Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Dende o 25 de abril de 2023 están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de admitidos e de excluídos para o próximo curso académico 2023-2024. Contra esta resolución poderase formular reclamación entre o 26 de abril e o 4 de maio ante o Consello Escolar do Centro.

As listaxes definitivas publicaranse o 15 de maio.

O prazo para a formalización da matrícula irá do 20 ao 30 de xuño. Na páxina web do centro poderase atopar toda a información na semana previa.

 

INAUGURACIÓN DE NOVAS INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA ESCOLAR: Biblio@.lab (Aula LIA)

 

O 28 de marzo tivo lugar a inauguración de un novo espazo da Biblioteca Escolar. Trátase de un espazo dotado de recursos educativos, fundamentalmente tecnolóxicos, pensados para a incorporación de novas formas de ensinar e de aprender: pantalla interactiva de última xeración, 25 ordenadores con conexión wifi a internet, impresora 3D, estudo de radio, espazo croma con telepronter e cámaras avanzadas para gravacións audiovisuais, kits de robótica, medios para a realidade aumentada, espazo de xogo con especial protagonismo para proxectos LEGO, et.

Asistiron á inauguración diversas autoridades: A Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández, O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Don Gabriel Alén, A asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia en Ourense, Dona Dolores Nieto, O Inspector Xefe de Educación de Ourense, A Inspectora do noso centro, entre outras.

No acto de inauguración un amplo grupo de alumnos e alumnas protagonizaron: a) a presentación do acto e das instalacións, b) unha breve demostracións de posibles actividades a desenvolver na aula e c) unha entrevista radiofónica a Don Gabriel Alén e a Dona Judith Fernández. A actuación de todo o alumnado foi realmente brillante.

Picando na seguinte imaxe pódese ver un video con fotos das novas instalacións e da inauguración das mesmas.

 

 

 

 Picando na seguinte imaxe poderase escoitar a entrevista completa a Don Gabriel e a Dona Judith en Radio Rosais.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

O prazo de presentación  de solicitudes estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo do 2023.

Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

Cada alumna/alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.

 

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE  DE PRAZA:

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder á aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro, utilizando o formulario normalizado de solicitude (Formulario ED550B).


SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:

 

O número de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en 4º de infantil será de 3.

Na solicitude de admisión os pais ou representantes legais deberán manifestar expresamente que ocupan unha praza reservada para alumnado con NEAE.

Xunto coa solicitude deberán achegar a documentación xustificativa das circunstancias manifestadas. 

Os centros deberán remitir as solicitudes xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial no prazo máximo de 10 días hábiles á xefatura territorial, para a súa valoración no Equipo de Orientación Específico. 

 

NORMATIVA:

Instrucións do proceso de admisión 2023/2024 na web da Consellería de Educación. 

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

 

Calendario de admisión

Criterio de admisión establecido polo CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Plano da zona educativa de influencia do centro

Triptico informativo sobre o Proxecto Educativo do Centro

Resultado do sorteo para casos de desempate

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

Na web da Consellería e na aplicación

Nos propios centros educativos.

Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O próximo día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2023-2024. 

As familias que antes desas datas desexen visitar as instalacións do centro e/ou coñecer o proxecto educativo do mesmo poderán concertar unha cita previa chamando por teléfono (988 783 044/988 783 047) ou a través de correo electrónico (ceip.amadeo.barroso@edu.xunta.gal), co obxectivo de poder ser atendidos en grupos pequenos.

 

Picando na seguinte imaxe poderase ver un video-presentación do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

 

FESTIVAL NADAL 2022

 

Pica na imaxe para ver un vídeo con imaxes do Festival de Nadal 2022

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: PRIMEIRA FASE:PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES EN CENTROS ADSCRITOS PARA CURSAR A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O día 15 de xaneiro, de acordo coa Orde 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, iníciase o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2023-2024 en centros docentes sostidos con fondos públicos. Actívase así a primeira fase do procedemento para RESERVA DE PRAZA en centros adscritos para alumnado que cambie de etapa. No caso do noso centro aféctalle ao alumnado de 6º de primaria que desexe cursar 1º da ESO nun dos institutos aos que estamos adscritos: IES Otero Pedrayo ou IES Universidade Laboral.

Os interesados deberán presentar solicitude de reserva de praza no prazo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 6 de febreiro.

As solicitudes poderanse presentar:

- No CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (en formato papel), logo de cubrir o formulario correspondente que se pode recoller no centro ou descargalo picando no anexo desta nota informativa.

- Telematicamente, a través da aplicación ADMISIONALUMNADO, seguindo as orientacións que alí se indican. Nese mesmo enlace tamén se poden atopar os accesos á lexislación aplicable e aos formularios de solicitude de reserva.

Distribuir contido


by Dr. Radut