Secretaría

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023: PRESENTACIÓN DO CEIP PLURILINGÜE AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO

 

O próximo día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2022-2023. 

 

En edicións anteriores o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso organizaba unha serie de xornadas de portas abertas, con anterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, para que as familias interesadas puidesen coñecer o Proxecto Educativo do Centro e as súas instalacións. O contexto socio sanitario deste momento non permite desenvolver estas xornadas, porque o obxectivo prioritario do centro agora mesmo é minimizar todo canto sexa posible os riscos de infección do Covid-19 para alumnado, profesorado e demais persoal do centro.

 

Sen embargo, preparamos un pequeno vídeo que ás familias interesadas lles permitirá asomarse ao que quere ser o noso centro. Así, poderán facerse unha idea sobre as liñas prioritarias que guían a nosa actividade educativa e as instalacións nas que esta se desenvolve. Poden visualizalo premendo na inmaxe que aparece abaixo.

 

Con todo, se precisan máis información da que vai aparecendo nesta páxina web, poden chamar, en horario de tarde, ao número 988 783 047. Buscaremos a maneira de que reciban toda a informeción que poida ser do seu interese.

 

ACTUALIZACIÓN DE PROTOCOLOS COVID-19 PARA CENTROS EDUCATIVOS

Como consecuencia da evolución da pandemia nas últimas datas, o Ministerio de Sanidade publicou novos protocolos para a  xestión epidemiolóxica en centros educativos. Os aspectos principais a ter en conta son os seguintes:

• As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento. Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

• Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

• A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

• Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

• Os centros de educación especial considéranse contornos vulnerables e aplícaselles o indicado na Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control.

 

Pódese consultar información máis detallada nos seguites enlaces (publicados no apartado COVID-19 da páxina web do colexio):

 

- Protocolo COVID-19 en centros educativos (actualizado a 14-01-22).

- Adaptación da guía de actuación ante casos COVID-19 en centros educativos (08-01-22).

- Reforzo e adaptación de medidas de prevención COVID-19 en centros educativos (08-01-22).

- Protocolo de vixilancia e control fronte ao COVID-19 no ámbito educativo (14-01-22).

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023: PRIMEIRA FASE:PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES EN CENTROS ADSCRITOS PARA CURSAR A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O día 11 de xaneiro, de acordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, iníciase o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 en centros docentes sostidos con fondos públicos. Actívase así a primeira fase do procedemento para RESERVA DE PRAZA en centros adscritos para alumnado que cambie de etapa. No caso do noso centro aféctalle ao alumnado de 6º de primaria que desexe cursar 1º da ESO nun dos institutos aos que estamos adscritos: IES Otero Pedrayo ou IES Universidade Laboral.

Os interesados deberán presentar solicitude de reserva de praza no prazo comprendido entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

As solicitudes poderanse presentar:

- No CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (en formato papel), logo de cubrir o formulario correspondente que se pode recoller no centro ou descargalo picando no anexo desta nota informativa.

- Telematicamente, a través da aplicación ADMISIONALUMNADO, seguindo as orientacións que alí se indican.

 

Pódese obter máis información no seguinte enlace da Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Distribuir contido