Skip to Content

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE DO PRESENTE CURSO 2019-2020

A consecuencia do estado de alarma declarado para facer fronte á pandemia do COVID19, e de acordo coas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o profesorado do centro tivo que adaptar as programacións didácticas no que corresponde ao terceiro trimestre do presente curso académico. Tales adaptacións recollen a parte do curriculo escolar (contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe) que en cada área e en cada curso ou ciclo se van traballar durante este trimestre, xa sexa a través de actividades de repaso, de reforzo, de recuperación ou de ampliación. Tamén contemplan aqueles contidos concretos das programacións iniciais propostas para todo o curso que, de ser o caso, non van poder ser abordados e que quedan adiados para o primeiro trimestre do próximo ano escolar.

As adaptacións das programacións didácticas para este último trimestre do curso poden ser consultadas nos arquivos que se adxuntan.

AdxuntoTamaño
Adaptación Programacións didácticas de 1º para o 3º Trimestre.odt41.22 KB
Adaptación Programacións didácticas de 2º para o 3º Trimestre.odt42.01 KB
Adaptación Programacións didácticas de 3º para o 3º Trimestre.odt44.65 KB
Adaptación Programacións didácticas de 4º para o 3º Trimestre.odt47.63 KB
Adaptación Programacións didácticas de 5º para o 3º Trimestre.odt57.96 KB
Adaptación Programacións didácticas de 6º para o 3º Trimestre.odt52.78 KB
Adaptación Programacion Educación Infantil 3º Trimestre.pdf699.11 KB


page | by Dr. Radut