro Sanitario específico de Cátering.

 Licencia Municipal para a actividade clasificada.

 Licencia Fiscal para actividades de Cátering.

 Non ter ningún expediente disciplinario ou sanitario negativo executado no último ano (Rexistro Mercantil, Dto. Sanidade e industria, Páx. de contratación).

 Compromiso de aportar contrato en vigor e alta na Seguridade Social do Persoal asignado ao servizo de cociña , comedores e acollida  temperá na data de comezo da actividade (primeiro día lectivo do curso escolar 2015/2016) aportando os TC2.

 Seguro de Responsabilidade Civil.

 Solvencia económica (determinada polos 3 últimos anos, nº de clientes e facturación igual ou superior a solicitada, certificada polos clientes do servizo).

 Solvencia técnica (maquinaria de cociña, nº de vehículos e planing de rutas para garantir o transporte na franxa horaria correspondente. Ao mesmo tempo deben aportar ATISAE, ITV en vigor, seguro en vigor e certificar a propiedade ou renting a nome da empresa de ditos vehículos.

 Utilización dunha cociña propia, non compartir manufacturas con outros servizos, e confección de menús únicos propostos por FAPA Ourense As Burgas, a cociña empregará un máximo dun 85% da súa capacidade de servizo, deixando o 15% restante por se é necesario unha futura ampliación nos comedores.

 Contrato de aluguer ou certificado de propiedade da instalación de cociña que abranga un período mínimo correspondente o curso escolar 2015/16.

 Non contemplar na carta de menús os pratos precociñados nin rexenerados, mínimo 2 días pescado a semana (non se admite peixe espada nin panga), mínimo 3 días a semana froita de tempada, menús variados e cumprimento cos gramaxes estipulados, todo elo supervisado por persoal cualificado.

 Non se admitirán verduras nin legumes enlatados.

 A empresa terá que asumir, na presentación da súa oferta, as condicións de pago proporcional dun/ha responsable de comedores que xestionará todo o tratante de cociña, persoal, menús, albaráns, usuarios, notificacións a país, tutorías, etc. Este responsable terá contrato laboral con FAPA Ourense As Burgas e a súa principal función é a supervisión do bo funcionamento do servizo de catering e do comedor.

 No servizo de Acollida Temperá, 2 monitores mínimo para seguridade dos usuarios.

 Tódol@s monitores deberán ter en vigor carné de manipulador de alimentos, un curso de primeiros auxilios (especificación atragoamento).

 Tódol@s monitores contratad@s deberán contar coa certificación correspondente de non ter cometido delitos contra a poboación infantil, tal e como agora esixe a lexislación para calquera actividade con menores. 

 Deposito de 7.000,00 €/ano para cubrir faltas ou penalizacións a consensuar entre as partes a firma do contrato e renovable si se ten que executar por algunha falta.

INDICADORES QUE SERÁN VALORADOS POR PARTE DE NAIS E PAIS USUARI@S DO COMEDOR DO CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSIAIS), NO PROCESO DE VOTACIÓN QUE ORGANIZA A ANPA

1. Calidade da vaixela:

        -Louza admitida por sanidade

        -Bandexa multifunción (fundamental que o seu peche impida verquidos ou pérdida de calor)

2. Ratio monitores: Partimos do mínimo obrigatorio:

             Infantil: 1 monitor cada 15 alumnos.

             Primaria: 1 monitor cada 25 alumnos

     A partir de aquí as nais e pais valorarán en positivo as melloras que as empresas queran aportar.

     Custo laboral actual:

            Encagad@ de comedor: contrato de 8 horas. 1500€ brutos.

            Monitor@ comedor: contrato de 3 horas. 300€ neto

            Monitora de almorozos: contrato de 1 hora. 100€ neto.

3. Papel seca-mans e xabón.

4. Proxecto educativo diferenciado trimestralmente e material de actividades:

           -Con materiais

           -Sen materiais

           -Tempo adicado a estas actividades

           -Monitor@s adicados a esta actividade.

5. Programas e cursos de formación cos que conte o persoal de comedor e cociña da empresa (preelaboración e conservación de alimentos, presentación atractiva de menús infantís, elaboracións básicas de pratos infantís con pescado, hortalizas e legumes, recepción e lavado de servizos de cátering, prevención de riscos en hostalería, etc.), e porcentaxe ou número de monitor@s que conten con esta formación.

    5.1 Polo menos 2 monitor@s deberán contar con formación específica para a atenión de Nen@s con Necesidades Especiais (NESS)

6. Distancia da cociña ou cociñas centrais ao CEIP AMADEO R. BARROSO.

7. Valoración dos menús de libre disposición valorados por: variedade, preparación, presentación, etc.

8. Elaboración de menús segundo a estación do ano, con utilización de productos frescos:

            -De tempada.

            -De proximidade: con relación certificada de provedores de proximidade na provincia de Ourense.

9. Programa de almorzos escolares. Pedimos que os zumos envasados sexan sustituidos por zumos naturais. Podendo aprobeitar a froita natural sobrante no servizo do comedor, e contando cunha licuadora na cociña do centro escolar.

10. O custo do menú será valorado do seguinte xeito: centro o seguinte:

Os prezos acordados no servizo de comedor e de acollida temperá/almorzo para os asociados á ANPA serán aqueles que a empresa nos oferte á nosa ANPA e según o acordo tomado na Comisión de Comedores da FAPA “As Burgas”, da cal somos membros, celebrada o día 28 de abril de 2015, na que se acordou que sendo estas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA, a empresa cobrará aos socios que nos facilitemos, o coste mínimo que nos oferte dos servizos de comedor e de acollida temperá/almorzo e a empresa cobrará a aqueles usuarios dos servizos que non estexan asociados ditas cantidades incrementadas en cinco euros ao mes polo servizo de comedor e tres euros ao mes polo servizo de acollida temperá e almorzo.

Dito incremento será abonado á ANPA da forma que se acorde por ambas partes.

En dita oferta se reflectirá o prezo máximo e o prezo con desconto para @s nos@s asociad@s

PREZOS ACTUAIS CURSO 2015/2016 CEIP AMADEO R BARROSO 
  SOCI@S ANPA NON SOCI@S ANPA
Servizo COMEDOR 73.5€ 78.5€
Servizo Acollida Temperá sen almorzo  27.5€ 30.3€ 
Servizo Acollida Temperá con almorzo 39.5€ 42.5€

 

OFERTAS PRESENTADAS

Consultar ofertas aquí

DESCARGAR VOTO DELEGADO E FOLLA DE VOTOS

Pinchar aquí

 

COMPARSA ENTROIDO


Un grupo de pais e nais do noso centro participaron no desfile do entroido ca comparsa "ALICIA NO PAIS DOS ROSAIS". 


Fixeron un gran traballo.


Se queres ver mais fotos preme neste enlace a nosa galería de imaxes.

Distribuir contido