Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2022/2023

Lun, 09/05/2022 - 10:45

Resolución do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2022/2023.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2022.