Skip to Content

Orientación, Documentación

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Dia autismo 19

2 DE ABRIL: DIA MUNDIAL DO AUTISMO

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down. Con este motivo DOWN ESPAÑA lanza ‘#Auténticos’, a súa campaña para aumentar la visibilización das personas con esta discapacidade intelectual e, desta forma, mellorar asúa inclusión social. No CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso sumámonos á súa iniciativa.

 

8 DE MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o Dia Internacional da Muller, adicado especialmete a reivindicar a igualdade de xénero. A igualdade de xénero é un obxectivo irrenunciable que se ha de traballar tódolos días. A escola é, sen dúbida e xunto coa familia, o mellor escenario para elo. Este ano queremos resaltar o valor de algúns contos para traballar cos máis pequenos "a igualdade". Se picades aquí  poderedes ver a selección de contos para traballar a igualdade que publica a páxina "mundoprimaria".

 

APRENDER A ESTUDIAR: TÉCNICAS DE ESTUDIO

Dende a seguinte ligazón poderás acceder a unha páxina con estratexias e recursos de moito interese para aprender a estudiar:

APRENDER A ESTUDIAR

 

25 de novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, sábado, celébrase coma tódolos anos O Dia contra a Violencia de Xénero. Dende o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso queremos chamar a atención sobre esta lacra que nos golpea cada ano con demasiada frecuencia e poñer o noso granciño de area para que este tipo de violencia desapareza dunha vez. Na educación (nas familias e nas escolas) está gran parte da solución.

Picando na seguinte imaxe podemos ver a historia de tres irmás (as tres Bolboretas), a conmemoración de cuia morte supón a orixe do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. A historia está contada por unha alumna do CEIP Montemogos de Bueu.

 

 

Na aula virtual do noso centro aparece un cartafol con múltiples recursos para poder traballar nas aulas a igualdade de xénero e combater así a violencia de xénero.

Distribuir contido


by Dr. Radut