MOVÉNDONOS POLO COLE

O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou a interpretación de planos co mapa do centro. Foise movendo polos distintos espazos para ubicarse, traballando a orientación espacial.

CONTANDO CA FROITA

Aproveitando o programa de distribución de froita do FOGGA, a profe Carlota realizou co alumnado de 6º nivel de educación infantil unhas actividades de conteo dirixidas ao desenvolvemento da lóxica-matemática.

Os/as nenos/as clasifican e asocian número e grafía partindo de materiais de uso cotiá (alimentos neste caso).

Noraboa!

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 1 ao 20 de marzo de 2023 (ambos inclusive) de xeito presencial no centro escolar ou na sede electrónica.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

-SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente crumprimentada e asinada.

-Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos: cumprimentarse de forma manual recollendo o Anexo II no centro (tamén se pode descargar nos arquivos adxuntos e cumprimentalo de xeito manual na casa para, posteriormente, entregalo no centro).

-Cubrilo dende a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

-Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B&ano=2022&numpub=1&lang=gl

-DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DA IDADE DO/A ALUMNO/A (copia do libro de familia ou do DNI do alumno/a).

-COPIA DO CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, se é o caso.

-SÓ EN CASO DE CAMBIO DE CENTRO: documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.

Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos mesmos e fotocopias (incluído o DNI).

 

HORARIO DE SECRETARÍA E DIRECCIÓN do 1 ao 20 de marzo:

-Luns: de 08:55 h a 09:55h e de 12:35 h a 13:15 h.

-Martes: de 10:45 h a 11:35 h e de 13:15 h a 14:05 h 

-Mércores: de 12:05 h a 14:05 h.

-Xoves: de 10:45 h a 11:35 h e de 13:15 h a 14:05 h.

-Venres: de 10:45 h a 11:35 h e de 12:05 h a 13:15 h.

No caso de ter impedimentos para acudir neste horario, póñanse en contacto con nós por vía telefónica ou por correo electrónico.

Toda a documentación e normativa pode descargarse nos arquivos adxuntos, así como no taboeiro do centro.

 

CALENDARIO DE DATAS

-Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

-Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

-Presentación acreditativa dos criterios alegados en caso de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

-Publicación das listaxes provisiones de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

-Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

-Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

Día de Rosalía

O Día 23 de Febreiro celébrase o Dïa de Rosalía, polo que o noso alumnado traballou sobre a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras de Galicia baixo o lema #cumpriuseaxustiza.

Por ciclos o noso alumnado elaborou diferentes textos escritos sobre as súas emocións do día a día, pequenos poemas e manifestos relacionados cos poemas de Rosalía e as inxustizas que se denotan na nosa sociedade.

Todo esto deu lugar a unha fermosa creación exposta no corredor principal do noso centro. 

Ademáis, en colaboración co concello de Carballo, todo o centro acudirá á inaguración do Parque de Rosalía ó carón do Río Anllóns, no que o noso alumando lerá un pequeno manifiesto e algunhas das súas creacións deste mural.

Esperamos que vos guste! 

   

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Queridos e queridas colegas, hoxe queremos celebrar con vós o Día Mundial da Radio que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. Para elo, Radio CristiNuna aproveitou o poder das ondas para preparar unhas actividades moi fermosas sobre a paz e a armonía.

A primeira delas, xirou arredor dos "Sons da Paz", unha tertulia na que @s nos@s xornalistas organizaron un coloquio no que participou José Carbia, antigo mestre de educación musical do centro e integrante do grupo de rock "Os John Deere" da Estrada (Pontevedra). Abordaron o tema da paz desde un punto de vista musical e con algúns exemplos de cancións que tratan sobre os dereitos das persoas ou o bullying. Descargade o audio nos arquivos adxuntos!

A segunda actividade foi máis lúdica e igual de apetecible: "O Rosco da Paz". O alumnado de 5º e 6º nivel de primaria participou neste xogo, no que imitando ao clásico Pasapalabra, intentaba averiguar os conceptos a partires da letra inicial. Que ben o fixeron!

Por último, e tendo en conta que a temática do proxecto deste curso xira arredor da saúde, @s xornalistas estruturaron unha entrevista arredor do deporte e dos hábitos de vida saudables. O entrevistado foi o noso mestre de educación física, Suso. O programa, baixo o título de "Xogo Limpo", permitiu coñecer algo máis sobre o que nos aporta o deporte e a importancia de practicar calquera tipo de actividade física. Descargade o arquivo para escoitar a entrevista!

 

 

EXHIBICIÓN CINOLÓXICA

Impresionante a exhibición de hoxe a cargo do equipo cinolóxico do exército! Pero que ben adestran aos cans!

O alumnado do noso centro disfrutou dunha demostración con media ducia de cans (Bond, Alí, Skull, Delta, Scapi e Loco) especialistas en seguridade e combate, detección de explosivos ou de drogas e estupefacientes, procedentes de Parga, Asturias, Astorga e Burgos.

Pincha AQUÍ  para acceder á nova na prensa.

 

OS MANDADIÑOS DO MECO

Preparados para o Entroido? O Meco xa pensou nos seus mandados. Aquí volos deixamos!

 

ENTROIDO

O 17 de febreiro celebraremos no noso centro o Entroido, cun desfile de disfraces e unha degustación de produtos típicos desta época de festexos. 

 

Con todo… Que coñecemos do noso entroido? Celébrase igual en todas as partes de Galicia? 

 

Ao longo deste post descubrirás un pouco máis sobre a nosa historia, indagando nos diversos Entroidos de Galicia. Para os máis peques contamos coa axuda dos Bolechas, que nos guiarán nesta aventura. 

 

Ademais, dende o equipo de EDLG deixámosvos varias propostas de actividades: dende traballar a descrición dos disfraces de cada localidade ata un memori para imprimir e poñer a proba os vosos procesos cognitivos básicos como son a atención, a percepción e a memoria.

 

Con este pequeno post queremos recalcar a importancia do noso proxecto “Medrando en saúde na Cristina” xa que o Entroido pódese celebrar seguindo a nosa tradición de bailes ao aire libre, compartindo risas e momentos divertidos con amig@s e familia.

 

Un saúdo e esperamos que vos guste!

 

 
 
 

PATIOS DINÁMICOS

O noso centro vén de propoñer unhas novas dinámicas para o tempo de lecer. Como non tod@s somos iguais nin a tod@s nos gustan os mesmos xogos, deseñamos actividades lúdicas que fomentan a cohesión de grupo, a cooperación e a creatividade. 

Partimos da metodoloxía visual para chegar tamén a tod@s aquel@s que len por imaxes.

 

 

RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMENTOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

gif corredores

Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 17 de Marzo en Ferrol, comezamos o próximo mércores 1 de Febreiro os adestramentos.

Aqueles nenos/as que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.
 
Adestraremos  todos  os martes, mércores e xoves.

Anímate!

VENRES ARTÍSTICOS EN INFANTIL

A educación artística é un dos recursos fundamentais para a aprendizaxe. A través dela, os máis pequenos/as son capaces de comunicarse, de expresar as súas emocións, as súas preocupacións e de liberar os seus sentimentos xa que se traballan distintas linguaxes comunicativas.

AS CORES DA PAZ

Ao longo de toda a semana anterior estivemos traballando sobre os distintos tonos de pel, facendo autorretratos para comprobalo. Estas son as nosas cores, as cores do noso centro, as CORES DA CRISTINA!

 

 

 

 

 

COR CARNE

O mar ten moitos tonos de azul. E se non existe unha única cor carne? 

Esta pregunta é a que nos plantexamos despois da lectura do libro "Color Carne" de Desirée Bela-Lobedde. A autora propón unha entrañable historia que nos fai reflexionar sobre os mil e un tonos de pel e sobre a importancia de ser tolerantes e celebrar que tod@s somos igualmente diferentes.

"Color carne" será o punto dende o cal estruturaremos as actividades a desenvolver para conmemorar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o vindeiro 30 de xaneiro.

Para ir quentando motores, a coordinadora do EDLG propón un genially titulado "Cor de Pel". Pinchade AQUÍ ou na imaxe para comezar!!


Visita a Domus polo alumnado de 1º ciclo

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou a Domus o Venres 13 de Xaneiro. No museo interactivo aprenderon sobre:

- Bocados: Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñerlles fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

- Xogo de neuronas: Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

- Xenética: Investiga que é a enxeñaría xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descubre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades das persoas visitantes arredor dun tema científico de continua actualidade.

- Evolución: Descubre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e as persoas investigadoras de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humanana exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

- Dando a luz:  imaxes de dous nacementos. É un momento único no que se mesturan a dor, a alegría e a emoción. A experiencia varía dunha muller a outra, dependendo da sensibilidade, as expectativas e a contorna que a rodea. Para o/a bebé, o propio nacemento é un acontecemento dunha intensidade extraordinaria. O choque de adrenalina contrarresta a falta de osíxeno na etapa final e prepara a/o bebé para o cambio repentino á respiración cos seus pulmóns.

Ademáis, o noso alumnado disfrutou da súa merenda nun comedor cunhas vistas espectaculares ó mar. 

 

Sen dúbida repetiremos! 

 

DESFRUTA COAS FROITAS E OS LÁCTEOS!

O noso centro participa no "Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite" da Unión Europea, amparado pola Consellería do Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria. Este iniciativa anima a consumir produtos lácteos e fomenta a dieta equilibrada, ademais do establecemento de hábitos alimenticios saudables.

Hoxe comezou o primeiro reparto de leite líquida  co selo "Galega 100%" entre a rapazada, colleitando un éxito rotundo!

 

 

Distribuir contido