Skip to Content

Orientación, Documentación

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso contra tódalas formas de violencia de xénero.

 

 

 

PRAZO ABERTO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Dende o 9 de agosto e ata o 30 de setembro está aberto o prazo para a solicitude de Becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, para o curso 2020-2021.

Pódese atopar toda a información sobre estas becas, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, nos seguintes enlaces:

Convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE)

Información breve sobre a beca por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional

Sede electrónica, onde se pode solicitar a beca.

RECURSOS E CONSELLOS PRÁCTICOS PARA COIDAR A CONVIVENCIA EN FAMILIA DURANTE LONGOS PERIODOS DENTRO DA CASA E PREVIR CONFLITOS

 
  A Fundación Amigó, vén de publicar un proxecto para axudar ás familias a xestionar a convivencia neste periodo de confinamento. O proxecto inclúe guïas, videos e outros recursos de moito interese.
 
Pódese acceder á páxina web da Fundación Amigó a través desta ligazón.

ACOSO ESCOLAR: PAUTAS PARA O PROFESORADO

 Cando falamos de acoso escolar é fácil que nos veña á cabeza aquilo de que “son cousas de nenos” pero o acoso hai que tomalo moi en serio e chamalo polo seu nome. É un tipo de violencia que se produce entre dúas persoas menores de idade, non é ningún xogo e non podemos xustificalo. A “Lei do silencio” que se sigue nas situacións de acoso escolar debe desaparecer. Temos que ser capaces, especialmente os docentes, de identificar os casos de acoso e de tomar as medidas que protexan tanto aos acosados coma aos acosadores, xa que en ámbolos casos estamos falando de nenos.

 

Picando na imaxe da abaixo poderase consultar un documento de Save the Children con pautas de actuación para o profesorado que nos poden axudar a previr o acoso escolar nas nosas aulas.

 

 

 

 

25 de novembro: Dia internacional contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro, o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso quere manifestar o seu compromiso pola igualdade absoluta entre homes e mulleres así como a tolerancia cero ante calquera tipo de violencia contra a muller.

 

Recuperamos tamén o Traballo "As Irmás Mirabal", realizado no IES Lucus Augusti, que nos axudará a entender mellor a orixe da conmemoración deste día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut