Skip to Content

Secretaría

OS REIS MAGOS PASARON POLO COLE


Os Reis no cole - Kizoa Movie Maker

FELICES FESTAS !!!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: CANDIDATURAS DO SECTOR NAIS/PAIS

Rematado o prazo de presentación de candidaturas a membros do Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso, a Xunta Electoral, en reunión celebrada o 15 de novembro, resolveu proclamar as seguintes candidaturas do sector pais/nais:

  • González Aira Cristina
  • Martín Bermejo José Angel
  • Méndez López Adrián
  • Vázquez González Elia María

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2021-2022

De acordo coa Orde do 28 de outubro de 2021, o centro educativo distribuirá máscaras para o alumnado de educación primaria que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar, sen que para elo deba presentar ningún tipo de solicitude.

Ademais, o alumnado de educación primaria do centro que non teña recibido a axuda para material escolar tamén poderá solicitar a distribución de máscaras, sempre e cando cumpra algún dos seguintes criterios:

  • Pertencer a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Ter unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 15 ao 26 de novembro. As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Pódese consultar toda a información ou descargar os formularios de solicitude nos arquivos adxuntos.

FESTA DO MAGOSTO 21

Distribuir contido


by Dr. Radut