Gallego

Cansat

Summary: 

2 de xuño: segunda xornada na fase galega!
Gallego

O pasado 26 de maio de 2021 tivo lugar no Aeródromo de Rozas (Lugo) o lanzamento dos satélites na fase galega da iniciativa Cansat.

Podedes ver toda a xornada de lanzamentos na canle de YouTube do CAFI. Asemande, tedes ao voso dispór toda a información ao respecto na páxina de agueiro: Cansat 2021. De Galicia ao espazo e nas redes sociais nos cancelos #cansat e #cansatgal.

O 2 de xuño terá lugar a entrega de premios. Seguiremos informando! 

Cansat_gal

Agueiro: solicitude para o centro

Summary: 

Para solicitar que o centro dispoña de Agueiro, a dirección do propio centro educativo deberá facer unha solicitude por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo agueiro@edu.xunta.gal e indicando os datos persoais da persoa (docente do centro) designada como responsable e administradora desta nova “Comunidade Educativa Virtual” dentro de Agueiro. Non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.
Gallego

Data: 

21/05/2021

Áreas-CAFI: 

G2002140 - Educación Dixital. Curso 2020-2021

Summary: 

Programa da xornada Educación Dixital 2021.
Gallego

Vimos de vivir un tempo revolto onde a tecnoloxía, antes reservada a aquelas persoas máis mañosas con ela, converteuse no eixo principal da educación. Esta situación conlevou que todo o profesorado, incluso aquelas persoas que non tiñan soltura, se tiveran que adaptar rapidamente, reinventando as súas metodoloxías e o xeito de dar aulas. Púxose de manifesto a enorme resiliencia do profesorado e as habilidades que moitas persoas crían que non tiñan, que converteron os nosos mestres e mestras en superheroes e superheroínas que contan agora cunha mochila chea de recursos e aprendizaxes cos que motivar ó alumnado.

Nesta xornada pretendemos sacar do anonimato a docentes superheroes e superheroínas, ‘superdocentes’, que levaron a cabo boas prácticas na aula, poñendo as TIC ó servizo da metodoloxía para proporcionarlle ó seu alumnado a mellor das experiencias.

A educación dixital agora máis presente ca nunca! 

Consulta aquí o programa do vindeiro sábado, 8 de maio. (Máis información). 

Data: 

08/05/2021

Áreas-CAFI: 

G2002140 - Educación Dixital. Curso 2020-2021

Summary: 

Aínda estás a tempo de inscribirte!! Data límite de inscrición: xoves, 6 de maio de 2021.
Gallego

Vimos de vivir un tempo revolto onde a tecnoloxía, antes reservada a aquelas persoas máis mañosas con ela, converteuse no eixo principal da educación. Esta situación conlevou que todo o profesorado, incluso aquelas persoas que non tiñan soltura, se tiveran que adaptar rapidamente, reinventando as súas metodoloxías e o xeito de dar aulas. Púxose de manifesto a enorme resiliencia do profesorado e as habilidades que moitas persoas crían que non tiñan, que converteron os nosos mestres e mestras en superheroes e superheroínas que contan agora cunha mochila chea de recursos e aprendizaxes cos que motivar ó alumnado.

Nesta xornada pretendemos sacar do anonimato a docentes superheroes e superheroínas, ‘superdocentes’, que levaron a cabo boas prácticas na aula, poñendo as TIC ó servizo da metodoloxía para proporcionarlle ó seu alumnado a mellor das experiencias.

A educación dixital agora máis presente ca nunca! 

Aínda estás a tempo de inscribirte na xornada en fprofe co código G2002140!!

Consulta aquí o programa do vindeiro sábado, 8 de maio. (Máis información). 

 

 

Entrada_ED

Webinario "Facer eTwinning en EOI"

Summary: 

Webinario de formación dirixido a profesorado de EOI
Gallego

O 28 de abril tivo lugar o 5º webinario de formación do proxecto Erasmus+ SBLENDID, que une ao CAFI e ás Escolas Oficiais de Idiomas galegas nun consorcio para abordar os retos do ensino semipresencial. Esta sesión, impartida por Carmen Fernández, coordinadora do proxecto na EOI Coruña e experta en eTwinning, centrouse en como abordar este tipo de proxectos no ensino de persoas adultas en EOI.

O webinario pode visualizarse na seguinte ligazón e tamén pode accederse á presentación compartida nestoutro acceso.

A última actividade do presente curso académico 2020/21 será unha xornada de difusión que terá lugar o día 6 de maio ás 11:00 da mañá onde as persoas participantes na segunda mobilidade do proxecto compartirán as súas aprendizaxes. Esa mobilidade, de carácter virtual, foi o curso "Pedagogos dixitais", impartido por Europass Teacher Academy e achegounos a varios aspectos esenciais do ensino semipresencial: as estratexias de apoio social e emocional, o traballo colaborativo en espazos virtuais, a creación de recursos interactivos e a avaliación nesta modalidade. De estares interesado/a en asistir, pregámosche que te inscribas na seguinte ligazón.

 

informacion_webinario_carmen_fernandez