Benqueridas familias:
A ANPA “Facendo Camiño” naceu do compromiso coa educación das nosas fillas e fillos e da vontade de fortalecer a comunidade educativa do IES de Soutomaior.
Comezamos o curso centrad@s en solicitar á administración educativa as melloras que o instituto necesita (das que informaremos na vindeira asemblea xeral), así que cantas máis familias formemos parte da ANPA máis lexitimadas estarán as nosas demandas.
Animámosvos a asociarvos enchendo o formulario que podedes atopar na sección ANPA da web do centro (formulario), ou a versión en papel que podedes descargar nesta entrada (impreso) e enviar na secretaría do instituto. A cota é de 15 € por familia, e lembramos que a inscrición non será efectiva ata que chegue o xustificante do ingreso ao correo electrónico da ANPA.
Conta da ANPA no Banco Santander (Xosé Solla 37, Arcade)
ES08 0049 6599 6322 1006 2651
BENEFICIARIO: ANPA IES Soutomaior
CONCEPTO: apelidos e nome d@ alumn@ e curso (no caso de ter vari@s fill@s no instituto, abonda con poñer o nome dun/ha deles/as)
** Excepcionalmente, podedes facer o pagamento en efectivo na secretaría do instituto.
Lembrade que podedes facer uso do correo electrónico (ies.soutomaior.anpa@gmail.com) para facernos chegar as ideas, suxestións, dúbidas, consultas ou peticións que consideredes oportunas.
Agardamos a vosa colaboración! Xunt@s somos máis fortes!!
Saúdos,
A xunta directiva