Feliz Samaín!

Os/as mestres/as e alumnos/as co CEIP Plurilingüe A Cristina queren desexarvos un Feliz Samaín a todos/as con este vídeo. Disfrutade destes días e vémonos o mércores próximo!!! Happy Halloween!!!

 

                       

 

DÍA DO ENSINO

Lembrámosvos que o vindeiro LUNS, 31 DE OUTUBRO (por mor do día do Ensino) e  MARTES, 1 DE NOVEMBRO (festividade nacional) son DÍAS NON LECTIVOSpolo que o centro educativo estará pechado ambos días.

As clases reiniciaranse o MÉRCORES, 2  DE NOVEMBRO no seu horario habitual.

Un saúdo.

 

Masterchef na Cristina

Os/as chefs de quinto e sexto prepararon unhas deliciosas galletas de chocolate. Que pintaza!

Samaín saudable

Botádelle un ollo á receita que van preparar os nosos chefs de quinto e sexto de primaria o vindeiro luns. Para chuparse os dedos!

Aprendendo a coidarnos

Seguindo coas actividades enmarcadas dentro do proxecto "Medrando en saúde na Cristina" e incluídas no "Plan para a promoción dun estilo de vida saudable" este venres o alumnado de primaria recibiu a visita de Roi, un antigo alumno do centro que exerce como nutricionista na actualidade.

Roi explicounos como foron modificándose os hábitos alimenticios ao longo da historia, as diferentes alternativas que hai para elaborar almorzos saudables e os catro grandes grupos de macronutrientes. Ademais, puidemos comprobar a cantidade de azucre que teñen algunhas bebidas.

Saída a Biblioteca Rego da Balsa

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria foi convidado á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo para escoitar as historias de Lilí Gruyére.

 

Os nenos e nenas pasaron un tempo moi entretido escoitando as historias de Lilí, procedente de Lonxedetodo, que cantou co seu Coelliño Branco, fixo pasatempos e ensinounos 3 contos moi especiais. 

 

Moitas grazas pola invitación! Foi un pracer!  Lilí, esperámoste de novo! 

   

Natillas Frankestein

Preparados/as para a noite máis terrorífica do ano? Os/as alumnos/as de 4º son uns pequenos chefs e prepararon unhas natillas monstruosas: as natillas Frankenstein!!

 

 

Dedos de bruxa

Animádevos a preparar estes divertidos e terroríficos dedos de bruxa para a noite de Samaín. Ao alumnado de 3º de primaria quedáronlles deliciosos!

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

O DOG vén de publicar, no día de hoxe, a Resolución do 5 de outubro pola cal se concede directamente a ampliación da axuda para adquirir material escolar (Orde do 29 de abril de 2022).

Dita resolución establece que aqueles/as que fóstedes beneficiarios/as do vale para adquirir material escolar por importe de 50 € para o presente curso, recibiredes un vale adicional de 25 €. 

O vale debe empregarse na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

A dirección do centro enviará unha mensaxe a través da aplicación ABALAR indicando as datas de recollida do vale.

Grazas de antemán.

SAMAÍN SAUDABLE

O vindeiro luns día 17 o alumnado de terceiro e cuarto seguirá sumando receitas. Ollade o que van preparar!

UN CONTO PARA SAMAÍN

No expositor de contidos da biblioteca do centro atoparedes unha selección de lecturas cheas de sorrisos e terrorificamente divertidas para Samaín.

NOVAS RECEITAS DE SAMAÍN SAUDABLE

O alumnado de primeiro elaborou unhas arañas de avena e coco, mentres que os/as cociñeiros/as de segundo empregaron o micro para facer un mug cake de plátano e chocolate. Uuuuummmm! Delicioso!!

Canción para Samaín

Ollo con este temazo para celebrar o Samaín!!! É orixinal do noso compañeiro José, mestre especialista en educación musical. A letra combina o inglés e o galego xa que somos centro plurilingüe, cuns tintes roqueiros dignos das grandes estrelas musicais. A que esperades para cantala! 

Noraboa compañeiro e grazas por compartir o teu talento con nós!

 

 

 Pinchando na imaxe, escoitaredes a melodía. Nos arquivos adxuntos podedes descargar a canción e a letra. Todos/as a cantar!

 

Chuches terroríficas sen azucre

 

Noraboa ao alumnado de 5º nivel de educación infantil por esta receita tan saborosa!!

SAMAÍN E MAGOSTO

Ola a todos e todas! Como xa sabedes o 28 de outubro celebrarase no noso centro a festividade de Samaín e de Magosto, por fin sen restricións pola COVID 19! 

 

Este ano realizaremos a merenda de castañas asadas e xogos tradicionais relacionados ca temática das castañas. 

 

Dende o EDLG elaborouse un tríptico con información relativa ó magosto e a información nutricional das castañas, para a promoción de estilos saudables de vida, xa que garda especial relación co proxecto de centro titulado “MEDRANDO EN SAÚDE”. Ademais, celebraranse durante todo o mes diferentes talleres sobre merendas terroríficas e saudables da man de “Atelier Arabela”.  

 

Por último, pero non menos importante, para a decoración do centro solicitamos colaboración entre as familias para elaborar máscaras terroríficas na casa.

 

Acordádevos que o día 28 de outubro podedes asistir ao centro vestidos ca vosa roupa máis terrorífica. 

 

Un saúdo!

 

Tríptico Magosto EDLG


Leer más publicaciones en Calaméo

Distribuir contido