Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges presencial para o curso 2022/2023

Xov, 30/06/2022 - 16:20

Achégase a Resolución do 20 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 de xullo ao 26 de setembro de 2022, ambos incluídos. 

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.  Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Escolar e a continuación, Programa EduExchanges presencial 2022/23.