Skip to Content

Novas da Xunta

A Xunta convoca 174 contratos de investigadores predoutorais e posdoutorais para o desenvolvemento do seu labor científico en Galicia

Novas da Xunta - Dom, 25/02/2024 - 14:00

Summary: 

O obxectivo destas accións, ás que o Goberno galego destina 30,5M€, é contribuír a afianzar un sistema galego de investigación forte e especializado

Convócanse 102 bolsas predoutorais para contratos de catro anos, dotados con ata 30.000 euros/ano e ata 6.000 € para os tres meses de estadía no estranxeiro

Lánzanse 49 contratos posdoutorais de modalidade única, que pasan a ser de seis anos de duración co fin de facilitar a estabilización dos investigadores

Mantéñense 23 bolsas posdoutorais de continuidade para aqueles que xa iniciaron liñas de investigación propias, co fin de completar a súa formación durante tres anos

As tres accións forman parte do Plan iTransfer de Promoción da Investigación do Sistema Universitario de Galicia, dotado con 104M€ para 2024

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de dar luz verde a través do Diario Oficial de Galicia á convocatoria de 174 contratos predoutorais e posdoutorais para 2024 co obxectivo de que os investigadores seleccionados desenvolvan o seu labor científico en estruturas de investigación en Galicia. Trátase das convocatorias de axudas á etapa predoutoral, á etapa posdoutoral de modalidade única e posdoutoral de continuidade, ás que o Goberno galego destina preto de 30,5M€.

As tres accións forman parte das oito que conforman o Plan iTransfer de Promoción da Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), dotado con 104M€ no 2024, co fin de impulsar a investigación en excelencia feita en Galicia e promover que os avances xerados polo persoal investigador se convertan en solucións efectivas aos retos de futuro.

Apoio á etapa predoutoral

Xa está aberta a convocatoria conxunta das consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Economía, Industria e Innovación do programa de axudas predoutorais 2024 cunha dotación de case 12M€ para a contratación de 102 investigadores por un período de catro anos no Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 19 de marzo.

A finalidade deste programa, que se desenvolve desde o ano 2012, é a formación do persoal nas súas etapas iniciais para que, mediante procesos formativos estables, adquiran as habilidades propias do persoal investigador.

Trátase de contratos de catro anos de duración que inclúen estadías de tres meses no estranxeiro. As persoas que resulten seleccionadas recibirán unha contía de 24.000 euros anuais durante os primeiros tres anos. O cuarto ano, recibirán 29.000 ou 30.000 euros en función de se len ou non a tese antes. A maiores, hai que engadir un complemento de estadía no estranxeiro que pode acadar os 6.000 euros de máximo, xa que varía en función da zona de destino. Ademais, amplíase a dotación orzamentaria desta convocatoria, subvencionando aos gastos asociados á realización do programa de doutoramento.

Apoio formación posdoutoral

A Xunta, a través do DOG, tamén vén de lanzar a convocatoria de axudas á etapa posdoutoral, dotada con case 15M€ (o dobre da contía actual) para 49 contratos, e cun novo enfoque estrutural enfocado á impulsar unha maior estabilización do persoal investigador. O prazo de solicitudes estará aberto ata o día 19 de marzo.

Ata o de agora a etapa posdoutoral estaba estruturada en dúas convocatorias (unha de formación inicial de tres anos e outra de continuidade de dous anos) e agora, o persoal investigador que inicie a etapa posdoutoral en 2024 accederá a unha convocatoria única de seis anos de duración divida en dúas fases de tres anos cada unha cunha avaliación intermedia para pasar dunha fase á outra.

Durante os primeiros tres anos do contrato, os beneficiarios recibirán unha bolsa de 32.000 euros/ano en concepto de salario e custos sociais. A maiores, recibirán un complemento por cada mes de estadía no estranxeiro segundo a zona de destino e se teñen a condición de bolseiro Fulbright. Durante a segunda fase da estadía, os beneficiarios recibirán 49.000 euros ao ano durante todo o período, dos cales 38.000 euros son en concepto de salario e custos sociais e o resto son complementos para o establecemento dunha liña propia de investigación.

A convocatoria, inclúe, ademais, un compromiso por parte das universidades que acollan contratados ao abeiro da mesma de crear, tras a finalización do contrato, postos de traballo permanente vinculados a necesidades docentes ou investigadoras.

Axudas posdoutorais de continuidade

Así mesmo permanece aberta ata o día 1 de marzo a convocatoria de axudas posdoutorais de continuidade. Trátase de 23 bolsas (20 para as universidades públicas do Sistema Universitario Galego e tres no resto de entidades beneficiarias), por un importe total máximo de 49.000 euros anuais cada unha delas. Estes contratos posdoutorais de continuidade terán unha duración de tres anos e unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia para que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria no sistema de I+D+i galego.

Están dirixidos ao persoal ao servizo das universidades públicas galegas, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria e os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para completar a etapa de formación posdoutoral.

As axudas nesta modalidade destinarase a pagamento dos contratos, custos sociais, axuda para a creación dunha liña de investigación propia e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada. Entre os gastos considerados elixibles, asociados á creación dunha liña de investigación propia, están a compra de pequeno equipamento inventariable e material funxible ou material bibliográfico, a contratación de persoal investigador ou auxiliar ou os gastos derivados do uso de ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, entre outros.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Román Rodríguez avoga por seguir apostando pola educación “como un medio para mellorar a nosa sociedade”

Novas da Xunta - Ven, 23/02/2024 - 16:29

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa na presentación do libro ‘A educación en Galicia en perspectiva: Alicerces para o porvir’, coordinador polo profesor da USC Alexandre Sotelino

A obra, en cuxa elaboración participaron máis de 60 profesionais, afonda na dimensión social da educación e a súa influencia presente e futura na Comunidade

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, gaba o “importante papel” que xoga a educación na dinamización e a cohesión social ao servizo da transformación democrática e dunha sociedade máis igualitaria.

Así o puxo de manifesto esta mañá con motivo da presentación do libro A educación en Galicia en perspectiva: Alicerces para o porvir, elaborado coa participación de máis de 60 profesionais docentes baixo a coordinación do profesor da Universidade de Santiago Alexandre Sotelino, recoñecido do eido da investigación educativa e que foi galardoado co premio Educa ao mellor docente universitario de España no curso 2021-22. 

A obra aborda a dimensión social da educación na Galicia actual e de futuro a través dunha cronoloxía dos distintos niveis formativos que compoñen o sistema educativo galego, desde a etapa de Primaria ata a universidade. Nela analízase a inserción da educación na súa realidade territorial a través de aspectos como a pedagoxía medioambiental, o emprego das novas tecnoloxías ou a atención á diversidade e ás novas necesidades educativas.

Neste senso, o conselleiro de Educación gabou a importancia desta publicación na medida en que contribúe a “entender mellor de onde vimos e cara onde nos encamiñamos para acadar os mellores resultados posibles”. Así pois, Román Rodríguez avoga por seguir apostando pola educación “como un medio para mellorar a nosa sociedade e como elemento diferenciador do noso potencial”.

No acto de presentación, que tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia, tamén participaron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel A. Santalices, e o coordinador Alexandre Sotelino. Asistiron, ademais, os autores participantes na obra, distintos representantes da Administración Autonómica, das universidades, das organizacións sindicais, de entidades e colexios profesionais, de revistas e publicacións do sector e de federacións e asociacións de anpas, entre outros.  

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta amosa á presidenta da Fundación Eduardo Barreiros o potencial do Centro Galego de Innovación da FP e os proxectos que desenvolve

Novas da Xunta - Ven, 23/02/2024 - 16:25

Summary: 

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompaña a Mari Luz Barreiros nunha visita institucional ao centro que leva o nome do lendario emprendedor ourensán

O Goberno galego e a entidade estudan a colaboración futura en proxectos de innovación industrial

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompañou esta mañá á presidenta da Fundación Eduardo Barreiros, Mari Luz Barreiros, nunha visita institucional ao Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, para coñecer de primeira man os proxectos de innovación que se están desenvolvendo neste centro que leva o nome de seu pai, o lendario emprendedor ourensán Eduardo Barreiros.

Así mesmo, a visita serviu para estreitar lazos entre o Goberno galego e a Fundación Eduardo Barreiros, que analizan a colaboración conxunta futura en proxectos de innovación industrial.

Desde a Xunta de Galicia amosóuselle a Mari Luz Barreiros os diferentes proxectos e iniciativas que se están a desenvolver nas catro áreas do Eduardo Barreiros: Innovación Aplicada, Emprendemento Industrial, Formación de Alta Especialización e Comunicación Estratéxica e Internacionalización.

En concreto, están en marcha neste espazos proxectos arredor da economía circular do ciclo da auga, da enogastronomía, do fornecemento do vehículo eléctrico, de fomento de robots de utilidade medioambiental e de realidade estendida aplicada á FP. Tamén de metodoloxías innovadoras e áxiles para a aprendizaxe do inglés ou de deseño e fabricación de vestiario e novos materiais para mellorar as condicións de confortabilidade no mundo das artes do mar e técnicas de marisqueo, dando protagonismo á muller.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Publicación da convocatoria de carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2024

Novas da Xunta - Ven, 23/02/2024 - 15:11
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 14 de febreiro de 2024 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia o 22 de febreiro.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas da Xunta

As probas diagnósticas de 4º de Primaria e 2º de ESO fixadas polo Ministerio de Educación a través da LOMLOE serán o 10 e 11 de abril

Novas da Xunta - Ven, 23/02/2024 - 12:00

Summary: 

Seguindo o establecido na actual lei educativa estatal, as avaliacións aplicaranse en todos os centros educativos onde se impartan estas ensinanzas

Avaliaranse as competencias matemática e lingüística en lingua e literatura galega, e castelá e en lingua estranxeira

As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada

Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de facer pública no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se ditan as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico que atinxen a 4º de Educación Primaria e 2º de Secundaria, tal e como obriga o Ministerio de Educación a través da actual lei educativa estatal LOMLOE.

Así pois, a través destas instrucións, a data para as probas diagnósticas serán os vindeiros días 10 e 11 de abril, despois das vacacións de Semana Santa. Tal e como marca a LOMLOE, as avaliacións teñen carácter censal, polo que se aplicarán en todos os centros educativos que impartan estas ensinanzas.

Canto a contidos, en ambos casos avaliaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira (que pode ser alemán, francés, inglés ou portugués, en función da lingua de escolla en cada centro).

As probas estarán constituídas por cadernos para cada unha das competencias a avaliar e os contidos das mesmas versarán sobre os obxectivos de área e de materia recollidos nos currículos destas asignaturas para cada un dos cursos. Como adoita ser habitual, con carácter xeral, as probas serán aplicadas e corrixidas por profesorado do centro que non imparta docencia ao alumnado avaliado.

Informe de resultados por centro

No que atinxe aos resultados, seguindo o establecido na normativa, terán un carácter informativo, formativo e orientador para os centros, que recibirán un informe de resultados sobre o conxunto do seu alumnado por nivel e por competencia avaliada. Polo tanto, a información obtida destas probas ten unha finalidade estritamente diagnóstica, xa que os datos obtidos proporcionan unha información complementaria tanto aos centros como á Administración para deseñar accións específicas de mellora do sistema educativo.

Con esta resolución, a Administración autonómica dá cumprimento á aplicación, unha vez máis, da normativa vixente nesta materia, a nivel estatal.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta reivindica o papel esencial dos docentes na consolidación dun ensino galego integrador e de calidade

Novas da Xunta - Xov, 22/02/2024 - 20:44

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa na apertura do 7º Congreso Mundial de Educación Educa 2024, que se celebra na Coruña

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia subliña o papel fundamental dos docentes como unha das claves esenciais para a consolidación dun sistema educativo integrador e de calidade, onde prime a igualdade de oportunidades, a convivencia e a atención á diversidade.

Así o salientou esta mañá a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, con motivo da súa intervención no acto de apertura do 7º Congreso Mundial de Educación Educa 2024, que reúne na Coruña a expertos das distintas ramas educativas como docentes, pedagogos, orientadores ou membros de equipos directivos chegados de distintos puntos de Galicia, España e doutros países.

Na súa intervención, a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades do Goberno galego puxo en valor “a enorme implicación e o traballo diario” do conxunto dos profesionais que conforman a comunidade educativa, cun contacto directo co alumnado que se traduce “non só en aspectos relacionados coa adquisición de coñecementos didácticos e competenciais, senón tamén co seu desenvolvemento social, emocional e persoal”.

O evento, organizado por Educa e a Universidade da Coruña, está configurado como un foro de intercambio de coñecementos didácticos entre profesorado e profesionais da educación que desde hoxe ata o sábado abordarán todas as etapas educativas. Ao longo destes tres días, sucederanse dez conferencias plenarias impartidas por recoñecidos profesionais da educación, dous foros de expertos e a presentación dun cento de traballos de investigación e experiencias didácticas. O congreso concluirá o sábado coa gala de entrega dos Premios Educa Abanca ao mellor docente de España. 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A directora xeral de FP destaca o campionato de baristas de Foz como un escaparate da calidade das ensinanzas de hostalaría en Galicia

Novas da Xunta - Xov, 22/02/2024 - 18:46

Summary: 

Eugenia Pérez participa na entrega de premios da XVI edición deste certame internacional que reúne a alumnos de oito comunidades autónomas

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou este mediodía na entrega de premios do XVI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría que organiza o instituto IES de Foz, onde destacou a importancia deste tipo de certames “como escaparate onde se visibiliza a calidade destas ensinanzas no noso sistema educativo, cunha formación especializada que abre as portas ao mundo laboral”.

Así mesmo, a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subliñou que a FP de Hostalaría é un referente a nivel nacional. Non en balde, neste certame participan un total de 18 alumnos de oito comunidades autónomas: Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

Á par do certame de Baristas, que arrancou o mércores, tamén se celebra o XI Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalaría, polo que a directora xeral de FP aproveitou para tamén poñer en valor a importancia deste eido “como un plus de calidade neste tipo de servizos”. Así mesmo, Eugenia Pérez felicitou á comunidade educativa do IES de Foz pola organización ano a ano desta cita consolidada, e a todos os premiados polas destrezas e profesionalidade amosadas.

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia e coa participación ao completo dos oito centros que conforman a Rede Galega de FP de Hostalaría. Xunto cos mencionados certames internacionais de Baristas e de Cata de cafés, no centro focense tamén se desenvolve o X Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro...

Novas da Xunta - Xov, 22/02/2024 - 14:04
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de febreiro de 2024 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario así como daquelas que se exclúen provisionalmente convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

O persoal interesado, que figura nos anexos da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "alegacións" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre o día 23 de febreiro ata o 7 de marzo de 2024, ambos incluídos.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

 

Anuncio principal: 

Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023

Tema: 

Oposicións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Novas da Xunta - Xov, 22/02/2024 - 10:27
Idioma Gallego

Publícase a resolución do 21 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 23 de febreiro ata o día xoves 7 de marzo de 2024, ambos incluídos..

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 23 de febreiro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

File: 

Resolución do 21 de febreiro de 2024 convocatoria corpo 590

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

Novas da Xunta - Xov, 22/02/2024 - 10:20
Idioma Gallego

Publícase a resolución do 21 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 23 de febreiro ata o día xoves 7 de marzo de 2024, ambos incluídos..

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 23 de febreiro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

File: 

Resolución do 21 de febreiro de 2024 convocatoria corpo 592

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)

Novas da Xunta - Xov, 22/02/2024 - 10:15
Idioma Gallego

Publícase a resolución do 21 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesiona (598) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 23 de febreiro ata o día xoves 7 de marzo de 2024, ambos incluídos..

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 23 de febreiro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

File: 

Resolución do 21 de febreiro de 2024 convocatoria corpo 598

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta celebra o Día da Lingua Materna cunha xornada que reúne preto de 600 participantes do programa escolar ‘21 días co galego e +’

Novas da Xunta - Mér, 21/02/2024 - 15:04

Summary: 

Román Rodríguez acompaña neste encontro o profesorado e alumnado dos 10 centros participantes da VI edición desta iniciativa de dinamización lingüística

O conselleiro en funcións destaca que o mellor xeito de manter viva a lingua “é empregándoa desde as primeiras etapas educativas”

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia conmemorou hoxe o Día Internacional da Lingua Materna coa celebración do II Encontro 21 días co galego e +, unha xuntanza lúdica e didáctica que reuniu no Monte Gaiás preto de 600 participantes da VI edición do programa de dinamización lingüística homónimo para intercambiar experiencias, música e xogos ao longo da xornada.

Durante o acto, presentado polo músico Pakolas, o titular en funcións da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, aproveitou para agradecerlles a todas as persoas participantes desta edición do 21 día co galego e + “o éxito desta iniciativa coa que, entrega tras entrega, queremos seguir axudando a que a nosa lingua sexa un elemento máis do día a día da rapazada para que esta leve o galego o máis lonxe posible”. “De aí a importancia dunha efeméride como a que conmemoramos hoxe”, declarou.

Ademais, o representante autonómico en funcións, salientou que o mellor xeito de manter viva a lingua xeración tras xeración “é empregándoa desde a infancia, e o sistema educativo garante que os cativos teñan destrezas e competencias nas dúas linguas, que debemos usar en absoluta liberdade”. Román Rodríguez tamén aproveitou para recordar que Galicia é a Comunidade Autónoma de España “na que temos un maior coñecemento da nosa lingua propia”.

Encontro arredor da lingua galega

Ao longo da xornada, na que tamén participou o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o alumnado, o profesorado e os coordinadores dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega pertencentes aos 10 centros escolares participantes nesta edición gozaron da música, bailes, monicreques, xogos tradicionais e contos que eles mesmos prepararon para o encontro.

Neste curso 2023/2024, que tivo como principal novidade a incorporación dos centros de Educación Infantil como participantes, o programa desenvolveuse nos colexios CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo), CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela) e CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), na provincia da Coruña; no CEIP Plurilingüe de Nadela e CEIP Frei Luís de Granada (Sarria), en Lugo; no CEIP O Couto (Ourense) e CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco de Valdeorras), en Ourense e no CEP Campolongo (Pontevedra), CEIP Plurilingüe García Barbón (Vigo) e CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo), na provincia de Pontevedra.

Número 37 na listaxe de linguas máis faladas

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1999 e celébrase anualmente cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. Este 2024, baixo o lema Educación multilingüe: un piar da aprendizaxe interxeracional, esta efeméride pretende visibilizar o feito de que a educación na lingua materna apoia a aprendizaxe, a alfabetización e a adquisición de idiomas adicionais.

A Xunta de Galicia conmemora esta data desde o ano 2010, contextualizándoa na nosa Comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega. Na actualidade, o galego ocupa o número 37 na listaxe de linguas máis faladas do mundo, no que existen máis de 6.000 idiomas diferentes. Ademais, a lingua galega está máis estendida e conta con máis recursos ca nunca na súa historia grazas á súa adaptación á realidade social e tecnolóxica do momento, algo no que o Goberno galego traballa impulsando iniciativas como o Proxecto Nós, que introduce de cheo a lingua propia de Galicia no mundo dixital e na Intelixencia Artificial.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Román Rodríguez amosa o compromiso da Xunta coas ensinanzas deportivas como unha opción académica e profesional de calidade

Novas da Xunta - Mér, 21/02/2024 - 11:38

Summary: 

O conselleiro en funcións de Educación visita o alumnado do ciclo de fútbol e balonmán do Instituto Sánchez Cantón que completa a súa formación no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra

Idioma Gallego

O conselleiro en funcións de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, amosa o compromiso da Xunta co impulso das ensinanzas deportivas en Galicia “como unha opción académica e de saída profesional de calidade”.

Así o manifestou esta mañá no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra durante unha visita ao alumnado que cursa o ciclo de Ensinanzas técnicas deportivas de fútbol e balonmán, que realizan os seus estudos no Instituto IES Sánchez Cantón e nas instalacións deste centro de alto rendemento.

Precisamente o Sánchez Cantón é un dos institutos de referencia no eido deportivo coa oferta da titulación oficial de grao medio e de grao superior de Técnico Deportivo en Fútbol e Balonmán, que actualmente estudan 101 alumnos.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

Novas da Xunta - Mar, 20/02/2024 - 11:14
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 19 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).
 

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.
     
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
     
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas da Xunta

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024

Novas da Xunta - Lun, 19/02/2024 - 13:04
Idioma Gallego

Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG:  19.02.2024
Código do procedemento: ED481B
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG ( ata o 19/03/2024 )

Cal é o obxecto destas axudas?

A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, as entidades solicitantes poderán presentar a persoas investigadoras que opten a acadar a condición de bolseiras Fulbright.

Novidades desta convocatoria:

  • A duración global da axuda pasa a ser dun máximo de 6 anos. Dita duración divídese en dúas fases:

    • 1ª fase (máximo de 3 anos): destinada á adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor.

    • 2ª fase (máximo de 3 anos): destinada a darlle continuidade á carreira investigadora.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

 

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

  • Intensidade da axuda: 100 %

  • Duración das axudas: un máximo de 6 anos (dividido en dúas fases)

  • Orzamento total: 14.966.500,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 2.746.500,00 euros )

 

Número e importe das axudas

Poderanse conceder ata 49 axudas, coa seguinte distribución:

  • 40 para as universidades do SUG, das cales 10 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.

  • 9 para as demais entidades, das cales 2 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.

Os importes destas axudas son os seguintes:

  • 1ª fase:

    • 32.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais

    • Un complemento por cada mes de estadía de:

      • 1.000 euros se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1)

      • 1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2)

      • 2.000 euros se o destino da estadía está en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3) (A maiores 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía nos EUA para as solicitudes daquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright.)

    • Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas.

    • Unha indemnización máxima de 3.160 € para cubrir a indemnización de final do contrato para aquelas persoas investigadoras que non superen a avaliación prevista ao terminar a primeira fase.

  • 2ª fase:

    • 38.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais

    • Unha axuda complementaria para establecer unha liña propia de investigación: 5.000 € no 2027; 10.000 € no 2028; 10.000 € no 2029; 5.000 € no 2030

    • Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

    • Unha indemnización máxima de 7.000 € para cubrir a indemnización de final do contrato.

 

A onde acudir?

  • Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG):

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980 /881995157
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

 

  • Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

File: 

Orde do 27 de decembro de 2023: Convocatoria (DOG) Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG) Modelo declaración doutoramento Modelo plan de estadías Modelo certificación GI Preguntas frecuentes

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidades Entidades autonómicas

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocatoria para o exercicio 2024

Novas da Xunta - Lun, 19/02/2024 - 12:44
Idioma Gallego

Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral 

Data de publicación DOG:  19/02/2024

Código do procedemento: ED481A

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación da orde no DOG ( ata o 19/03/2023, incluído).

Cal é o obxecto destas axudas?

A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

 

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

  • Intensidade da axuda: 100 %

  • Duración das axudas: un máximo de 4 anos

  • Orzamento total: 11.893.200,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.399.200,00 euros)

 

Número e importe das axudas

Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.

O importe máximo de cada axuda é de:

  • 24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato

  • 29.000 € durante o cuarto ano

  • 30.000 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral

Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.

  • Estadías no estranxeiro de tres meses de duración que terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:

  • Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.

  • Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).

  • Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.

  • Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía. ( Complemento 1 )

  • Establécese un complemento de 800€ no primeiro ano de contrato e de 400€ no segundo ano de contrato para cubrir os gastos das persoas candidatas en relación ao correspondente programa de doutoramento ( Complemento 2 ). ( Ditas cantidades non terán a consideración de soldos ).

  • Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total de 3.400,00 euros.

 

A onde acudir?

Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881995152 / 881995980 /881995157

Fax: 881999135

Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

Información web: http://www.edu.xunta.gal

Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Rúa Airas Nunes, s/n

15702 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881999213 / 981543991

Email: axudas.gain@xunta.gal

Información web: http://gain.xunta.gal

File: 

Orde do 27 de decembro de 2023: Convocatoria (DOG) Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG) Anexo III. Declaración Modelo de certificado de director da tese (Formulario doc) Requisitos e méritos Preguntas frecuentes Retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-27 Memoria-formulario adecuación RIS3 Galicia

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 2024. Listaxes provisionais de inscrición e exencións

Novas da Xunta - Lun, 19/02/2024 - 12:25
Idioma Gallego

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.
Período de reclamación: do 19 ao 23 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta ofertará un total de 141 accións formativas para persoas desempregadas en 48 concellos a través de institutos e centros de FP

Novas da Xunta - Ven, 16/02/2024 - 18:48

Summary: 

O investimento total nesta formación específica ascende a 5,83M€

Tamén se autoriza aos centros educativos dependentes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a impartir varios módulos formativos de ciclos de FP

Román Rodríguez e Elena Rivo subliñan a importancia de implementar unha formación de calidade adecuada ás demandas socio-económicas

Idioma Gallego

Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asinaron hoxe no Centro Galego de Innovación da FP, Eduardo Barreiros, en Ourense, un acordo para a coordinación das accións formativas para persoas desempregadas que se imparten en centros de FP.

Ao abeiro de dito acordo, entre o presente curso 2023-24 e o vindeiro 2024-25 impartiranse un total de 141 accións formativas deste tipo en 48 concellos de toda Galicia, cun investimento que acada os 5,83M€. Cada acción está constituída polo contido das especialidades formativas para obter certificados de profesionalidade. Ademais, en todas elas impartirase o módulo transversal de Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero e o curso básico de prevención de riscos laborais.

O obxecto destas accións formativas nas que teñen preferencia as persoas desempregadas enmárcase no impulso da cualificación profesional ao longo da vida ao tempo que se dá unha resposta axeitada ás necesidades e ás demandas do tecido produtivo.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou “o importante papel” que xogan neste eido as ensinanzas de FP, xa que a través delas “as persoas acadan un futuro de éxito laboral e persoal e as empresas contan con profesionais altamente cualificados e con coñecementos axustados ás súas demandas”.

Tamén puxo en valor o traballo que se está a desenvolver desde o Centro Galego de Innovación da FP, en Ourense, un espazo de innovación aplicada e de cooperación con distintos sectores produtivos de Galicia no que, grazas á implicación empresarial, xa están en marcha distintos proxectos vinculados cos eidos da enerxía, forestal, téxtil, auga, enerxía, medioambiente ou social, entre outros.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, pola súa banda, destacou o compromiso transversal que a Xunta de Galicia está a realizar para coordinar a oferta de Formación Profesional e adecuala ás necesidades do tecido produtivo, do que  é exemplo o acordo hoxe asinado.

Rivo destacou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a centrar a súa acción de goberno na busca de máis traballo e de maior calidade. En 2024, este departamento está a destinar máis de 117 millóns de euros ao Plan Galego de formación para o emprego 2024 con accións destinadas a traballadores ocupados ou non. 

A conselleira lembrou que Galicia é referente por apostar polo novo modelo de formación para o emprego e os certificados de profesionalidade da man dos clústeres e entidades representativas de sectores estratéxicos. Tamén por implantar as microcredenciais, un modelo innovador que espertou o interese en Bruxelas, e que ofrece solucións de formación a sectores en continuo cambio, para apoiar aos traballadores no desempeño das súas funcións ou durante transicións profesionais.

Novidades da oferta

Na oferta formativa deste ano están representadas 20 das 26 familias profesionais actualmente existentes con 20 accións formativas novas que non se ofertaron no ano anterior en algún dos centros 73 autorizados, cinco máis que o ano 2023.

Ademais, como novidade, inclúense dez accións formativas que serán impartidas por primeira vez en Galicia no marco deste convenio, en concreto os cursos de Instalación de elementos de carpintaría no CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela), Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais no CIFP Porta da Auga (Ribadeo) e no IES Francisco Asorey (Cambados), Acondicionamento físico na sala de adestramento polivalente no CIFP A Farixa (Ourense), Actividades de xestión administrativa no CIFP Portovello (Ourense), Manexo e mantemento de maquinaria agraria no CIFP A Granxa (Ponteareas), Operacións básicas de pisos en aloxamentos e Pastelaría e confeitaría no CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Actividades auxiliares de almacén no IES Ribeira do Louro (O Porriño) e Montaxe e posprodución de audiovisuais no CIFP Audiovisual de Vigo (Vigo).

Ensinanzas de FP

A través do acordo asinado hoxe tamén se autoriza aos centros educativos dependentes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a impartir varios módulos de ciclos de FP. Así, o CIFP Santiago inclúe na súa oferta parte do ciclo superior en Xestión Forestal e do Medio Natural, e o de Coia (Vigo), dos ciclos superiores en Mecatrónica industrial e en Automatización e Robótica Industrial e do ciclo medio en Mantemento electromecánico. Pola súa banda, o CIFP Santa María de Europa (Ourense) oferta módulos do ciclo medio en Carpintería e moble.

Ademais, autorízase a impartición na Escola de FP Marítimo- Pesqueira de Bueu de módulos profesionais específicos correspondentes á FP Básica en Actividades marítimo pesqueiras.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A directora xeral de FP visita o Centro Integrado de FP Ánxel Casal-Monte Alto, que vén de reforzar a súa dotación tecnolóxica no eido da formación sanitaria

Novas da Xunta - Ven, 16/02/2024 - 18:46

Summary: 

A súa inclusión na Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional supón un impulso da innovación e a investigación aplicada ao servizo do alumnado

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Centro Integrado de FP CIFP Ánxel Casal-Monte Alto para comprobar de primeira man o resultado das reformas e reorganización de espazos acometidos logo de que fora seleccionado para formar parte da Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou que o Ánxel Casal-Monte Alto, que forma cada ano a máis de 2.000 alumnos, é un referente no eido sanitario, cunha ampla oferta que inclúe ciclos formativos e cursos de especialización das familias de Sanidade, Servizos á Comunidade, Seguridade e medioambiente e Química.

A súa inclusión na Rede Estatal de Excelencia supón unha dotación extra de 850.000€ para desenvolver proxectos de innovación e investigación aplicada ligada a á realidade virtual en campos como Radioterapia, impresión 3D no campo Protésico ou investigación en cultivos celulares e reprodución asistida entre outros.

Ademais, tamén foi seleccionado para participar na convocatoria de Espazos de Tecnoloxía Aplicada da Xunta, o que lle permitiu transformar unha aula tradicional nunha tecnolóxica que conta cos últimos avances á disposición do alumnado que cursa o ciclo de Servizos socioculturais e á comunidade. Precisamente, na súa visita, Eugenia Pérez puido coñecer o Espazo Edulab: aprendizaxe 4.0 habilitado na aula de Educación Infantil, que incorpora os últimos avances tecnolóxicos para que ao alumnos de dito ciclo completen a súa formación.

Así mesmo, visitou as aulas de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, que foron dotadas cun escáner de uso profesional que permite a dixitalización de mostras para pasalas a datos de alta resolución que permiten o traballo en rede; a aula de Farmacia e Parafarmacia, na que se está desenvolvendo un proxecto que recrea as diferentes fases da elaboración de formas farmacéuticas que abrangue a formulación maxistral, fabricación tecnolóxica, área de calidade e envasado e zona de atención e dispensación farmacéutica, e o viveiro de empresas.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut