RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Clasificaciones Archivos - Página 3 de 15 - Golf Costa Azahar Castellon

 

 A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións dos centros educativos que participaron no Campionato Intercomarcal  de campo a través escolar, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  trece nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial , que se celebrará o próximo venres 17 de Marzo en Ferrol.

Noraboa a todos/as!

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL 

HUGO CASTRO LADO (5º Benxamín masculino)

               XURXO PEREIRO MÉNDEZ (7º Benxamín masculino)

                                                                                      NOA LEMA FERNÁNDEZ (2ª Benxamín feminino)

MARA GARCÍA SUÁREZ (7ª Benxamín feminino)

JULIA GARCÍA REMUIÑÁN (1ª Alevín feminino)

LUNA LORENZO ANTELO (7ª Alevín feminino)

NURIA CASTRO GARCÍA (4ª Infantil feminino)

 

                                                  *CLASIFICAN OS/AS 10 PRIMEIROS/AS ATLETAS DE CADA CATEGORÍA.


EQUIPO INFANTIL MASCULINO

2º CLASIFICADO

HUGO GARCÍA CASTRO

NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ

MAURO FIGUEIRA QUEIRO

ROMÁN RAMA MARTÍNEZ

RODRIGO RAMA MALLO

MANUEL POMBO MIRA

 

                                * CLASIFICAN OS DOUS MELLORES EQUIPOS DE CADA CATEGORÍA.

A CONQUISTA DOS CORREDORES

Por mor da Alerta Laranxa e as condicións climatolóxicas adversas, hoxe non saímos ao patio pero non nos fixo falla xa que disfrutamos de momentos moi especiais á caloriña.

Velaquí un vídeo onde pode observarse ao alumnado de infantil practicando o xogo simbólico, aproveitando os amplos corredores do centro.

GRAN PAPEL DOS NOSO/AS ATLETAS NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

De moi boa se pode calificar a participación dos/as atletas do noso colexio no Campionato Intercomarcal de campo a través celebrado esta mañá no parque de Acea da Má(Culleredo), xa que, agardando a que Deporte Escolar publique as clasificacións definitivas, teremos unha nutrida representación no Campionato Provincial que se celebrará o vindeiro 17 de Marzo  en Ferrol.
 
Destacar o excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
 
Moitas Grazas! 
 
Noraboa a     todos/as polo voso esforzo!!!!
FOTO DE TODO O EQUIPO

 EQUIPO BENXAMÍN FEMININO

 EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO
 

EQUIPO ALEVÍN FEMININO

 
UXÍA E NURIA INFANTIL FEMININO
 

EQUIPO INFANTIL MASCULINO

 

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO IES MONTE NEME PARA O CURSO 2023/24

Ábrese o prazo para reservar praza no IES Monte Neme dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Este abrangue dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As familias poderedes cumplimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (serán entregadas ao alumnado) ou a través da aplicación "Solicitudes > Reserva > Crear" no seguinte enlace.

Dita solicitude deberase presentar no noso centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para a que se precisará de Chave365 ou certificado dixital no prazo enriba indicado. 

Se non se desexa solicitar praza no IES adscrito, non se deberá cubrir dita solicitude. 

Adxúntanse os modelos en galego e castelán, así coma un resume das distintas opcións de presentación.

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O próximo sábado 14 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque de Acea da Má(CulleredoCampionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán vinte e seis alumnos/as do noso centro.

Os nenos/as  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 9.30 horas desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  13 e as 13.15 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída. 

Moita sorte a todos/as! 

BO NADAL!

 

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina deséxavos un BO NADAL e un 2023 cargado de ledicia e saúde. Queremos  expresar o noso agradecemento a todas as familias pola vosa implicación e compromiso e, principalmente, aos grandes protagonistas: os vosos fillos/as. 

Desfrutade das festas con responsabilidade e alegría compartida.

BO NADAL!

CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada onte, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, vinte  e seis nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o sábado 14 de Xaneiro do 2023, no circuito do parque  de Acea da Má( Culleredo)

Ás cinco medallas colleitadas, e á clasificación de dúas atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos dous primeiros e dous segundos postos.
 
Noraboa a todos/as!
 

RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL 

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

                                                                                           UXÍA PEREIRO MÉNDEZ  (4ª Infantil feminino)

NURIA CASTRO GARCÍA ( 6ª Infantil feminino) 

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

BENXAMÍN MASCULINO 1º CLASIFICADO

GAEL MÉNDEZ ABELENDA

HUGO CASTRO LADO

XURXO PEREIRO MÉNDEZ

XIÁN ROMERO VARELA

XAVI SOLÉ RODRÍGUEZ

MANUEL ALLONES CASTRO

BENXAMÍN FEMININO 2º CLASIFICADO

NOA LEMA FERNÁNDEZ

MARA GARCÍA SUÁREZ

NOA OTERO MELLA

MARTINA RODRÍGUEZ TORRADO

MARTINA LAVANDEIRA POSE

KHAOULA JOUHARI

ALEVÍN FEMININO 2º CLASIFICADO

JULIA GARCÍA REMUIÑAN

PAULA BOLÓN COTELO

CARLA TRIGO MATO

LUNA LORENZOANTELO

VICTORIA RAMOS VARELA

LUCÍA LOIS COUSILLAS

INFANTIL MASCULINO 1º CLASIFICADO

HUGO GARCÍA REMUIÑAN

ROMÁN RAMA MARTÍNEZ

NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ

MAURO FILGUEIRA QUEIRO

RODRIGO RAMA MALLO

MANUEL POMBO MIRA

DESTACADO PAPEL DOS NOSOS/AS ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

Despois de dous anos de parón pola pandemia, hoxe celebrouse de novo a Fase local de campo a través escolar, onde un ano máis, os nosos/as atletas tiveron un destacado  papel na proba celebrada no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.
 
O noso centro estivo representado por 99 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Noa Lema, Gael Méndez e Hugo García; e as  de prata de Julia García e Hugo Castro.
 
 
A todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as e  posiblemente  dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o  sábado 14 de Xaneiro do 2023 no circuito de Acea da Má ( Culleredo).
    
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas  ás mestras  Marta, Sonia e Lucía, polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!
 
Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
 
Moitas Grazas! 
 
Noraboa a tod@s polo voso esforzo!
 
 
EQUIPO INFANTIL MASCULINO
 
 
EQUIPO INFANTIL FEMININO
 
EQUIPO ALEVÍN FEMININO
 
EQUIPO ALEVÍN MASCULINO

EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO



EQUIPO BENXAMÍN FEMININO



GAEL E HUGO, PRIMEIRO E SEGUNDO CLASIFICADO 
BENXAMÍN MASCULINO
 
 
NOA LEMA PRIMEIRA  CLASIFICADA

BENXAMÍN FEMININO 

 
JULIA GARCÍA SEGUNDA  CLASIFICADA
ALEVÍN FEMININO 
 
 
HUGO GARCÍA PRIMEIRO CLASIFICADO INFANTIL 
MASCULINO 
 

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2022

Carrera De Campo Través Vectores Libres de Derechos - iStock

Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 99 atletas do noso centro,os que participarán mañá martes 20 de decembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade.
 
As probas desenvolveranse no circuito permanente do polígono industrial de Craballo.
 
Os horarios das probas serán  os seguintes:
 

11.00:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.30:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.15:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!

VISITA DO ALUMNADO DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL AO HIPERMERCADO CARREFOUR

COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS

Este martes os nosos/as alumnos/as de 5º e 6º de primaria sentíronse coma auténticos políticos e políticas xa que realizaron unha visita guiada ao Parlamento e á Xunta de Galicia para coñecer o seu funcionamento, facilitando así a comprensión da separación de poderes propia das democracias. Así mesmo, estas dúas institucións asumiron os custos do desprazamento.

 

FINALISTAS DO CERTAME "CONTOS DE NADAL"

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos de noraboa!! As nosas alumnas de 3º nivel de educación primaria, Valeria Martínez González e Mara García Suárez, resultaron condecoradas no certame "Contos de Nadal" coas historias que levaban por título "Que listas son as avoas" e "Na Costa da Morte os desexos cúmprense", respectivamente.

O acto de entrega de premios celebrarase na Casa da Cultura de Cee o sábado día 17 ás 12:00 h. 

Pinchade AQUÍ para ver a nova online na páxina da Voz de Galicia.

Noraboa a estas campionas! Sentímonos moi orgullosas delas! Bravo!!

Descargade os arquivos en audio para escoitar as súas historias!

 

 

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O Clube Balonmán Xiria acaba de enviarnos o dossier detallando a excursión de fin de curso a Madrid, dirixida ao alumnado de 6º de EP. Dito documento figura como adxunto, co cal podedes descargalo.

A viaxe, nun principio, sería desde o 26 ata o 30 de xuño, cun custe aproximado de 450 euros. Como todos os anos, aos rapaces e rapazas facilitaráselles unha serie de talonarios, con rifas, para axudarlles no custe desta saída.

Para poder falar cos organizadores sobre dita viaxe, pasámosvos o seu contacto:

balonmanxiria@gmail.com
administracion@balonmanxiria.com

O clube estimou como prazo para inscribirse ata este mércores 14 de decembro, para que así os rapaces e rapazas poidan ter as rifas para poder vendelas nas vacacións de Nadal.

 

O link para inscribirse é o seguinte:

 
Se o estimades oportuno, tamén se podería desenvolver unha reunión nas instalacións do centro coa responsable da excursión.

XOGANDO COA LUZ

Os xogos coa luz permiten xerar un clima de experimentación e creatividade. Ao longo deste curso publicaremos actividades para xogar coa luz, co simple obxectivo de pasalo ben e de explorar as múltiples posibilidades deste material tan máxico e atraínte. Ollade neste vídeo como os nosos pequenos/as de tres anos xoguetean e se divirten coa luz!!! 

 

 

OBRADOIRO DE ENREGUÉIFATE COS PEQUENOS/AS DE INFANTIL

Que obradoiro tan especial tiveron o Josinho e a Lorena cos pequerrechos e pequerrechas de 4º de Educación Infantil!! Están feitos todos uns regueifeiros e regueifeiras!! Noraboa campións!!

Pinchade aquí para acceder ao enlace de Enreguéifate en Instagram

Distribuir contido