ACOSO ESCOLAR: PAUTAS PARA O PROFESORADO

 Cando falamos de acoso escolar é fácil que nos veña á cabeza aquilo de que “son cousas de nenos” pero o acoso hai que tomalo moi en serio e chamalo polo seu nome. É un tipo de violencia que se produce entre dúas persoas menores de idade, non é ningún xogo e non podemos xustificalo. A “Lei do silencio” que se sigue nas situacións de acoso escolar debe desaparecer. Temos que ser capaces, especialmente os docentes, de identificar os casos de acoso e de tomar as medidas que protexan tanto aos acosados coma aos acosadores, xa que en ámbolos casos estamos falando de nenos.

 

Picando na imaxe da abaixo poderase consultar un documento de Save the Children con pautas de actuación para o profesorado que nos poden axudar a previr o acoso escolar nas nosas aulas.