Skip to Content

MATRICULACIÓN DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O PRÓXIMO CURSO 2023-2024

O alumnado admitido para o próximo curso no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño. A documentación a presentar no momento de matricularse será a seguinte: 

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado.  Poderá recollerse na secretaría do centro ou descargarlo na páxina web.
  • Fotocopia da tarxeta ou carnet de asistencia sanitaria.  Ambas caras da tarxeta deberán ir na mesma cara da fotocopia.
  • Catro fotografías tamaño carnet, con nome e apelidos pola parte posterior.
  • Certificación académica (XADE) do centro de procedencia do alumno/a, na que se especifique se promociona ou non (excepto para o alumnado de 4º de Educación Infantil).
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.

 

Como documentos adxuntos poden atopar o impreso de matrícula e outra documentación de interese relacioanada coa nova incorporación ao centro.

 

Convócase aos proxenitores do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil (3 anos)  a unha reunión para o 27 de xuño ás 12:30, debendo acudir a ela sen os nenos ou nenas.

AdxuntoTamaño
ANEXO_III_1.Formalización de matrícula. pdf.pdf128.45 KB
Autorizacion_imaxes.pdf765.41 KB
Carta_familias_4º_infantil.pdf522.48 KB
Diptico-presentación_abalarMobil familias.pdf537.25 KB
Lingua_materna.pdf673.25 KB


page | by Dr. Radut