Programa GALIMIENS de intercambio de alumnado para o curso 2022/2023

Xov, 30/06/2022 - 14:27

Resolución do 20 de xuño de 2022, da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa GALIMIENS de intercambio de alumnado de centros educativos de Galicia e da Région Académique Hauts-de-France durante o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Portal Educativo e rematará o 26 de setembro de 2022.