Skip to Content

Orientación, Documentación

O NENO QUE MINTE

 

A idade na que un neno empeza a mentir é variable; depende do ritmo de maduración de cada un. Como norma xeral, a “mentira infantil” propiamente dita, como embuste e con intencionalidade clara de enganar non se dá ato os seis ou sete anos de idade, cando o neno pode distinguir claramente entre verdade e mentira. Antes poderiamos falar de fantasías, imaxinacións ou fabulacións.

 Que facer cando un neno ou nunha nena empeza a mentir de forma habitual?

 1.- Indagar por que minte o neno/a. Se coñecemos a causa da mentira será moito máis fácil combatela. As causas polas que un neno mente poden ser múltiples:

 

  • Frustración (pode dicir que ten moitos xoguetes cando non ten ningún)

  • Inseguridade

  • Falta de confianza

  • Vergonza

  • Medo a desaprobación ou castigo

  • Baixa autoestima: non lle gusta como é e minte buscando impresionar e sentirse aceptado.

  • Porque imitan o que ven (os seus pais menten)

  • Nivel de esixencia moi alto, de modo que se ven impulsados a mentir para non defraudar.

  • Como chamada de atención (inventarse doenzas).

 

2.- Dar exemplo: Non lle podemos pedir ao neno que non minta se nós mentimos. Non prometer cousas que non poidamos cumprir; evitar falsas promesas. Ante preguntas difíciles evitar a falsidade e contestar con “non sei”, “debo pensalo” ou “teño que consultalo”.

3.- Crear na familia un ambiente seguro e tranquilo no que o neno/a se sinta libre e relaxado, sen presións e sen medos. Un ambiente no que o neno poida ter a confianza necesaria para que poida contarnos calquera cousa con tranquilidade e sen temor.

 Facerlle sentir sempre que é amado e valorado e que non é necesario esaxerar ou mentir para ser querido. Transmitirlle que tampouco se lle deixará de querer por cometer erros ou travesuras.

 4. Reaccionar adecuadamente ante as mentiras do neno/a:

 

  • Responder con severidade pero con calma, sen enfados esaxerados, sen berros.

  • Non rir nin admirar as súas mentiras. Non deben apreciar ningún tipo de aprobación.

  • Ser firmes e transmitirlle que mentir é inaceptable. Se lle pasamos unha estamos dándolle permiso para seguir mentindo.

  • Usar castigos proporcionados e adecuados para que o neno non trate de evitalos con mentiras.

  • Darlle tempo para que recapacite “pensa un rato e logo falamos de novo”.

  • Felicitar ao neno cando diga a verdade ou cando recoñece a mentira, reforzar a valentía de dicir a verdade.

 

5.- Formalo no valor da verdade e da franqueza: Débeselle ensinar ao neno que mentir é negativo, dándolle a coñecer as consecuencias e efectos que ten. Pódense usar materiais de apoio (contos, fábulas, películas) para ensinarlle e para que lle sirvan de exemplo. A desconfianza tras a mentira implica que se seguimos mentindo ninguén crerá as nosas palabras.

 

E se non o conseguimos...

 Se persisten as mentiras a pesar dos esforzos dos pais para corrixilas, estes non deben sentirse culpables. Ás veces a personalidade dos nenos é determinante e tarda en cambiar a pesar de que os pais lle dean un bo exemplo, de que lle transmitan a importancia de ser sinceros e de que fagan todo o posible para que non sigan mentindo.

 

Bibliografía:

 Paul Ekman (1999): Por que mienten los niños: como los padres pueden fomentar la sinceridad. Editorial Paidós.

 

"OS XERANIOS DO SEÑOR ALFONSO": Interesante vídeo creado polo alumnado do CPI Virxe da Saleta (Cea)

Vídeo publicado en "La Voz de Galicia" (18/09/2017)

Axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2017/2018

O Ministerio de Educación publica a RESOLUCIÓN DE 3 DE AGOSTO DE 2017, DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2017-2018.

Tipo de axudas que se convocan:

a) Axudas directas para o alumnado, incluíndo ao afectado por TDAH (trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade), que requira por un periodo da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de  discapacidade ou trastornos graves de conduta. 

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a  altas capacidades intelectuais.

Requisitos para a beca a) e b):

1. Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante algunha das seguintes vías: 

•Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma.

•Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagógica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente.

•Certificado de discapacidade.

2. Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2016. Excepcionalmente, poderán concederse axudas a alumnos menores de dous anos sempre que os equipos correspondentes certifiquen a necesidade de escolarización máis temperá por razón de características da discapacidade.

3. Estar escolarizado en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, que sexan creados ou autorizados definitivamente como tales pola administración educativa competente, na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.

4. Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos:

a) Educación Infantil.

b) Educación Primaria.

c) Educación Secundaria Obligatoria.

d) Bacharelato.

e) Ciclos formativos de grao medio e superior.

f) Ensinos artísticos profesionais.

g) Programas destinados á obtención dunha cualificación profesional inicial.

h) Formación Profesional Básica.

i) Programas de formación para a transición á vida adulta.

5. Para obter o  subsidio requerirase ser membro de familia numerosa de calquera categoría, de acordo coa normativa vixente.

Requisitos para o alumnado con altas capacidades:

1. Presentar necesidade específica de apoio educativo asociada a alta capacidade intelectual sempre que dita necesidade sexa acreditada mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagógica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

2. Ter cumpridos seis anos de idade a 31 de decembro de 2016.

3. Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos:

a) Educación Primaria.

b) Educación Secundaria Obligatoria.

c) Bacharelato.

d) Ciclos formativos de grao medio e superior.

e) Ensinos artísticos profesionais.

 

REQUISITOS ECONÓMICOS: Os alumnos non deberán pasar un límite concreto de renda  e patrimonio en 2016:

LÍMITES DE RENDA FAMILIAR

Familias dun membro: 11.937,00 euros

Familias de dous membros: 19.444,00 euros

Familias de tres membros: 25.534,00 euros

Familias de catro membros: 30.287,00 euros

Familias de cinco membros: 34.370,00 euros

Familias de seis membros: 38.313,00 euros

Familias de sete membros: 42.041,00 euros

Familias de oito membros: 45.744,00 euros

(Ver completos os requisitos económicos na convocatoria)

 

CUANTÍAS DAS BECAS: Dependendo do tipo de apoio educativo que reciba o alumno téñense distintas axudas:

 

PARA ALUMNADO CON DISCAPACIDAD OU TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA:

•Ensino: ata 862,00 euros.

•Transporte interurbano: ata 617,00 euros.

•Comedor escolar: ata 574,00 euros.

•Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.

•Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.

•Transporte urbano: ata 308,00 euros.

•Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros. 

•Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica e Formación para a transición á vida adulta: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204,00 euros. 

PARA ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES: unha cantidade máxima de 913,00 euros para a asistencia a programas específicos para este colectivo que non se presten de forman gratuita pola correspondente administración educativa. 

Unha vez baremadas as solicitudes estas serán ingresadas entre novembro e marzo nas contas bancarias que indiquen os alumnos e nun só pago. 

Estas axudas son incompatibles coas becas xerais do MEC.

 

SOLICITUDE:

•Solicitantes con certificado recoñecido de firma electrónica: a través do rexistro telemático do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, adjuntando un escaneado dos certificados correspondentes.

•Solicitantes sen certificado recoñecido de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude e presentarano, unha vez asinado, no centro educativo en que se van a realizar os estudos no curso 2017/2018.

•Para reeducación pedagógica ou da linguaxe deberá presentarse a seguinte documentación:

1.Certificación expedida polo inspector da zona.

2.lnforme específico do equipo de orientación educativa e psicopedagógica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanais que se consideren necesarias para a súa corrección, así como, no seu caso, as prestadas polo centro, a duración previsible da mesma e as condicións que garantan a súa prestación.

3.Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual para un máximo de 10 meses. 

4.Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe de que reúne os requisitos de formación esixidos.

 

•Para altas capacidades deberá presentarse a seguinte documentación:

1.lnforme específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e o número de horas semanais que se consideren necesarias para a súa corrección, a duración previsible da mesma e as condicións que garantan a súa prestación.

2.Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual para un máximo de 10 meses.

O  PRAZO vai dende o 13 de agosto ata o 28 de setembro do 2017. 

ENLACES: 

•Información: Resolución pola que se convocan as axudas.

Acceso á web do Ministerio para facer a solicitude Online.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Xefatura Guillermo Rodríguez Gómez
Coordinadora Educación Infantil Marta Álvarez Fernández
   
Pedagoxía Terapéutica Josefa González Fernández
Pedagoxía Terapéutica Fátima Rodríguez Adán
Pedagoxía Terapéutica Glenda Yáñez Blas
Audición e Linguaxe Isaura Rodríguez Gómez
Audición e Linguaxe María Torrado Pousa
Audición e lLinguaxe Mario Seoane Fernández
Xefa de estudos Mª Teresa Suárez González

Enderezos de interese

Enderezos de interese:

Enlaces PT

Enlaces de interese de PT:

Aula PT

Distribuir contido


by Dr. Radut