Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges en liña para o curso 2022/2023

Xov, 30/06/2022 - 16:12

Achégase a Resolución do 20 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 de xullo ao 26 de setembro de 2022, ambos incluídos. 

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.   Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Escolar e a continuación, Programa EduExchanges en liña 2022/23.