Skip to Content

25 de novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, sábado, celébrase coma tódolos anos O Dia contra a Violencia de Xénero. Dende o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso queremos chamar a atención sobre esta lacra que nos golpea cada ano con demasiada frecuencia e poñer o noso granciño de area para que este tipo de violencia desapareza dunha vez. Na educación (nas familias e nas escolas) está gran parte da solución.

Picando na seguinte imaxe podemos ver a historia de tres irmás (as tres Bolboretas), a conmemoración de cuia morte supón a orixe do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. A historia está contada por unha alumna do CEIP Montemogos de Bueu.

 

 

Na aula virtual do noso centro aparece un cartafol con múltiples recursos para poder traballar nas aulas a igualdade de xénero e combater así a violencia de xénero.



page | by Dr. Radut