Gallego

Lista provisional de centros admitidos no programa Plurinfantil, para o curso 2023/2024

pli
Gallego

Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.

  • Ábrese un prazo de reclamación e alegación de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico centrosplurilingues@edu.xunta.gal.

Ensinanza: 

Sección: 

Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/24

seccións bilingües
Gallego

Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2023. 

 

Acceso á aplicación informática do Programa de seccións bilingües

Colectivo: 

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024

cuale
Gallego

Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2023.

 

Acceso á aplicación informática do programa CUALE

Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

axudasle
Gallego

Publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 13/02/2023).
Estas listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao PIALE para o ano 2023

piale
Gallego

Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2023 (código ED305F). 

  • O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 28 de abril  ata o 22 de maio de 2023, ambos os dous incluídos.

Acceso á aplicación

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase Resolución provisional da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

 

Colectivo: 

Nomeamento do tribunal que avaliará a proba externa do programa Bachibac

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de abril de 2023, da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designa o tribunal que avaliará a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e de Baccalauréat para o curso académico 2022/2023.

Ensinanza: 

Sección: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2023/2024

plbach
Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

Acceso á aplicación

Ensinanza: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2023/2024

plinf
Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

Acceso á aplicación

Ensinanza: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023/2024

pl
Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

Acceso á aplicación