Gallego

Listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2022/2023

Gallego

Xúntase a Listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2022/2023.

  • Ábrese un prazo de cinco días hábiles no que os centros poderán efectuar as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación ao enderezo electrónico asesoriadiomas@edu.xunta.gal

Relación provisional de seccións bilingües admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2022/2023

Gallego

Xúntase a Relación provisional de seccións bilingües admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2022/2023.
 

  • Ábrese un prazo de reclamación e alegación de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no enderezo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.gal

 

Colectivo: 

Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges presencial para o curso 2022/2023

Gallego

Achégase a Resolución do 20 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 de xullo ao 26 de setembro de 2022, ambos incluídos. 

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.  Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Escolar e a continuación, Programa EduExchanges presencial 2022/23. 

 

Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges en liña para o curso 2022/2023

Gallego

Achégase a Resolución do 20 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 de xullo ao 26 de setembro de 2022, ambos incluídos. 

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.   Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Escolar e a continuación, Programa EduExchanges en liña 2022/23. 

 

Programa GALIMIENS de intercambio de alumnado para o curso 2022/2023

Gallego

Resolución do 20 de xuño de 2022, da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa GALIMIENS de intercambio de alumnado de centros educativos de Galicia e da Région Académique Hauts-de-France durante o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Portal Educativo e rematará o 26 de setembro de 2022.

 

Colectivo: 

Lista provisional de centros admitidos no programa Plurinfantil, para o curso 2022/2023

Gallego

Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos no programa Plurinfantil para o curso 2022-2023.

  • Ábrese un prazo de reclamación e alegación de 5 días hábiles.  Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico centrosplurilingues@edu.xunta.es.

Ensinanza: 

Sección: 

Listaxe provisional de centros admitidos e excluídos para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2022/2023

Gallego

Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2022-2023.

  • Ábrese un prazo de reclamación e alegación de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico centrosplurilingues@edu.xunta.es.

Sección: 

Resolución do 10 de xuño de 2022, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Portal Educativo

Para realizar a solicitude debe accederse á aplicación https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

  1. Seleccionar PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO e o CURSO 2022-2023.
  2. Ir a LISTAXE PROGRAMAS e seleccionar Acreditación alumnado LE centros públicos
  3. A continuación, premer en SOLICITAR (non é preciso cubrir ningún dato), CREAR e despois GARDAR.
  4. Finalmente, deben premer en PRESENTAR.
  5. A continuación, deben ir ao depregable da esquerda, en LISTAR SOLICITUDES. Aparecerá a solicitude realizada e deben picar na columna ACCIÓN, na acción de editar (no lapis).
  6. A continuación, deben cubrir os datos do proxecto, no que só se lles solicitan os datos do alumnado que está interesado e se compromote a facer as probas. Unha vez cubertos estes datos deben premer en Rematar e enviar.

Ambos documentos poderán ser xerados desde a aplicación e ser gardados no centroNon deben entregar ningún documento.

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de setembro de 2022.

Colectivo: 

Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Gallego

Publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 31/01/2022).

Estas listaxes foron publicadas na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2022/2023

Gallego

Resolución do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2022.