Skip to Content

Secretaría

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CLASES (CURSO 2022-2023)

O 8 de setembro, xoves, darán comezo as clases do curso 2022-2023.

Dende o primeiro día desenvolveranse en horario normal, agás nos grupos de 3 anos (4º de educación infantil) que seguirán o periodo de adaptación.

As entradas ao centro realizaranse de acordo coa información que aparece no seguinte gráfico e na seguinte táboa:

 

 

 

As saídas realizaranse tamén polas mesmas portas polas que entraron cada un dos cursos,  en horario único: ás 14:00 horas.

O horario e os lugares de entrada e saída do alumnado manteranse ao longo do curso.

Os familares que acompañen a nenos e nenas de diferentes cursos poderán moverse de un lugar de entrada/saída a outro (para deixar/recoller a outros fillos ou fillas) por dentro do recinto escolar.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO

As familias do alumnado de 4º de educación primaria poderán pasar pola secretaría do centro os días 6 ou 7 de setembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas para recoller os libros de texto que lle corresponden segundo resolución da convocatoria do fondo solidario de libros de texto.

Os libros de 3º de educación primaria non poden ser entregados de momento porque aínda faltan por recibir algúns deles por parte dos proveedores. Tan pronto como se reciban convocarase ás familias para que poidan retiralos.

REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS DO ALUMNADO

Ao longo do mes de setembro o titor ou titora de cada grupo clase manterá unha reunión informativa inicial cos pais e coas nais do alumnado, para tratar aspectos relacionados coa organización do curso escolar.

O calendario destas reunións será o seguinte:

 

- 6 de setembro:

  • 4º de educación infantil (3 anos), ás 19:00 horas, na sala multiusos do centro.
  • 5º de educación infantil (4 anos), ás 17:00 horas, na sala multiusos do centro.
  • 1º de educación primaria, ás 16:00 horas, nas aulas de primeiro (no 1º andar).

 

- 13 de setembro:

  • 2º de educación primaria, ás 16:00 horas, nas aulas de 2º (no 1º andar).
  • 3º de educación primaria, ás 16:00 horas, nas aulas de 3º (no 1º andar).
  • 5º de educación primaria, ás 16:00 horas, na sala multiusos do centro.
  • 6º de educación primaria, ás 16:00 horas, nas aulas de 6º (no 1º andar).

 

- 20 de setembro:

  • 6º de educación infantil (5 anos), ás 16:00 horas, na sala multiusos do centro.
  • 4º de educación primaria, ás 17:30, na sala multiusos do centro.

 

Nos próximos días seguirase publicando nesta páxina web información de interese de cara ao inicio de curso.

VACACIÓNS DE VERÁN

O CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso permanecerá pechado ao público entre o 27 de xullo e o 31 de agosto, ámbolos dous días incluídos. 

Feliz verán a toda a comunidade educativa.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTAXES DE ALUMNADO BENEFICIARIO

Dende o 11 de xullo están expostas, no taboleiro de anuncios do Colexio, as listaxes do alumnado beneficiario de axudas para libros de texto e material escolar, correspondentes ao Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2022-2023. 

Poderanse presentar reclamacións no centro educativo entre o 12 e o 13 de xullo.

O próximo venres, 15 de xullo, publicaranse no taboleiro de anuncios as listaxes definitivas.

 

MATRICULACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023

 

O alumnado admitido para o próximo curso no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño. A documentación a presentar no momento de matricularse será a seguinte: 

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado.  Poderá recollerse na secretaría do centro ou descargarlo na páxina web.
  • Fotocopia da tarxeta ou carnet de asistencia sanitaria.  Ambas caras da tarxeta deberán ir na mesma cara da fotocopia.
  • Catro fotografías tamaño carnet, con nome e apelidos pola parte posterior.
  • Certificación académica (XADE) do centro de procedencia do alumno/a, na que se especifique se promociona ou non (excepto para o alumnado de 4º de Educación Infantil).
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.

 

Como documentos adxuntos poden atopar o impreso de matrícula e outra documentación de interese relacioanada coa nova incorporación ao centro.

 

Convócase aos proxenitores do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil (3 anos)  a unha reunión para o 28 de xuño ás 12:30, debendo acudir a ela sen os nenos ou nenas.

Distribuir contido


by Dr. Radut