Skip to Content

Secretaría

PRIMEIROS AUXILIOS

Na última semana do primeiro trimestre desenvolveuse no colexio unha actividade educativa de primeiros auxilios. Foi impartida por persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde para alumnado de cuarto de educación primaria. 

Picando na seguite imaxe poderase ver un video que recolle diversos momentos da actividade.

 

FELIZ NADAL

Para toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Amadeo Roddríguez Barroso

 

Feliz Nadal

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, está en marcha o procedemento para a celebraciónde eleccións de membros do Consello Escolar do Centro. Nos seguintes enlaces pode consultarse a información e documentación referente ao mencionado proceso.

1.- Resolución pola que se establece o calendario electoral.

2.- Calendario electoral.

3.- Modelo presentación de candidaturas (sector pais/nais).

O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPA NA SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS

 

O 18 de outubro, martes, o alumnado de cuarto de educación primaria participou na SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS, organizada polo Concello de Ourense, acudindo á Praza Maior, onde se desenvolvían múltiples actividades programadas para nenos e nenas. Unha experiencia para gardar.

Podes ver un video da xornada se picas na seguinte imaxe:

 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. 

As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller este cheque adicional dende o próximo martes, 18 de outubro, na secretaría do centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O alumnado de 5º de educacación primaria recibiu a visita de un equipo de axentes medioambientais con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS (4 de outubro). Picando na imaxe pódense ver algunhas imaxes do acto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut